O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS

Rosalia de castro from crocaio


CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños, A Coruña): Selección de poemas

http://www.rosaliadecastro.com/web_f.htm

LECTURAS RECOMENDADAS:

UXÍA ROSALÍA PEQUENIÑA. EDITORIAL ÁRBORE/GALAXIA
A MIÑA PRIMEIRA ROSALÍA. EDITORIAL XERAIS


MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO. URCO EDITORA 



OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS. EDITORIAL BOLANDA 


DO A AO Z CON...ROSALÍA. EDITORIAL EVEREST



PARECE UNHA ROSA. EDITORIAL ESPIRAL MAIOR
ROSALÍA DE CASTRO. ESCOLMA POÉTICA. EDITORIAL KALANDRAKA

OS NOSOS VERSOS. XERAIS

ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA. EDITORIAL SUSAETA


ROSALÍA. FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO


ROSALÍA DE CASTRO. ANTOLOXÍA. EDITORIAL XERAIS
XOGOS/ACTIVIDADES:

XOGOS


XOGO LIM SOBRE A BIOGRAFÍA DE ROSALÍA
http://actividadeslim.blogspot.com.es/2013/05/rosalia-de-castro.html


XOGO LIM SOBRE A BIOGRAGÍA DE ROSALÍA 

http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/rosal_ia_de_castro.html
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 24-02-2018 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro.
Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos...
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.

 María Reimóndez
 Extracto do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018

Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.


A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.

O 24 de outubro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitanpara dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. Atopan mozos e mozas na lectura dos seus versos unha muller actual e poderosa que se amosa cada ano que pasa máis próxima a todos e todas, a medida que os investigadores van desfacendo cos seus estudos as capas de escuridade que nola ocultaban. Unha vez máis, A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. Publica un manifesto na voz de María Reimóndez e propón, así mesmo, múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. 
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 24-02-2018 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS ROSALÍA!!!
Máis traballos sobre Rosalía de Castro!! O alumnado de CUARTO de EP pintou varios retratos da escritora e ilustrou un dos seus poemas:
Tamén elaboraron unas rosas preciosas que levarán prendida una poesía da escritora, coas que agasallarán ás súas familias:
Comentarios (1) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 03-03-2017 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE ROSALÍA, DÍAS DE POESÍA
Desde a semana pasada todo o alumnado do centro está realizando moitas e moi creativas actividades arredor da figura da nosa universal Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de 5º de EP prepararon un completísimo traballo colectivo sobre a vida e a obra da escritora, do que fixeron partícipes ao resto de compañeir@s. Hoxe visitaron a aula de CUARTO de EP onde ofreceron unha estupenda exposición da biografía da autora, adoviada con algúns dos seus poemas e preciosos debuxos.
Tamén explicaron a orixe do kamishibai:
Moitos PARABÉNS a tod@s polo fantástico traballo!!!
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 03-03-2017 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA EN VIGO
Entre outras actividades arredor da figura de Rosalía de Castro, ao fío do PDI sobre Vigo que estamos desenvolvendo no centro, propóñense as seguintes actividades de investigación que relacionan esta escritora coa nosa cidade:
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA: "Rosalía en Vigo"


FICHAS DE INVESTIGACIÓN:
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 22-02-2016 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA. RECURSOS
   175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE
 ROSALÍA DE CASTRO
  (1837-2012)

 Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.

 Ademáis está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro,en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.


LECTURAS RECOMENDADAS

"PARECE UNHA ROSA"

Edicións Espiral Maior
( preme para o LIM )
"ROSALIA DE CASTRO PARA NENOS"
Ediciones de la Torre.
"ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES"

Baía edicións.
-"ROSALIA DE CASTRO".Poesía completa ilustrada
Volume I. La Flor-A mi madre.El Patito Editorial
ROSALIA"
Fundación Rosalía de Castro
( preme para o LIM )
Escoitemos un poema de Rosalía na voz de Amancio Prada

Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 22-02-2016 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA: TRABALLOS DO ALUMNADO
Xa vos podemos mostrar o resultado do traballo arredor de Rosalía de Castro, que consistía en decorar un marcapáxinas que contiña unha poesía da autora. Quedaron preciosos!
PODEDES VER O RESTO DOS TRABALLOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 27-02-2015 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA PEGATINA POR UN POEMA
Desde a BIBLIOTECA XOÁN FARIAS, a biblioteca do CEIP de PAZOS, chéganos un fermoso agasallo a xeito de pegatina coa que honrar a memoria de Rosalía de Castro achegando a súa obra ao noso alumnado. "No Día de Rosalía, cambiamos un poema da escritora, escrito e ilustrado, por unha fermosa pegatina."



Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 26-02-2013 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 22-02-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
PARECE UNHA ROSA
Espiral Maior é o selo galego por excelencia no eido da poesía, cun amplo catálogo con autores de todas as xeracións. Na súa colección poética Lúa Lueira, destinada aos máis cativos, editou o libro Parece unha rosa, de Rosalía de Castro, ilustrado por Isabel Pintado. Este é o poema que lerán, memorizarán, ilustrarán e recitarán os nenos e nenas do 2º de EP do noso cole, en homenaxe á súa autora no aniversario do seu nacemento.Se queres gozar desta fermosa poesía, pide o libro na biblioteca.


Comentarios (2) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 23-02-2012 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats