O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DANDO UNHA VOLTA POR EUROPA. ACTIVIDADES LIM
Xa temos, recén saídiñas do forno, as actividades interactivas elaboradas polo profe Antonio Aires para o alumnado de 1º e 2º de EP. Están chulísimas!!! Proba a facelas! Pasaralo moi ben DANDO UNHA VOLTA POR EUROPA!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 03-06-2017 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: A VOLTA AO MUNDO FACENDO DEPORTE
Desde o departamento de Educación Física achégannos os traballos do alumnado arredor do proxecto documental sobre Países e Culturas. A volta ao mundo facendo deporte é o título que acolle os fantásticos murais que locen nos corredores do centro. PARABÉNS A TOD@S!!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 01-06-2017 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: ALUMNADO DE QUINTO DE EP EN ACCIÓN!!
Como xa sabedes, este curso o Proxecto Documental de Centro ten como centro de interese os diferentes países e culturas do noso planeta. E, como o resto do alumnado do cole, os nenos e nenas de quinto de EP están traballando arreo e percorrendo o mundo, estudando, investigando e, como non, divertíndose. Pouco a pouco van enchendo as paredes do seu corredor con magníficos cartaces que dan boa conta de todo o que levan aprendido e cos que nos convidan a que aprendamos tod@s. MOITOS PARABÉNS por tan fantástico traballo!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 13-02-2017 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLOS COLECTIVOS SOBRE WANGARI MAATHAI E A PAZ
Seguimos traballando e reflexionando sobre a PAZ e sobre a interesante figura da activista keniana Wangari Maathai. Hoxe, o alumnado de cuarto, distribuido en equipos, elaborou uns magníficos cartaces sobre a vida e a obra desta muller, poñendo de relevo o infravalorado traballo da poboación feminina dos países africanos e a necesidade de conservar e coidar os seus espléndidos espazos naturais.
Os compoñentes dos equipos achegaron a información e os materiais que ían utilizar, planificaron o traballo e repartiron as tarefas. Todas as decisións foron consensuadas polos integrantes do grupo. Ao finalizar a sesión xa puidemos expoñer dous dos catro murais que formarán parte da decoración dos corredores do cole. PARABÉNS polo excelente traballo!!!

Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 25-01-2017 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN: HISTORIAS DE ÁFRICA
Así quedou a preciosa exposición "Historias de África" que loce na entrada das aulas de terceiro e cuarto de Primaria. Queremos agradecer ao alumnado e ás súas familias as interesantes achegas que fixeron nacer e medrar o interese por coñecer e saber máis sobre este continente. MOITAS GRAZAS!!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 25-01-2017 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
PROJECT: New friend for Christmas
Arredor do proxecto documental deste curso,"Países e culturas", dende o departamento de Inglés preséntannos o seu proxecto "New friend for Christmas" que consistiu en intercambiar felicitacións de Nadal cos nenos e nenas doutros países. A proposta foi un éxito de participación e a resposta dos interlocutores foi espléndida. Os países que recibiron estas artísticas tarxetas foron: Grecia (1º de Primaria), Francia (2º de Primaria), Polonia (3º de Primaria), Finlandia (4º e 5º de Primaria), Estonia (6º de Primaria). Desde este recanto queremos enviar os nosos PARABÉNS a todo o alumnado participante, tanto ao alumnado do Mestres Goldar como aos alumnos e alumnas dos utros países. E por suposto, vaia a nosa felicitación para a profe Paloma, ideóloga, creadora e coordinadora deste fermoso proxecto. Para ter toda a información visitade o seu blog de ingles Pouco a pouco e sempre andando , onde atoparedes todos os detalles dos traballos.



Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 09-01-2017 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S A ÁFRICA!!!
Paseando pola internet para atopar recursos atractivos sobre o noso proxecto, Historias de África, din con esta actividade elaborada no seu día por un alumno de sexto do Ceip Frián-Teis, Roi Gómez. A través dun LIM ou libro interactivo achéganos información (situación xeográfica, a fauna, a flora, a arte...) e algunhas actividades sinxelas (xogo de memoria, emparellar, sopa de letras...) ATRÉVESTE A FACELO?? (clic na imaxe)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/system/files/lim/africa/lim_africa.html
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 08-12-2016 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIAS DE ÁFRICA: COMEZAMOS!!!

Ao fío do PDI de centro, A volta ao mundo en 80 historias, o alumnado de 3º e 4º de Primaria recibiu unha nova mensaxe de MIK arredor da investigación que teñen en marcha sobre ÁFRICA:

Tamén lles enviou un caderniño con información moi interesante sobre as marabillas que agocha este continente.
Con toda esta información comeza a aventura "Historias de África" que manterá moi ocupados e moi ilusionados aos nenos e nenas de terceiro e cuarto. ADIANTE, EXPLORADORES INTRÉPIDOS!!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 08-12-2016 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS HISTORIAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO!!
Novos traballos magníficos do noso alumnado e as súas familias. PARABÉNS!! Cada vez máis, o noso cole e a nosa biblioteca están quedando preciosos. Grazas a tod@s!!!



Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 19-11-2016 02:11
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS VIAXANDO!!
FANTÁSTICOS os traballos que cada día nos chegan desde os fogares do noso alumnado!! Grazas a eles viaxamos por todos os lugares do planeta en globo, en barco, en avión... pero, sobre todo, cun transporte máxico: os LIBROS! Canta imaxinación e creatividade!! PARABÉNS!! Seremos capaces de dar a volta ao mundo?? Pois claro!! A seguir viaxando!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 16-11-2016 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats