O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

AS CORES DO MAR
Para o libro colectivo "O mar en verso" que estamos a facer co cole, os nen@s de E. Infantil están traballando o seguinte poema:


AS CORES DO MAR

AZUIS son as sardiñas
que sulcan alegres o mar

VERDES as algas verdes
bailan suaves un vals

COLORADAS as estrelas,
as estreliñas de mar

AMARELAS as buguinas
coas que escoitas lonxe o mar

VERMELLO o caranquexo
que camiña para atrás

BRANCAS as escumas
que acariñan o areal

Mira o arco da vella
que está a facer o mar!!

Julia González González


Os demais ciclos traballarán os seguintes poemas:

OS PEIXES DA FONTE - Ana Mª Fernández

DEIXÁDEME IR - Ana Mª Fernández

EU QUERO SER MARIÑEIRO - Julia González González

Antes de poñernos a traballar imos inspirarnos noutros artistas:

URBANO LUGRÍS

SOROLLA

PINTANDO O MAR (varios autores)



Comentarios (9) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 03-03-2008 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
EXTRAÑAS CRIATURAS
Xa sabemos moitas cousas do mundo mariño pero algúns animais, que nos resultan tan familiares, son grandes descoñecidos:

Comentarios (3) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 27-01-2008 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
PINCELADAS... (Urbano Lugrís, o pintor do mar)

Lugrís foi un pintor case autodidacta, bohemio e anárquico, poeta, ilustrador e muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador. Os seus cadros, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, reflicten un poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, e narracións fantásticas ao xeito de Stevenson ou Conrad. Estivo influenciado polo seu padriño, o escritor Francisco Tettamancy e Gastón, gran amigo do seu pai. Este contáballe unha grande cantidade de lendas célticas e contaxioulle a fascinación polo mundo dos soños.

No referido á literatura, están presentes na súa obra pictórica autores como
Manuel Antonio, Luz Pozo Garza, Valle-Inclán e, sobre todo, Julio Verne, escritores relacionados co mundo mariño. Nos seus artigos e poesías, Lugrís utiliza o alcume literario de Ulyses Fingal, unha fusión da herdanza grecolatina e o mundo das sagas nórdicas de raíz céltica.



Disfruta coa obra deste pintor xenial.

Comentarios (0) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 23-01-2008 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
O PINTOR DO MAR (Urbano Lugrís)


O poeta e pintor Urbano Lugrís González naceu na Coruña en 1908 e morreu en Vigo no 1973. Polo tanto este ano celebramos o centenario do seu nacemento.

Un dos temas máis representado nos seus cadros é o mar, por iso a súa obra pictórica lle acae tan ben á nosa Biblioteca xa que, como sabes, este ano o mar é o tema arredor do que xira toda a actividade.

Busca máis información sobre este pintor e observa os seus cadros. De seguro que te levan por un mundo MARabilloso...



"Acostumbraba a dibujar un ancla junto a su rúbrica, en una esquina de sus cuadros, murales o ilustraciones. Una pequeña seña de identidad que no hacía más que remarcar la evidente fascinación por el mar y por el océano de leyendas y fantasías que pueblan casi obsesivamente la obra pictórica de Urbano Lugrís, el genial artista gallego del siglo XX nacido hace ahora 100 años en A Coruña." Paola Obelleiro. Cien años de magia marina. EL PAÍS.com (Ler máis...)





PARA SABER MÁIS:


O pintor do mar






Comentarios (1) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 22-01-2008 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Unha visita a MAR de interesante
O alumnado do terceiro Ciclo de EP relata a visita á Escola Obradoiro Mar de Vigo, actividade programada pola Biblioteca do Centro en torno ao proxecto interdisciplinar "Descubre un mundo MAR...abilloso":



Durante a mañá do día 11 de Decembro o alumnado de 5º e 6º visitamos a Escola Obradoiro Mar de Vigo. Na entrada das instalacións recibiunos o Director do Centro. Alí mesmo xa nos chamaron a atención varias embarcacións de diferentes tamaños e formas das que nos explicaron algúns detalles como os materiais de que están feitas, utilidades... Tamén nos deron a coñecer, en liñas xerais, o labor que levan a cabo neste Centro: reprodución das embarcacións tradicionais que se están perdendo, fabricación doutras máis modernas en poliéster e tamén se encargan da formación de persoas para estes traballos.
Xa no interior observamos o proceso de construción dun galeón, barco tradicional de madeira que servía para transportar mercadorías polas rías galegas. Vimos unha traiñeira de madeira e participamos nun obradoiro no que fixemos nós mariñeiros, reproducimos en cartolina unha chalana e traballamos coa linguaxe das bandeiras. Voltamos ao cole sabendo moitas máis cousas do mar e sobre todo das nosas rías. Foi unha visita a MAR de interesante...!!



Aquí tés un galeón galego navegando por Beluso

Comentarios (0) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 10-01-2008 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS NOTICIAS DE PATALATA
Todos/as estabamos agardando que o pirata Patalata voltase a escribirnos e por fin chegou unha nova botella cunha mensaxe. Apareceu na Biblioteca e di así:

"Ola, mexilóns!!
A bruxa Maruxa xa me contou que andades a traballar moito e que xa sabedes moitas cousas do mar. Pensando en vós ocorréuseme que podedes axudarme a atopar o tesouro do pirata "Pata de aceiro inolvidable", un rufián moi intelixente que agochou os seus tesouros nunha illa, pero ninguén sabe onde. Só sabemos que a este orixinal pirata gustábanlle moito as historias e que sempre tiña un libro nas súas mans. Ninguén se atrevía a rirse del, pero todos pensabamos que estaba tolo; un pirata sabichón, ¿onde se viu tal cousa?...
Parece ser que deixou unha serie de pistas para poder atopar o tesouro e que as devanditas pistas están entre as páxinas dos seus libros favoritos.
E agora preciso da vosa axuda, se vós estades dispostos. Mandareivos as pistas que están no meu poder e seguro que entre todos atopamos o tesouro.
Ben, amig@s, despídome de vós e espero a vosa resposta. Mentres, vixiade, vixiade, vixiade...
Pirata Patalata."


¿Que vos parece? Menuda aventura!!



Comentarios (12) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 02-12-2007 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
O CALAMAR
Claudia, de 2º EP, fixo unha investigación sobre o calamar. ¿Que vos parece?

LER





¿Queres ver un calamar xigante?
Aquí tés o ORTOCONO

Comentarios (4) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 01-12-2007 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
MEDUSAS A RITMO DE VALS
No mundo mar...abilloso que estamos a descubrir existen unhas fermosísimas criaturas pero moi perigosas...




Para saber máis sobre as medusas preme AQUÍ
Comentarios (7) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 20-11-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA Á BIBLIOTECA
O pasado mércores, 7 de novembro, os nenos e nenas de tres anos de EI, mergullámonos nunha aventura polo mar. Axudamos a Mik a rescatar o tesouro do barco pirata de Pata de Lata. Foi toda unha aventura porque mentres durmían os asaltamos e sen facer nin chisco de ruído, subimos ao barco, puxemos os cinco sentidos a traballar( escoitamos, non podíamos falar para non ser sorprendidos, tocamos amodiño as paredes, as barandas, ulimos a piratas que non se lavaban, e abríamos ben os ollos para estar atentos a calqueira imprevisto. Alí estabamos nós dispostos a devolver o tesouro á nosa escola. E conseguímolo.
Gustános moito a nosa biblioteca mariña; é fantástica porque para entrar nela temos que embarcar no submarino azul. Vaia viaxe!


Comentarios (3) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 17-11-2007 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
A BALEA AZUL
A balea azul é o animal máis grande do mundo...



WEBQUEST 5º curso Primaria (Castelán)
Comentarios (3) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 11-11-2007 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats