O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

REMATANDO OS TRABALLOS DO PDI DESTE CURSO
O alumnado de cuarto de EP, ao igual que o resto de nenas e nenos do cole, están rematando os últimos traballos relacionados co PDI deste curso. Metidos na tarefa de busca de información para preparar, en equipo, varios murais que recollen información sobre Newton, Edison, Galileo Galilei e Antón Pulido. Antes de poñerse a traballar tiveron que pensar, falar e tomar acordos e decisións, repartir tarefas... nunha palabra, PLANIFICAR.Aquí os tendes metidos en faena:
Comentarios (1) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 14-06-2015 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES INTERACTIVAS: O SOL (1º e 2º de EP)
Xa podemos xogar e aprender moitas cousas sobre o sol con estas actividades para 1º e 2º de EP (se queres velo en pantalla completa, preme no cadradiño que está arriba, á dereita):






Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 18-05-2015 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
DEPARTAMENTO CIENTÍFICO EP34 EN ACCIÓN!!
O Departamento Científico EP34 está traballando arreo no seu proxecto sobre a luz. Xa levan feitos varios experimentos cos que tentan demostrar as propiedades da luz e o seu comportamento nos diferentes medios. Como son uns auténticos científic@s van anotando todo no seu Caderno do científico"!!
A continuación podedes velos en acción, explicando magnificamente a refracción da luz e o punto focal a partir do que veremos os obxectos invertidos:

Podedes ver más experimentos AQUÍ, AQUÍ , AQUÍ ou AQUÍ. Pero se navegas polo seu blog MI AULA, atoparás moitas cousas interesantes sobre o seu traballo.

Para ver as FOTOS preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 11-05-2015 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLANDO NO NOSO PDI SOBRE A LUZ
Xa estamos na recta final dos traballos de recollida de información e elaboración de documentos sobre o noso PDI deste curso. O Departamento Científico EP-34 está traballando arreo e anotando nos seus cadernos os resultados. Aquí vos deixo unha mostra do que se está facendo nas aulas:
Presentando o Departamento científico:


Científic@s e investigadores:
Os experimentos de terceiro:
Os experimentos de cuarto:Fabricando o arco da vella
O círculo de Newton:

Isto promete!! Pouco a pouco iremos mostrando o resto dos traballos. PARABÉNS A TOD@S!!!
Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 17-04-2015 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
MATEMÁTICAS E LUZ
Xa temos a disposición do profesorado e do alumnado o caderno de Matemáticas para o segundo e terceiro ciclos de Primaria, integrado no PDI sobre a luz. Ao igual que o curso pasado, procurouse empregar tipos de texto pouco habituais, de xeito que o alumnado ha de desenvolver diferentes estratexias e habilidades lectoras para realizar con éxito o traballo. Neste caso, o reto consiste en que parte da información que necesitan deberán atopala nas facturas de electricidade, o que esixe un esforzo de lectura e de comprensión.
A proposta de traballo conducirá a un mellor aproveitamento da enerxía eléctrica.
Agardamos que vos guste. A TRABALLAR!:

Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 16-03-2015 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
CUARTO DE EP INVESTIGA NA BIBLIOTECA SOBRE A LUZ
Xa anda todo o alumnado do centro metido en faena coas súas investigacións sobre a LUZ. Varios grupos utilizan os seus Cadernos do científic@ para anotar todo o que vaian facendo arredor do proxecto. Primeiramente tiveron que entrenar co uso dos materiais de consulta e, despois, analizar como facían os científicos as súas investigacións e aplicar ese método ás súas propias pescudas. E niso están os nenos e nenas de cuarto, na biblioteca, consultando a bibliografía que tiñan seleccionada sobre o tema. Por suposto, xa pasaran pola interrogación sobre o fenómeno da luz, a observación e a elaboración das hipóteses. Agora están contrastando coas fontes de información. PARABÉNS a tod@s!! Sodes uns auténticos científic@s!!

TODAS AS FOTOS AQUÍ
Comentarios (2) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 02-03-2015 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
QUE PASA CON MIK??
Xenial!! Hoxe, o noso amiguiño MIK continuou coas súas visitas ás aulas, repartindo cartas para que todos os nenos e nenas do cole lle fagan un dos traballiños que tanto lle gustan. Pero..., a que non sabedes o que lle pasou con tantos paseos?? Pois que perdeu as gafas!! Ai, que demo de MIK!! Primeiro perde o gorro e agora as gafas... E alá foi a rapazada en busca delas. Con tantos ollos a buscar, logo as atoparon enriba dunha árbore. Que nen@s tan espilid@s!! Bueno, agora só queda traballar un pouquiño. Xa estamos desexando ver as vosas artistadas. Seguide atent@s, axiña haberá máis novas!!
Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 30-09-2014 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
DÉIXATE ILUMINAR POLA LECTURA!!

Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 29-09-2014 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
QUENTANDO MOTORES
Pois si!!! Xa ando maquinando actividades divertidas e moi luminosas para o día 24 de outubro. Ese día atoparémonos na biblioteca outra vez, para vivir unha morea de novas aventuras e pasalo requetebén tod@s xunt@s. Como xa sabedes, este ano imos investigar e aprender moitas cousas sobre A LUZ para o que contamos coa axuda da miña amiga Luciña, a quen pronto coñeceredes "en persoa". Xa veredes que simpática é!! Bueno, ide contando con facer algún traballiño escintilante coas vosas familias para celebrar esa data tan especial. E, como di LUCIÑA, este curso... "Déixate iluminar pola LECTURA!!"
Moitos bicos ratunos e moi, moi, luminosos.



Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 29-09-2014 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS DE MIK!!
Hoxe, o noso ratiño MIK andou visitando todas as aulas para traernos unhas cartas chulísimas nas que nos falaba dunha nova amiguiña que estamos desexando coñecer, LUCIÑA! Despois de ler atentamente a súa mensaxe, pediunos axuda porque, con tanto trafego polos preparativos da festa da biblio, perdera o seu GORRO!! E, claro!, tod@s nos puxemos a buscar durante o recreo para atopar o seu gorriño verde. Que contento se puxo cando Luis e Hugo deron con el!! Agora xa está todo guapo na biblioteca, agardando por nós. Bueno, MIK, se necesitas axuda novamente xa sabes que estamos dispost@s a botarche unha man!
Aquí tendes ao alumnado de terceiro recibindo a Mik e lendo a súa carta. Se queres lela ti tamén, preme AQUÍ.

Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 26-09-2014 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats