O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PASATEMPOS


Xa chegan as vacacións e para que o pases moi ben traioche uns xogos moi divertidos e refrescantes do portal educativo da Junta de Castilla y León, indicados para os máis peques da casa. ¡¡PROBA E VERÁS!!
(Preme na imaxe de arriba)



Máis suxestións para pasalo pipa AQUÍ

Comentarios (4) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 19-06-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
TRAGAPALABRAS
LA CUEVA DE TRAGAPALABRAS é unha aplicación multimedia de apoio á lectoescritura nos primeiros niveis da educación primaria. Ten unha completa colección de xogos, un editor de fichas para imprimir e información sobre o material didáctico.
Para acceder ao xogo debes completar a tarxeta e facer clic nas tesoiras.

¡¡ADIANTE!! (preme na imaxe)


Comentarios (1) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 15-06-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
TOONDOO
TOONDOO é unha ferramenta 2.0 ideal para traballar o cómic co alumnado máis novo, moi fácil de usar, cuns resultados "casi profesionais".
Paga a pena explorala para decatarse da súa utilidade e das posibilidades de aplicación na aula.
Aquí vos deixo algúns exemplos:
Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 09-06-2009 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES PARA A APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA

Grazas a Celestino Arteta descubrín este excelente recurso para traballar a lectoescritura online. Podes atopar actividades de orde alfabética, asociacións, conciencia fonolóxica, etc., ideal para aplicar nos primeiros cursos da Educación Primaria ou con alumnado con necesidades educativas especiais. Ten ademáis unha guía para o profesor onde se explica a actividade facendo referencias aos seus fundamentos teóricos. A aplicación foi realizada por Juan García Moreno, do Ceip Blas Infante de Sevilla, e atópase recollida no Isftic no apartado de materiais educativos.



Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 03-06-2009 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
TECNOLOXÍA DIVERTIDA
RESPONDE ÁS PREGUNTAS DESTE TEST E AVERIGUA O QUE SABES DE TECNOLOXÍA:

Comentarios (3) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 31-05-2009 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
FALA CON ALICE!
Un exemplo de robot con intelixencia artificial. Xa non tés que viaxar a outro país para practicar o inglés. Podes chatear con Alice de calquera cousa que ela seguirache a conversa. Unha entretida maneira de practicar o que aprendiches na escola.


Escribe o que queres dicirlle ou preguntarlle a Alice dentro da caixa e preme intro. Ela contestarache de viva voz. Contarache a súa vida, podedes falar do tempo, das aficións, do que ti queiras. Téntao, verás como ademáis de aprender e practicar o inglés tamén te divirtes. (Preme na imaxe para empezar)


Comentarios (3) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 01-05-2009 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
DENDE A BIBLIO, CON AMOR...
Grazas aos nosos amigos de Raioteca, blog da Biblioteca do Ceip de Andrade, podemos disfrutar deste entretido xogo que pon a proba os vosos coñecementos sobre S. Valentín. Para acadar moitos puntos infórmate primeiro AQUÍ.

E agora, ADIANTE!!



Raioteca tamén nos facilita unha interesante proposta de lecturas por ciclos: LECTURAS CON CORAZÓN. MOITAS GRAZAS!!




MÁIS RECURSOS PARA S. VALENTÍN


Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 09-02-2009 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ CON TICS
O 30 de xaneiro celebraremos o Día escolar da Paz e da non violencia, coa esperanza de concienciar da necesidade de erradicar do mundo a sinrazón das guerras.
E xa podedes empezar a rodearvos de PAZ con estas páxinas que chegan a nós vía Ticblog:

CONSTRUCTORES DE PAZ


Unicef para niños y niñas



DÍA DE LA PAZ (educa.jcyl)



OUTROS RECURSOS



Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 09-01-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
FONDO LECTOR

(Junta de Andalucía - Centro del profesorado - Priego- Montilla)


Vía Escola de Ismaíl coñecemos este interesante programa de estimulación das habilidades lectoras. Transcribo a explicación do programa recollida no blog Ítaca:
Fondo lector é un programa, en castelán, de desenvolvemento da lectura comprensiva orientado aos alumnos/as que se atopan nas fases iniciais da adquisición da lectura e para todos aqueles que presenten problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado.
Os mil exercicios dos niveis básico e intermedio son de seis tipos e están orientados aos alumnos/as que comezan a ler ou aqueles que presentan dificultades na comprensión lectora.
  • Ordenar as palabras dunha frase
  • Ordenar una secuencia de frases
  • Respostar a preguntas dunha lectura
  • Relacionar unha palabra co seu sinónimo
  • Relacionar unha palabra co seu antónimo
  • Atopar unha palabra que non garda relación coas demais

No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao perfeccionamento da comprensión lectora. Poden ser usados polos alumnos/as que teñan un certo desenvolvemento da lectura comprensiva.

  • Palabras polisémicas
  • Sinalar o significado dunha frase feita
  • Sinalar a idea principal dun texto
  • Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas
  • Sinalar o significado dun refrán


  • NIVEL BÁSICO E MEDIO - NIVEL AVANZADO











    ACLARACIÓN: o texto que transcribo coa explicación do contido do programa pertence a Alberto Romero, do blog Ítaca, do CEIP Isaac Díaz Pardo.



Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 09-12-2008 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA SOPIÑA... DE LETRAS

Achégase o inverno !!
Xoga e aprende con esta sopa de letras, que lle acae moi ben a estes días de choiva e frío que temos que estar na casa







PERO SE PREFIRES O OUTONO...

(Visto en Rincon solidario)
Comentarios (5) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 05-12-2008 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats