O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

QUE LIORTA, MIÑA MADRIÑA!!!
Ai, ai , ai...amiguiñ@s: que liorta que acaba de suceder! Cóntovos: 

Eran sobre as 7 da tarde. Só se escoitaba a vasoira da señora da limpeza... ata que, de súpeto oín unha tremendísima discusión. Achegueime con moito tino de que non me vise ninguén, puxen en forma as miñas orellas de rato...
Nestas vexo un calamar xigante... si, grande, pero grande, que viña acompañado dunha chea de peixes de cores e algunha que outra medusa fachendosa.
Alí comezaron a falar a voces:


Calamares.- Eh, señores elefantes !! Protexedes a selva, as nubes, o río e tamén os mares. Que vai pasar cos que andamos polas profundidades? Acaso, por ser elefantes credes que tedes dereito a mandar nos calamares?

Elefante 1.- Tranquilos, seres de moitos brazos. Con vós ninguén se meteu. Non esteades preocupados. Seguide no fondo do mar. O home é un perigo na terra, onda vós non vai chegar. Se vos vedes en perigo, entón si que nos avisades. Estaredes protexidos por todos os elefantes.

Calamares.- Non queremos protección, xa volo dixemos antes. Vimos aquí a reclamar. Queremos ser gobernantes! Estar coma vós, aí ben cómodos subidos. A ver se credes que sodes os únicos entendidos.

Elefante 2.- Compartir estas alturas? Pero... señor calamar !! se en canto vos quitan da auga non sabedes respirar. Non nos veñades con contos. Cada un no seu lugar. Que prendan as luces da sala, que hai que continuar!!

Non sei que pasará o venres 8... pero algo moi serio. Co susto que levei esquecín a cámara de fotos. Mañá, se voltan os calamares, quítolles unhas fotos. Ata mañá. Non esquezades as ordes de don Porcallán!!
Comentarios (5) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 05-02-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
AS CAVILACIÓNS DE MIK: PANCHO!!
QUE INTRIGA!!!
Amiguiños e amiguiñas: esta fin de semana, aproveitando a calma que hai no cole, saín dar un paseíño (para investigar, claro). Atopei un elefantiño gris que se chama PANCHO. Fíxenme amigo del e levoume a xogar onde ten o seu agocho. Sabedes onde xoga?... na aula de música !! Xa sei onde se agochan os elefantes...!!
Ademais atopei unha morea de papeis que parecían o borrador dunha fascinante historia... Contaban que Pancho, cando era pequeno, caeu na trampa dos homes por non andar con coidado e que de maior propúxose alonxar a todos os animais do reino das trampas que preparaban estes desalmados.
Pola aula hai crocodilos, un polbo, medusas, peixes luminosos... e uns granxeiros e granxeiras que vixían a granxa para que os elefantes non manden nelas... Pancho tamén me dixo que o seu pai sabe como enganar a eses granxeiros... A mágoa é que non aparece o final desta historia e ninguén sabe como remata a cousa.
E, por certo, que pinta un porco mandón no medio de todo isto?
Pancho contoume que seguindo "A SENDA DOS ELEFANTES" chegaremos ao venres día 8 e alí desvelarán o final deste conto...
Non o penso perder!!

Aquí vos deixo
unha copia do misterioso papel que atopei no ordenador de música.

Comentarios (18) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 04-02-2013 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
DON PORCALLÁN
Xa vos dixen que neste cole están pasando cousas ben raras: hai moito movemento..., uns cantan por aquí, outros bailan por alá... Que non o credes? Pois aquí vos mando un par de "probas do delito":


Aínda teño que continuar coas pescudas porque oín dicir que este porquiño que aquí vedes chámase "Don Porcallán" e que ademais é bastante mandón.
Seguirei investigando, que... "aquí hai tomate!"
Bicos ratunos para todos e todas.
MIK
ORDES DO MECO
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 03-02-2013 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
QUE VEN O ENTROIDO!! (RECURSOS)
No menú lateral de navegación atoparás a ligazón á nosa recompilación de actividades e recursos arredor do entroido. Tamén podes acceder ás nosas festas troldeiras doutros anos premendo AQUÍ



Comentarios (1) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 02-02-2013 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
QUE VEN O ENTROIDO!!
Se queredes aprender moitas cousas sobre o entroido galego atrevédevos con estas divertidas actividades. Lede con atención para non ter erros nas respostas. ÁNIMO VALENTES!!
(Para velo en pantalla completa preme AQUÍ)

Comentarios (2) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 02-02-2013 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
AS CAVILACIÓNS DE MIK
Queridos amigas e amigos: eu non sei o que está a pasar estes días no colexio. Polas noites... oio ruídos! Onte mesmo, saín dar unha volta a ver se algún neno dos do comedor deixara algunha faragulla de queixo polo chan e... Ohhhh!! escoitei uns pasos... e logo unha voz que dicía... Peeeeelotón !! cara adiante... un, dous, tres... catro e un, dous tres... Agocheime nun buraco... Vin ? uns elefantes? grandes, pero grandes... e outros andan polas paredes! De cando en vez escoito un son que parece un porquiño. Xa sei que estades pensando que debín de soñar, pero NON. Estade atent@s por se vedes un porquiño, todo rosadiño. Esta noite vou estar máis atento e penso coller a miña cámara de fotos para que vexades que o que vos conto é verdade. Palabra de Rato!! Agardade e veredes. Ata mañá. Bicos ratunos. 


Comentarios (4) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 29-01-2013 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats