O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CUARTO ENTRENA COAS ENCICLOPEDIAS
O alumnado de cuarto de EP traballa na biblioteca a FU, preparándose para enfrontar con eficiencia as investigacións que require o noso proxecto documental sobre a LUZ. Desta vez reforzan o uso correcto das enciclopedias. Aquí os tendes en plena faena:
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 27-02-2015 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
USAR CORRECTAMENTE AS IMAXES DE INTERNET
Seguramente, en moitas ocasións temos empregado imaxes atopadas en internet. Pero debemos ter presente que esas imaxes pertencen a outras persoas polo que debemos usalas eticamente. Para facilitar o labor temos o seguinte titorial facilitado pola biblioteca do Ceip Frián-Teis:
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 04-12-2014 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CURSO 13/14
Ao longo deste curso, ao igual que en cursos anteriores, vense desenvolvendo no cole o noso Programa de Formación de usuarios e usuarias da Biblioteca Escolar. Para iso contamos cuns cadernos dirixidos ao profesorado onde se pautan unha selección de actividades que deben levarse a cabo con cada grupo/nivel:


Podedes descargar os cadernos nas seguintes ligazóns:
CADERNO 1º CICLO

CADERNO 2º/3º CICLOS
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 19-03-2014 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDER A BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA
Froito da xenerosidade e da colaboración de dúas profesoras, responsables das bibliotecas escolares dos seus centros, Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, podemos contar con este recurso de gran interese, e de gran calidade, para a formación ALFIN do alumnado: "Aprende a buscar na rede con eficiencia".
Constitúe, así mesmo, unha ferramenta para a autoformación do
profesorado como usuario da rede, e unha oportunidade para compartir coñecemento entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Agradecemos a estas dúas profesoras a difusión do seu traballo, en beneficio de todas as persoas interesadas na multialfabetización e, en particular, do colectivo das bibliotecas escolares galegas. (Fonte: BEGA)




Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 17-09-2013 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
COMO ELABORAR UN TRABALLO ESCRITO

Desde o Ceip de Frián chéganos esta presentación que axudará ao alumnado de Primaria a elaborar un bo traballo escrito:



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 26-02-2013 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDE A BUSCAR NA REDE
Unha presentación clara e concisa, froito dun traballo colaborativo de Olga Rodríguez e Charo Sánchez-Gabriel, que axudará ao noso alumnado a non perderse ao navegar por internet. Agradecemos a estas dúas compañeiras a súa dedicación e xenerosidade.
Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 17-02-2013 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN DE USUARI@S
Para traballar a Formación de Usuarios co alumnado de Primaria, aquí temos un libro Lim con actividades interactivas que poden facilitar o traballo co noso alumnado, ao tempo que lle ofertamos un xeito divertido de aprender.Primeiro lede atentamente toda a información e despois faredes as actividades. Se vos saen todas ben..., haberá sorpresa? ADIANTE!!
Podedes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño que ten debuxada unha pantalla (na esquina da dereita do xogo)



Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 04-11-2012 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
3º NA BIBLIOTECA CENTRAL
Hoxe, día 15, foi o alumnado de 3º de EP o que visitou a Biblioteca Central e disfrutou dunha agradable sesión dirixida por Alicia, a bibliotecaria que lle amosou todos os tesouros que encerra esta fermosa biblioteca. Primeiro, un achegamento á historia do edificio para logo ir percorrendo todas as estancias e coñecendo todos os servizos: hemeroteca, sala de estudio, as diferentes zonas dedicadas ás diferentes idades... Tamén puideron ver algúns libros curiosos: o máis longo, o máis pequeno, libros para cegos... Todo resultou moi interesante e o alumnado regresou ao centro moi contento despois desta experiencia tan proveitosa.
Aquí tendes a reportaxe fotográfica:


AQUÍ tes todas as fotos para ver ou descargar

Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 16-06-2012 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDER E XOGAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
Para traballar a Formación de Usuarios co alumnado do 1º e do 2º ciclo, aquí temos un libro Lim con actividades interactivas que poden facilitar o traballo co noso alumnado, ao tempo que lle ofertamos un xeito divertido de aprender.
Primeiro lede atentamente toda a información e despois faredes as actividades. Se vos saen todas ben..., haberá sorpresa?. ADIANTE!!
Podedes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño que ten debuxada unha pantalla (na esquina da dereita do xogo)



Comentarios (2) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 19-03-2012 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGACIÓN OLÍMPICA 2º CICLO
Aquí está, saidiño do forno, o caderno de pescudas para o alumnado de terceiro e cuarto. Xa están preparados para comezar a aventura e chegar á meta sen ningún problema. Pronto serán auténticos expertos e contarannos todo o que descubran sobre unha morea de cidades e países. ADIANTE!!!






Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 09-03-2012 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats