O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MANUEL MARÍA NA VOZ DE SUSO BAHAMONDE

http://coordinadoraendl.org/musicainfantil/?d=sonnos
Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 25-09-2015 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
O PORTAL DAS PALABRAS
O PORTAL DAS PALABRAS é unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié que vai dirixido a todo tipo de público, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. Tamén é útil para xente que se achega á nosa lingua aínda que sexa de xeito inicial.
O Portal das Palabras preséntase ante a escola coma un instrumento eficaz, esperamos que imprescindible, para o ensino, froito do traballo conxunto entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
No Portal das Palabras o dicionario fálalle á sociedade nunha linguaxe do século XXI, necesaria para relacionarse no mundo, e intégranse actividades contextualizadas no ámbito tecnolóxico e didáctico no que vivimos. Consta de diferentes seccións: INFO, LÉXICO, XOGOS e DIDÁCTICA. Facilita, tamén, un diccionario online e un buscador de sinónimos.

No apartado de XOGOS atopamos "Ensalada de pasta", un xogo de vocabulario moi acaído para o noso proxecto documental. Ala! A poñer o mandil. Que precisamos para facela?


Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 06-10-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
OLLOS DE AULA nº7: Maio, mes da lingua

Ollos de aula. Nº 7 by cendl

Comentarios (1) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 06-05-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas do Mundo - World Poems
Desde o blog GHAFOS, do ENDL do Ceip Campolongo, chéganos a nova dunha fantástica iniciativa que comezou o xoves, 21 de marzo, na Escola Árvore de Porto (Portugal) onde se fixo o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo". Tendes toda a información no blogue GHAFOS e na site Yogote-Lusofonía atópanse todos os datos así como os pasos a seguir para participar no proxecto.


Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 26-03-2013 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA SABE A PAN
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queredes cantalo, hai unha versión en Karaoke AQUÍ

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.


Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 17-11-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
EU FALO. XULIA
Vía Mesturas recollemos este simpático vídeo do portal Eu Falo. Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo:


Comentarios (3) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 12-03-2010 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. RECURSOS

Hoxe, 21 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
Na páxina da
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia atoparás moita información e recursos.
Aquí tes outras páxinas de interese, con información, materiais e recursos para traballar nas aulas:




(Páxina de Contidos da Xunta)





AULA INTERCULTURAL

CENTRO DE RECURSOS DE EDUCACIÓN INTERCULTURAL


¡FELIZ DÍA DA LINGUA MATERNA!

Comentarios (5) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 21-02-2010 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
POLO SENDEIRO DA NOSA HERDANZA
No noso centro estase a realizar unha campaña de normalización da lingua, promovida polo ENDL, baixo o lema "DÉIXALLES AOS TEUS A LINGUA QUE TI HERDACHES". O alumnado do 2º e 3º ciclo elaborou uns carteis que reflicten esta idea e onde deixan patente a súa creatividade e orixinalidade. Eles sábense beneficiarios dunha grande riqueza, a nosa lingua, e así o queren transmitir nos seus traballos:


¡¡PARABÉNS, NENAS E NENOS, POR TAN ESTUPENDO TRABALLO!!

Comentarios (2) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 10-06-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICAMPO
EXPOSICAMPO
Achegándonos á realidade do mundo rural

Como actividade complementaria ao tema globalizador de todo este curso, OS TRABALLOS DO CAMPO, na segunda quincena de maio organizamos no centro unha exposición de ferramentas e útiles do traballo agrícola.
Os distintos materiais, procedentes de distintas partes de Galicia, foron cedidos polas familias, veciñanza e o profesorado.
Hai obxectos moi curiosos: gadañas, sachos, xugos, un banco debullador para o millo, un arado, un rapador das ovellas, goxas, cestos, cribos, fouciños, zocos, madroñas, tamancas… Algúns son moi antigos e practicamente xa non se usan, pero outros aínda se utilizan para traballar na terra..
Durante todos estes días a nosa EXPOSICAMPO foi visitada por moita xente, á que lle resultou moi curiosa e interesante. Ademais todo o alumnado aprendeu cousas novas sobre a vida rural e o traballo da xente do campo e elaborou pequenos traballos de recollida de información e investigación. Todo un éxito!!



Comentarios (5) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 01-06-2009 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS NA BOCA PALABRAS MILENARIAS...
Co seguinte vídeo pretendemos facer unha homenaxe á nosa lingua na víspera do día grande das nosas letras. Os protagonistas son un grupo de alumn@s do IES de Ames para o primeiro capítulo do programa "Ben falado" da TVG.
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.
Escoita atentamente o que nos din, poida que nos sirva para reflexionar...

QUE PENSAS TI??


Comentarios (2) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 16-05-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats