O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FIEL, LEAL E VALEROSA...
O 28 de marzo de 1809 foi a primeira vez que o exército de Napoleón se retiraba dunha praza conquistada, e por lograr vencer as tropas francesas Vigo recibiu o título de CIDADE. Tras esta vitoria veu a organización da ofensiva coa que rematou a ocupación de Galicia polo exército bonapartista.
Este ano conmemorouse o bicentenario da fazaña con moitos actos culturais e lúdicos. A empresa Duplostudio Motion Graphics foi a encargada da produción do Vídeo oficial do Bicentenario da Reconquista de Vigo, unha produción que combina imaxe real mesturada con " motiongraphics". Este curto-documental pretende resumir de forma gráfica e directa o desenvolvemento dos acontecementos desde a chegada das tropas napoleónicas á vila de Vigo, até o desenlace que a levaría a lograr o título de Cidade Fiel, Leal e Valerosa, tras comandar a reconquista de toda Galicia.
O personaxe central é Carolo, interpretado polo actor galego Vicente Montoto.
Fai click sobre a imaxe de abaixo para ver este estupendo documental e seguro que ao rematar saberás moitas máis cousas sobre a historia da túa cidade e de Galicia.



Gracias, profe Charo, por facernos chegar este fantástico documental sobre unha das nosas festas máis celebradas.

Comentarios (5) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 30-03-2009 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
VOCES POLA IGUALDADE DE XÉNERO!
Hoxe foi un día raro. Tiñamos moitas "baixas" por mor das gripes, gastroenterite, catarros... Empezaba a mañá un pouco tristeira, pero como "quen canta, os males espanta" non fixo falla insistir moito para que uns pouc@s espontáne@s se lanzaran a cantar. E que mellor que aproveitar para seguir reclamando a igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres. Velaí tendes un coro de voces estupendas que cantan como os anxos e que ademais cren no que están a dicir. DISFRUTADE!!




Comentarios (3) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 11-03-2009 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES TRABALLADORAS e LUAR NA LUBRE
A cantiga "CENTEÁS" de LUAR NA LUBRE é unha homenaxe ás mulleres traballadoras. O porto de Cariño é un fermoso enclave da comarca de Ortegal que se abre ao sol nacente, entre o Cantábrico e as montañas. Nesta Galicia que cambia coa rapidez do mundo o grupo "LUAR NA LUBRE" quere render homenaxe ás mulleres traballadoras, ás da fábrica de conservas, ás redeiras, as que sostiñan o horto pequeno e o lavadoiro comunal. Certo día baixaron á costa de Centeás e colleron o autobús para a cidade. Levaron consigo a memoria da estirpe. A nai do poeta Xabier Cordal, que torna sempre a Cariño a través do seu recordo, era unha delas. (Recollido de Blog de Ubaldo )



Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 10-03-2009 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA DUNHA NAI

Un documento que nos leva á reflexión e que pode ser útil para comentar e debatir nas aulas e na casa:


Queridos todos:

Voume. Volverei cando saibades onde están gardadas as bólas de naftalina, cando a nosa casa xa non teña segredos para ningún de vós, cando sexades capaces de descifrar os códigos dos botóns da lavadora, cando logredes reprimir o impulso de chamarme a berros se se acaba a pasta de dentes ou o papel hixiénico. Volverei cando esteades dispostos a levar comigo a coroa de raíña da casa. Cando non me necesitedes máis que para compartir.

Xa sei que me botaredes de menos, estou segura. Tamén eu a vós, pero só desaparecendo poderei encher os ocos que o voso agarimo me produce... Só poderei estar segura de que verdadeiramente me queredes cando non teñades necesidade de min para comer ou para vestirvos ou para lavarvos ou para atopar as tesoiras. Xa non quero ser a raíña da casa, estou farta, canseime de tan gran responsabilidade e caín na conta de que se sigo xogando o papel de nai súper non lograrei inculcarvos máis que unha mentalidade de súbditos. E eu quérovos libres e moderadamente suficientes e autónomos.

Xa sei que o voso comportamento comigo non é máis que un deixarse levar pola miña rutina; tamén por iso quero pór terra por medio. Se quedo, seguirei póndovos todo ao alcance da man, xogando o meu papel de omnipresente para que me queirades máis.

Si, para que me queirades máis. Deime conta de que todo o que fago é para que me queirades máis, e iso paréceme tan perigoso para vós como para min, é unha trampa para todos.

Asegúrovos que non me vou por cansazo, aínda que sexa unha lata durmirse todas as noites pensando na comida do día seguinte e facer a compra a correr cando vés do traballo e, a longo prazo, pesa moito a teima de ver sempre un veo de po nos mobles cando sento un intre no sofá, e a perenne atracción cara á bayeta e a cera. Pero non é só por iso. Non. Tampouco me vou porque estea farta de pór a lavadora mentres me desabrocho o abrigo nin porque queira estar máis libre para facer carreira no meu traballo. Non. Hai xa moito tempo que tiven que elixir unha perpetua interinidade na miña profesión porque non podía compatibilizar unha maior dedicación mental ao traballo profesional coa lista da compra. Voume para ensinarvos a compartir, pero sobre todo voume para ver se aprendo a delegar.

Porque se o consigo, non volverei nunca máis a sentirme culpable cando non saquedes notas brillantes ou cando se queimen as lentellas ou cando algún non teña camisa planchada que poñer.

A culpa de que sexa imprescindible na casa é só miña, así que desaparecendo eu por uns días, darédesvos conta vós de que a monarquía doméstica é facilmente derrocable e quizá eu poida aprender a humildade necesaria para ser, cando volva, unha máis entre a plebe.

Cando atopedes a naftalina non deixedes de avisarme. Seguro que para entón eu tamén teña aprendido a non ser tan excesivamente boa. Pode ser que ese día non nos queiramos máis, pero seguro que nos quereremos mellor.

Bicos. Mamá.

C. de Santos - "Ser Humano"


FONTE: CEIP San Walabonso

Visto en:
EDUCARUECA

Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 08-03-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
NOS OCUPAMOS DEL MAR (8 de marzo: Día da muller traballadora)

Unha fermosa canción que fala da igualdade entre home e muller baseada no respecto, no esforzo compartido e na relación de parella na que os membros están ao mesmo nivel.

”Nos ocupamos del mar” de Javier Krahé (cantada por Alberto Pérez; incluída en “La Mandrágora”, de Javier Krahé, Joaquín Sabina e Alberto Pérez, 1981).



Nos ocupamos del mar

y tenemos dividida la tarea:

ella cuida de las olas,

yo vigilo la marea …

Es cansado,

por eso, al llegar la noche,

ella descansa a mi lado.

Mis ojos, en su costado.

(…)

También cuidamos la tierra

y también con el trabajo dividido:

yo, troncos, frutos y flores;

ella riega lo escondido…

Es cansado,

por eso, al llegar la noche,

ella descansa a mi lado.

Mis manos, en su costado.

(…)

Todas las cosas tratamos

cada uno según es nuestro talante:

yo, lo que tiene importancia;

ella todo lo importante…

Es cansado,

por eso, al llegar la noche,

ella descansa a mi lado,

y mi voz, en su costado.


Comentarios (1) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 07-03-2009 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
MIRA, LE, ESCOITA, PENSA...!
Hoxe convídovos a ver, ler e escoitar unha recreación de A Cincenta, un conto de fadas clásico do que moitos países teñen a súa propia versión, das que é moi coñecida a dos irmáns Grimm e a de Perrault . Neste caso as autoras son Miriam Carnero Sierra e Nunila López Salamero creadoras dun conto que nos convida a reflexionar sobre moitos temas: xénero, autoestima, toma de decisións, prexuizos...

"A todas as mulleres valentes que queren cambiar as súas vidas e a todas aquelas que a perderon e nos iluminan dende o ceo" (Dedicatoria das autoras)




(Podes velo coa pantalla completa premendo na pantalliña de abaixo, ou ampliar detalles utilizando as lupas)

Se queres tamén podes escoitar a narración do conto:


Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 07-03-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
ANDALUNA Y SAMIR: IGUALDADE DE XÉNERO
Andaluna e Samir é unha serie de debuxos animados publicada pola Junta de Andalucía que aborda temas sobre valores.O vídeo seguinte é o primeiro dos trece capítulos que compoñen a serie.



Para acceder á páxina oficial preme na imaxe de abaixo:





Comentarios (8) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 04-03-2009 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRANDO A ROSALÍA
Non podemos deixar pasar o Día de Rosalía sen lembrarnos da nosa poetisa máis universal, que naceu un 24 de febreiro de 1837, en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Figura clave do Rexurdimento galego, tamén produciu literatura en castelán, e foi considerada, xunto a Bécquer, a gran representante do Romanticismo tardío.


Algúns apuntamentos sobre a súa obra:

Moi nova, aos 20 anos, publicou La Flor, de corte romántico próximo ao de Espronceda.
En 1863 publica Cantares gallegos, na nosa lingua, con temática social e costumista. Con esta obra e xunto a Curros Enríquez e Eduardo Pondal iníciase o Rexurdimento cultural de Galicia.
En Follas Novas (1880), a nostalxia, a soidade e a tristeza que ela sente identifícanse co sufrimento do pobo galego. Aparece o tema da morte como liberación da dor.
En las orillas del Sar publicouse en 1884. Dun marcado pesimismo reincide no tema da morte, do sufrimento, da vellez... Os seus poemas son considerados como precursores da poesía moderna xa que inicia un camiño de ruptura co estilo da súa época, deixando a súa pegada en poetas posteriores como Antonio Machado.

Un bo xeito de achegar a poesía de Rosalía aos máis pequenos é a través do libro Adiós ríos, adiós fontes, da editorial Baía, con ilustracións de Rodrigo Chao Blanco. Este libriño, que xa circula polos fogares do noso alumnado nas mochilas viaxeiras, recolle un dos poemas máis coñecidos de Cantares gallegos.

Arredor da obra de Rosalía, e como recurso para empregar na aula, a Fundación Caixa Galicia facilita un material didáctico elaborado co motivo da exposición "Rosalía ilustrada", con actividades dirixidas a todos os ciclos da E. Primaria (Vía Raioteca)


Preme na seguinte imaxe para acceder ás fichas:



E para rematar aquí vos deixo un fermosísimo poema coñecido como Negra sombra, pertencente ao libro Follas Novas, na voz de Luz Casal:




Comentarios (1) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 24-02-2009 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
AMOR, AMOR, AMOR...



Moitas cancións falan de amor...

Cal é para ti a mellor canción de amor de todos os tempos??


Comentarios (9) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 13-02-2009 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
GALILEO E DARWIN
No ano que acaba de comezar terán lugar as celebracións de dúas efemérides científicas de enorme importancia para a humanidade. O 2009 será o Ano Internacional da Astronomía, acordo ratificado polas Nacións Unidas en decembro do 2007, lembrando que hai 400 anos Galileo Galilei empregou por primeira vez un telescopio para observar o ceo. E, por outra banda, o 12 de febreiro cumpliránse 200 anos do nacemento do naturalista inglés Charles Darwin e 150 anos da publicación da súa obra capital "A orixe das especies", que aínda hoxe é obxecto de polémica e atacada dende algúns sectores a súa teoría da evolución. Tanto un coma o outro representaron dous fitos importantísimos na ciencia polo que o coñecemento humano ten unha débeda extraordinaria con estes dous persoeiros. É por isto que ao longo deste ano asistiremos a multitude de actos, conmemoracións, mostras, exposicións, eventos... en torno a estes personaxes e ás súas obras. Mesmo se está a producir unha película sobre DARWIN co título "Creation" e que se estrenará proximamente (ler reseña de "Creation" no blogue La muerte de un ácaro)


Aquí vos deixo algunhas ligazóns interesantes:


Blog Libros y bitios (sobre Darwin)


Unawe (explora el universo)


Blog Días estranhos (Galileo)


Recompilación recursos











PARA IR FACENDO BOCA AQUÍ TÉS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA:



E PARA REMATAR...



Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 07-01-2009 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats