O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

QUEN É O APALPADOR?
O APALPADOR
Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador

En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidos.
O Apalpador vixiaba que comesen ben e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes para que lembraran a súa visita.

A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiá que no seu momento debeu estar estendido por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com)


O artista de Neda, Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.

(Ver outra imaxe do APALPADOR do mesmo autor)


OLENTZERO
Comentarios (1) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 06-12-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
6 DE DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN
(Imaxe de Menudospeques )

O 6 de decembro celebramos o 30 cumpleanos da Constitución Española, aprobada en referendo no ano 1978. Esta é unha data moi importante porque na Constitución recóllense todos os dereitos e deberes que permiten unha convivencia xusta e pacífica entre tod@s os habitantes do noso país. Tamén expresa como queremos que sexa o noso goberno e como relacionarnos con outras nacións.
¿Sabes que nese libro tamén se fala dos dereitos dos nen@s?. Pero, ¿sabías que tod@s temos uns deberes que cumplir?.


PARA SABER MÁIS:







Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 02-12-2008 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, por iso pensamos que é un bo momento para regalarnos unha ben fermosa. Trátase dun poema de Gabriel Celaya adicado aos educadores, onde resume de xeito maxistral o legado cotián dos docentes que realizan o seu traballo coa ilusión de que xermole, medre e dea froitos, soñando que no futuro "barcos novos" leven a bandeira que eles enarbolaron.



EDUCAR

Educar es lo mismo

que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.


Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.


Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.


Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.

Gabriel Celaya



MÁIS POEMAS DE GABRIEL CELAYA



Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 18-03-2008 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
VICTORIA


Pode ser que nos leve anos, pero estamos no camiño...
Seguiremos loitando por un mundo de igualdade entre sexos, cada día, todos os días...


(Imaxe vista na bitácora de Aníbal de la Torre)


Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 09-03-2008 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
8 de Marzo: DÍA DA MULLER

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)


A Muller Galega de principios do Século XX



Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.


Comentarios (3) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 08-03-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
10 Mulleres de Cine no Século XXI
Ó cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que botar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan ao mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Botaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e ó mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso é o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo coa inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos á ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron é preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En calquera caso , a consigna é vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a unha profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.




Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 05-03-2008 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
POLA IGUALDADE: 8 de MARZO, Día da Muller Traballadora

MARUJA MALLO
Maruja Mallo é a máis recoñecida das artistas galegas do século XX.
Nace en Viveiro no ano 1902 e trasládase a Madrid coa súa familia no ano 1922. Alí estuda Belas Artes e empeza a relacionarse cos poetas e artistas da época (algúns deles conformarán a Xeración do 27). Coñece e establece amizade con Lorca, Dalí, Buñuel e, especialmente, con Rafael Alberti. Pronto se fai patente a súa personalidade artística, froito dos seus avatares persoais e das relacións que mantén cos intelectuais daquel momento.
Co estalido da Guerra Civil e polas súas ideas republicanas, en 1937 exíliase en Bos Aires onde é recibida como unha artista de renome e a súa obra é cada vez máis valorada.
En 1960 regresa a España pero o seu recoñecemento total chega despois da morte de Franco. En 1982 recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e en 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea adícalle unha exposición antolóxica.
Morre en Madrid o 6 de febreiro de 1995, na residencia de anciáns Menéndez Pidal.




Para saber máis:
Biografía en Cultura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 04-03-2008 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats