O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

AGUDEZA VISUAL
Para que non te aburras mentres eu viaxo, déixoche este xogo para que poñas a proba a túa agudeza visual. Terás que atopar os números naturais desde o 1 ata o 20 no menor tempo posible. Non penses que é doado, os números están camuflados nesta imaxe de disney. ¿Serás capaz de atopalos todos antes de que remate o tempo?






E como diría o mestre, ¿quérelo no teu blog? (cando pegues o código, quita o guion vermello):

<-embed allowscriptaccess="never" wmode="transparent" src="http://www.games2rule.com/images/games/mind/hidden-numbers-15/hidden-numbers-15.swf?gid=941&uname=Guest" quality="high" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" type="application/x-shockwave-flash" height="428" width="500">


Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 06-07-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
¡ A XOGAR !
Atopei este xogo no blog de Antonio Alonso. Para entreterse cos libros (aínda que é moito mellor lelos, asegúrocho):

Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 02-07-2010 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA QUE NACICHES
O xornal La Vanguardia dixitalizou a súa hemeroteca, o que fai posible ler o xornal do día que naciches e ver o que sucedeu nesa data. Os luns non había edición, polo que se naciches en luns terás que conformarte con saber o que ocorreu no día anterior ou posterior. Tamén podes buscar na súa hemeroteca por palabras chave.
Como aplicación didáctica podería servir para introducir ao alumnado no mundo da prensa escrita, despertando a curiosidade na súa historia persoal e vinculándoa co que sucedía no mundo o día que naceron.

Explora co buscador as datas especiais da túa vida:

Selecciona o día da edición







(Pica na imaxe se queres vela máis grande)
Imaxe correspondente a un anuncio no xornal de setembro de 1964 sobre as compras de material escolar


Visto aquí


Comentarios (1) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 02-07-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
FÚTBOL
¿Gústache o fútbol? Se eres un seguidor de Torres, Messi ou Villa, podes poñerte a punto como futbolista, entrenando para ver se no próximo mundial estás na selección.
Tes 3 actividades:
Toques: Pulsando as teclas das flechas esquerda e dereita debes golpear o balón para que non caia ao chan.
Penalty: fai clic sobre o balón no momento adecuado para chutar a portería
Futbolín: unha versión moderna do xogo clásico.


(Preme na imaxe para empezar a xogar)

Comentarios (4) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 25-06-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
UN XENIO XENIAL

Para estes últimos días de vacacións, tráiovos un xogo que coñezo dende hai algún tempo. Trátase de retar a este xenio que o adiviña todo. Só tes que pensar nun personaxe e a continuación contestar as preguntas que che formula o xenio. Antes de chegar á número 20 terá adivinado o teu personaxe. ¿Que non o cres? ¡Pois inténtao! Se consigues vencer ao xenio, dime cal foi o personaxe que elexiches :



Comentarios (4) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 19-04-2010 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
PUNTOS
Aplicación on line para desenvolver a atención, a memoria visual e a secuenciación. Moi divertido, XA VERÁS!!


(PREME NA IMAXE)

Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 03-08-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
XOGA COAS PALABRAS
Aquí che deixo uns xogos moi divertidos para os días de mal tempo. Escolle unha imaxe para entrar nun xogo e despois proba con todas as opcións que che propoñen: MEMORIA - O AFORCADO - SOPA DE LETRAS - A PESCAR - PUZZLES
(Para Infantil e 1º Ciclo de Primaria)




Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 30-07-2009 03:09
# Ligazón permanente a este artigo
XOGAR E APRENDER CON PLATERO Y YO
Acabo de chegar dunha das miñas viaxes exploradoras polo ciberespazo e atopei un tesouro para vós:
Aquí vos deixo unha páxina de literatura boísima coa que aprenderedes moitas cousas do nobel Juan Ramón Jiménez e da súa fermosa obra Platero y yo dun xeito moi divertido. Tendes actividades para infantil e primaria que fan referencia ao autor, á obra e ao contexto histórico. As explicacións sobre os personaxes son asequibles e amenas. Podes ir lendo por capítulos e realizando os xogos a medida que les. Xa verás que ben o pasas nestes días que non podemos aproveitar a praia!
Estas actividades foron realizadas no C P Manuel Pérez e atópanse no portal da Junta de Andalucía.



(Preme na imaxe para entrar)

Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 21-07-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
O PROMETIDO É DEUDA...

Pois xa está aquí MIK, tal e como prometeu, e tráenos a primeira sorpresa:

¿Serás capaz de adiviñar o número que pensou o moniño? Podes competir cun amiguiñ@ ou contigo mesmo, procurando empregar o menor número de quendas. É un xogo moi divertido co que porás a proba a túa capacidade de deducción. ¡¡¡PROBA E VERÁS!!! (Fai clic na imaxe)


Recollido en BIBLIOTICS

Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 06-07-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
PARA PASALO GUAI!!

Chega un novo recurso publicado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Trátase dun conxunto de 11 xogos para nenos e nenas de 3 a 5 anos estruturados a través de 4 unidades e protagonizados por Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). Neles trabállanse as habilidades básicas nestas idades: memoria visual, auditiva e numérica, atención, coordinación óculo-manual, asociación, razoamento, discriminación, linguaxe, corpo humano, imaxinación e creatividade.
Ofrece tamén unha sección de descargas na que se poden atopar debuxos para colorear, debuxos para recortar, un protector de pantalla e dous fondos de escritorio.
Conta tamén cunha guía descargable en PDF onde se explica o funcionamento dos diferentes xogos e se nos ofrecen unha serie de consellos para unha utilización correcta do ordenador por parte das nenas e nenos.
(Visto en A Profa)


Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 21-06-2009 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats