O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

AGARDANDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están preparadas as MOCHILAS VIAXEIRAS, que mañá comezarán a súa andaina polos fogares de todo o alumnado de Infantil e Primaria e que non regresarán ata o mes de maio. Esperamos que os materiais seleccionados sexan do voso agrado e que gocedes en familia destas lecturas compartidas.



NON ESQUEZADES FACER AS VOSAS ANOTACIÓNS NOS CADERNOS VIAXEIROS!!

Comentarios (2) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 06-10-2011 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
EN MARCHA A HORA DE LER

O pasado luns, día 4 de outubro, comezamos a actividade “Hora de ler”, tal e como se ven facendo no noso centro desde hai varios cursos. Nos días previos, en cada aula fixéronse todos os preparativos: libros, colorear marcapáxinas, carteis para as portas da aula, decoración do recuncho dos materiais, establecemento das normas..., para que nada fallase e tod@s puidésemos gozar cada día, despois do recreo, dos nosos marabillosos 25 minutos de lectura silenciosa.
Ademáis do pracer que nos proporciona o feito de ler aquilo que nos apetece, o que nos interesa, o que nos divirte, o PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) ten outras virtudes:
- A persoa progresa na lectura ao seu propio ritmo
- Desenvolve a lectura segundo os seus intereses (pode saltar parágrafos que non lle agraden ou deterse naquilo que motiva a súa imaxinación)
- Pode reler cando non entende algo.
- Pode deterse por cansazo, polo tempo, etc.
- Diminúe a inseguridade que produce a lectura oral.
- Diminúe a ansiedade de ler rápido pola competencia
- Permite desenvolver a habilidade da escritura.
- A lectura é asimilada a partir da concentración e a atención, mentres que na lectura en voz alta céntrase na pronuncia, o ritmo e a entonación.
- Non resulta molesta cando as demais persoas non están involucradas.

O que nos induce a pensar que son uns 25 minutos moi ben empregados.

HORA DE LER on PhotoPeach


Comentarios (5) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 07-10-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS MES DO LIBRO
Dentro das actividades que se levaron a cabo co motivo do Día do Libro organizáronse no Centro varias sesións de CONTACONTOS. Foron os alumnos do 3º Ciclo de Primaria os encargados de realizalas, preparando con moito entusiasmo as lecturas que ían ofrecer aos máis pequenos do cole. As lecturas resultaron moi amenas, mesmo nos sorprenderon con algúns materiais de fabricación propia cos que apoiaban as narracións, fixeron pequenas explicacións e incluso unha dramatización. Todo un éxito!!
NORABOA!!!


Comentarios (0) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 26-04-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E POESÍA NA BIBLIOTECA
O MAR EN VERSO- Ed. INFANTIL
Hoxe, os nen@s de E.I. de 5 anos tiveron unha sesión de contos e poesía coa súa profe Belén. Disfrutaron dos poemas sobre o mar que foron traballados plásticamente polo alumnado do Centro, estiveron moi atent@s ao conto que a profe lles contou e pasárono moi ben. E, claro, engadiron a súa poesía á exposicion de traballos "O mar en verso". Que ben estamos na BIBLIOTECA!!!


Comentarios (0) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 17-04-2008 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
MOCHILAS VIAXEIRAS
Esta semana empezan o seu percorrido as mochilas viaxeiras. Polo de agora circularán entre as familas do segundo ciclo (3º e 4º de EP).

Esta actividade promovida pola Biblioteca pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica e novidosa: sacar a Biblioteca fóra do Centro e levala ata os fogares. Incluimos diferentes materiais e soportes para dar unha visión máis completa da Biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.

Acompañan a estes materiais unha carta dirixida ás familias convidándoas a participar na actividade, o caderno viaxeiro cunha nota explicativa da súa finalidade, un díptico coas instruccións de uso da mochila e un listado dos materiais incluidos.








Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 18-03-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
EU QUERO SER MARIÑEIRO

EU QUERO SER MARIÑEIRO

Eu quero ser mariñeiro,
no meu barco navegar,
ir deixando no camiño
ronseles de escuma
que cortan o mar.

Eu quero ser mariñeiro,
á lúa segredos contar,
pintar de azul os meus soños,
de azul e verde
como o mar.

Eu quero ser mariñeiro,
cos peixes xogar e cantar,
vivir buscando sereas
agochadas nos corais.

Eu quero ser mariñeiro,
lixeiro nas ondas brincar,
chegar ata o horizonte
co meu perfume de sal.


Poema que están traballando @s alumn@s de 3º de EP na clase de Educación Artística
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 08-03-2008 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
ELEFANTIÑAS
Margarita, unha pequena elefantiña que non podía poñerse rosa...

Rosa caramelo

"A la avalancha de necedades, cursilerías, electrodomésticos en miniatura, halagos tendenciosos, sabios consejos y advertencias amenazadoras que sumerge a las niñas desde muy temprano, oponemos un ejemplo y una esperanza : Margarita, la pequeña elefanta que no se puso rosa." ( vía Du côté des filles )



WEBQUEST (para E. Infantil e 1º ciclo Primaria). Autora: Rocío Cabanillas


Comentarios (14) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 02-03-2008 02:02
# Ligazón permanente a este artigo
A LA CONQUISTA DE NUEVOS LECTORES
El País publicou o sábado, día 8, baixo o título "A la conquista de nuevos lectores" unha lista de 14 recomendacións dirixidas ás familias para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura.

É verdade que o labor que se leva a cabo na escola non é suficiente. A familia desempeña un papel fundamental na adquisición do hábito de ler. Ao igual que noutros aspectos, o entorno familiar influirá decisivamente na actitude frente aos libros e a lectura. Sería necesario, polo tanto, que dende a escola e dende as bibliotecas escolares se promovese a lectura no ámbito das familias, elaborando estratexias de achegamento ao igual que facemos co noso alumnado.

(Ver artigo)
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 10-12-2007 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPO DE LECTURAS
Hoxe empezamos en 2º de EP a actividade "Hora de ler" e tod@s estabamos un pouco impacientes por ver como resultaba. A experiencia foi moi agradable. Levamos a cabo todo un "ritual" antes de comenzar: ao primeiro toque da campaíña tod@s deixamos a tarefa que estabamos a realizar e recollemos e limpamos as mesas. Cando a campá soou por segunda vez, os nen@s levantáronse por grupos a escoller o libro da estantería. Co terceiro toque empezamos a ler, en silencio. Algún parecía querer comentar algunha cousa pero resistiu a tentación. Eu estaba tan emocionada ao ver a resposta dos nen@s que casi non me podía concentrar no meu libro. Cando finalizou o tempo, colocaron os marcapáxinas que tiñan preparados e levaron os libros á librería, ata o día seguinte.
¡Foi estupendo!

A profe.
Comentarios (5) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 15-11-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cóntanos o que estás lendo na "Hora de ler"
Se queres podes contarnos algo do que estás lendo e o que opinas sobre dispoñer dun tempo na clase para ler o que máis che apetece
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 30-10-2007 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats