O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FUNDACIÓN CELTA DE VIGO: VIGO DÁ MOITO XOGO II
O luns, día 13 de xuño, a Fundación Celta de Vigo visitou o noso centro para realizar unha actividade, promovida polo Departamento de E. Física, enmarcada no proxecto sobre a nosa cidade: "Vigo dá moito xogo II". Desta vez, as propostas xiraban en torno ao deporte que máis atrae ao noso alumnado: o fútbol. Por suposto, entusiasmáronse co feito de que persoas do clube enseña da cidade, o "Celta de Vigo", foran as encargadas de dirixilas e compartilas coa rapazada. Ao finalizar, non faltaron as fotos asinadas dos futbolistas e unha rica lambetada. MOITAS GRAZAS!!!
Máis FOTOS
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 15-06-2016 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
FIN DE PROXECTO: EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE PRIMARIA ÁS ILLAS CÍES
Como actividade FIN DE PROXECTO, o venres, 10 de xuño, todo alumnado de E. Primaria do centro compartiu unha xornada inesquecible no incomparable marco natural das Illas Cíes, o noso paraíso, do que nos gabamos, queremos e coidamos como a máis fermosa das xoias que a natureza nos ofrece.
A aventura comeza no momento en que, moi ilusionados, chegamos ao porto para embarcar rumbo ás illas. Para algúns foi a súa primeira viaxe en barco!!!

Despois de 45 minutos de travesía pisamos o peirao á beira do areal de Rodas. A continuación, cada grupo realizou a ruta que tiña organizada, acompañados dos guías que nos ían mostrando os incribles tesouros que se espallan por todo o arquipélago.
Despois da camiñata baleiramos as mochilas coa fame que tiñamos.
Despois de comer, reunímonos na praia onde xogamos, falamos, rimos e refrescámonos un pouco.
E chegou a hora de regresar, polo que camiñamos de novo cara o barco que nos levaría ata Vigo. Mentras navegabamos non deixamos de mirar hacia atrás, vendo como as illas que nos acolleran ían quedando cada vez máis lonxe. Ao chegar a Vigo tod@s estabamos moi contentos por ter vivido unha experiencia tan fantástica.
SEGURIÑO QUE AXIÑA VISITAREMOS DE NOVO AS CÍES!!!Podedes ver unha morea de fotos chulísimas facendo CLIC AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 14-06-2016 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE VIGO

Xa temos unha nova actividade interactiva enmarcada no PDI de centro: Vigo. Desta vez vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de EP pero da que podemos gozar tod@s ao tempo que aprenderemos moitas cousas interesantes sobre a nosa cidade:







Para facelo en pantalla completa, clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 05-06-2016 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE TERCEIRO VISITA O MUSEO DO MAR
O mércores, 1 de xuño, o alumnado de terceiro de E. Primaria visitou o Museo do Mar, actividade programada dentro do PDI de centro arredor da nosa cidade. Alí agardábaos unha monitora que os acompañou durante o percorrido e que lles explicou moitas cousas interesantes sobre a vida no mar da Ría de Vigo.
Primeiro estiveron no acuario, onde observaron a variedade de animais que habita nas nosas costas.


A continuación puideron comprobar o inxenio do ser humano deseñando traxes e máquinas para explorar o mundo submariño. Así, viron a evolución, a través dos anos, dos traxes de mergullo e mesmo experimentaron, grazas a Kevin, o esforzo enorme que supoñía manter a unha persoa baixo a auga.


Despois descubriron un curioso submariño, deseñado e fabricado por Sanxurxo Badía, e souberon da relación que este mantivo con Xulio Verne.

Finalmente puideron entender as dificultades do ser humano para desenvolverse debaixo da auga experimentando e facendo exercicios de apnea:
PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS UN MONTÓN!!!

Para ver máis fotos clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 05-06-2016 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
VIGO, UNHA CIDADE DE CONTO
Xa están, recén saidiños do forno, os contos colectivos escritos e ilustrados polo alumnado do centro no marco das actividades arredor do PDI deste curso. Con todos eles elaborarase un novo exemplar para a sección de "Produción Propia" da nosa biblioteca. Xa temos unha estupenda colección!! PARABÉNS aos nenos e nenas e aos profes que dirixiron este fantástico traballo!!!
Vigo, unha cidade de conto:

E. Infantil: AS AVENTURAS DE LACAZÁN
1º e 2º de EP: O OVO MÁXICO DO DINOSETO

Terceiro e cuarto de EP: O TESOURO DAS ILLAS

Quinto e sexto de EP: MISTERIO A TRAVÉS DO TEMPO

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 03-06-2016 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
RUMBO ÁS ILLAS CÍES
Xa se están rematando os traballos relativos ao noso Proxecto Documental sobre a nosa cidade: Vigo, un mundo por descubrir. Así, o alumnado de terceiro e cuarto de EP debe realizar a seguinte proposta interactiva como actividade de repaso e autoavaliación. Se queredes aprender moitas cousas interesantes sobre as Illas Cíes intentade resolver todas as cuestións que nos plantexan. Seguro que o pasaredes moi ben!! ADIANTE!!
(Clic na imaxe de abaixo)
http://www.chiscos.net/almacen/lim/cies/lim.swf?libro=cies.lim

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 30-05-2016 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO PARA O ALUMNADO DE CUARTO: RUMBO ÁS ILLAS!
Hoxe recibimos una espléndida noticia! O alumnado de cuarto de Primaria acadou o segundo premio do concurso "Rumbo ás Illas", convocado polo Centro de Visitantes Cambón e dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP. Despois de asistir , xunto cos compañeiros de terceiro, e implicarse con moito entusiasmo en todas as actividades que lles plantexaron, os arroutados Rebeldes aceptaron o reto de elaborar un traballo que recollera os contidos da visita. A proposta era moi acaída ao Proxecto Documental deste curso polo que non dubidaron e puxéronse mans á obra. O resultado foi un precioso e orixinal mural que mereceu un espléndido segundo premio: unha visita guiada ás ILLAS CÍES. PARABÉNS A TOD@s polo fantástico traballo:

Comentarios (2) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 13-05-2016 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑO DA LINGUA

O martes, 8 de marzo, no marco do PDI sobre Vigo, a proposta do ENDLG do noso centro, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria gozaron do obradoiro Camiño da Lingua, que incluía probas lingüísticas, culturais, adiviñas, trabalinguas e xogos didácticos, o que resultou moi moi acaído ao noso proxecto xa que se xunguían coñecementos sobre a nosa lingua e sobre a nosa cidade. A unidade lúdica é o xogo da oca tematizado co personaxe de Buxo e cos lugares emblemáticos de Vigo.
Un taboleiro, un dado xigante, dous equipos e moitas ganas de divertirse foron os ingredientes desta fantástica actividade. Pasámolo xenial!!!!

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 09-03-2016 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNO DE TRABALLO SOBRE VIGO
O alumnado de 1º e 2º de EP xa están traballando no seu caderno de pescudas sobre o tema do PDI deste ano: Unhas pinceladas de Vigo Quedou moi chulo e seguro que vos encanta traballar nel!!!
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 07-03-2016 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ E PRAZA DAS APERTAS
Baixo o lema UNHA APERTA POLA PAZ, no noso centro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cunha actividade que relaciona esta conmemoración co tema do PDI que estamos a desenvolver este curso: Vigo, unha cidade por descubrir. Novamente, a nosa cidade proporcionounos o recurso máis acaído, A PRAZA DAS APERTAS, que como sabedes, é obra do artista Antón Pulido. Fixemos unha pequena recreación deste precioso recuncho no salón de actos e convidamos ao noso alumnado a ofrecer as súas apertas por un mundo mellor, máis tolerante e máis xusto. A convocatoria foi un éxito e as pombiñas, tan coloridas como a praza, transportaron as apertas que encheron as paredes. PARABÉNS A TOD@S!! O MUNDO SERÁ MÁIS FERMOSO ATEIGADO DE APERTAS!!
PODEDES VER TODAS AS FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 01-02-2016 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats