O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENTROIDO 15/16: ISTO É VIGO!!!
Que ben o pasamos hoxe no entroido do cole!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido baseouse no PDI que estamos traballando polo que, como xa supoñedes, todo xirou arredor da nosa cidade. A función levaba o título ISTO É VIGO e contaba dun xeito moi peculiar e orixinal unha fantástica historia de Vigo, desde a súa orixe ata o momento actual. Todo comezou cuns estraños personaxes moi atarefados na busca dun obxecto moi valioso. Estes personaxes fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo no escenario:
A acción comeza cunha tribu de INDIOS dun afastado país que atopa un libro máxico que fala dun lugar marabilloso que deben descubrir por mandado do deus Manitú:
Nese magnífico lugar viven pacificamente os "CASTREXOS":
Pero son atacados por uns PIRATAS moi malvados e moi bailóns:
Despois de moitas loitas e enfrentamentos, chegan a convivir en harmonía. Desta xuntanza, logo de varias xeracións, xurdiu o Vigo actual, cos seus inconfundibles sinais de identidade. Así entrou en acción o CELTA DE VIGO!!!
Por suposto, tamén estaba CITROËN!!!
E VITRASA!!
E que sería da nosa cidade sen os miles de TURISTAS de todo o mundo que a visitan por terra e por mar?
Non podían faltar os MARIÑEIROS, as PESCANTINAS e as "SEÑORITAS que mercaron todo o peixe:
E apareceu... MANOLA!!!
Con tanto trafego, a pobre Manola sufre un "sofocón" que require a intervención inmediata do persoal médico que vixiaba o evento (serían médic@s do Álvaro Cunqueiro?) A rapidez, a eficacia e o bo facer destes profesionais logran a recuperación milagreira da enferma:
E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!
Podedes ver unha morea de fotos simpáticas facendo clic AQUÍ.
E estade atentos porque axiña teremos o VÍDEO!!!


ACTUALIZACIÓN:
Xa temos listo o vídeo da representación. Grazas, profe Vinca!!
Comentarios (5) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 05-02-2016 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
DESLUMBRADOS!! ENTROIDO 2015
"Deslumbrados" foi o título do espectáculo do entroido deste ano, e deslumbrados quedamos tod@s co bo facer e a "profesionalidade" do noso alumnado, desde os máis cativos ata os maiores. Como sempre, as familias acudiron á cita para gozar duns momentos agradables e moi entretidos. Os disfraces resultaron moi coloridos e orixinais e actores e actrices ofrecéronnos unha actuación digna dos óscar de Hollywood. Tal e como suxire o título, a obra xirou arredor do noso PDI sobre a luz. Así, tivemos uns piratas ladróns e uns electricistas chapuzas que provocaron unha enorme desfeita coa electricidade, polo que houbo que pedir axuda a romanos e superheroes. Menos mal que todo quedou arranxado grazas a uns ecolóxicos paneis solares.
Pero bueno, imos pouco a pouco:
Os nenos e nenas de segundo abriron a representación co "tren do entroido":


Despois chegaron uns terribles piratas que roubaron enchufes e cables:
Os donos da casa tiñan moito traballo e chamaron a unha limpiadora:

Pero tivo que pedir axuda a unha empresa de limpeza:
Foise a LUZ!!! Hai que chamar aos electricistas!!
Isto está moi complicado. É cousa de romanos!!!:
Ai, ai ai!! Un estourido!! Vaia chapuza!! Xa só quedan esqueletos e fantasmas!! Que desfeita!!
Hai que arranxar isto!! Chamen aos superheroes!!
Menos mal!! Xa temos solución: paneis solares!! Viva a enerxía limpa!!!
E así, recuperamos a luz e puidemos cantar e bailar e berramos ben alto: "QUE VIVA O ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!"
Por certo, tamén houbo por alí uns personaxes ben raros, sabedes quen son?

E se queres ver moitas máis fotos requetechulas, preme AQUÍTamén teremos os vídeos moi pronto. ESTADE ATENT@S!!
Comentarios (9) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 13-02-2015 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
DON BOMBILLÓN MANDA!!
Xa estou aquí outra vez!!! Como imaxinades, seguín investigando na aula do profe Toniño e... apareceu un "bombillón" que me dixo que xa tiña preparados os mandados da semana do entroido. Pero non pensedes que acaba aí a cousa. Pescudando, pescudando, tamén atopei a obra de teatro! Se queres lela preme AQUÍ.
Menuda cara vai poñer o profe con esta trasnada!!! Pero así vai a cousa no TEMPO DE ENTROIDO!!! 
Moitos bicos ratunos e moi, moi, trouleiros. 
MIK
Para ver os MANDADOS de DON BOMBILLÓN preme na imaxe de abaixo:
Comentarios (32) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 04-02-2015 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
ALERTA!!! CHEGA O ENTROIDO!!!
Atención rapaces e rapazas!!! Hoxe, nun paseo que me din pola aula de música dei cos segredos que ten ben gardadiños o profe Toniño. Por alí, fedellando entre instrumentos e partituras, atopei unhas cancións moi chulas que seguro que teñen algo que ver co entroido. Vounas poñer aquí (pero non llo contedes a el, eh!):
XIQUI XOQUE
PEPE TRAE LA ESCOBA
ME PONGO DE PIE "CACHUREOS"
CHINDOLELÉ
SUPERHEROES
DAME VIDA
XA PODEDES IR PRACTICANDO, pero... moito coidado, É UN SEGREDO!! (Shsssssss)
Comentarios (21) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 03-02-2015 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO MESTRES GOLDAR: CONTOS EN BRANCO E GRANA
Hoxe celebramos no cole a festa do ENTROIDO. Resultou un espectáculo moi divertido no que houbo de todo: cociñeiros, pescantíns, camareiros, froitas, contos, bailes e ata... FÚTBOL!! O noso mestre de cerimonias, o profe Toniño, dirixiu e coordinou maxistralmente a obra de teatro na que participaron todo o alumnado do centro, mamás e profes. Como sempre, moitas familias acudiron á cita para compartir con nós a troula e animarnos cos seus calurosos aplausos. PARABÉNS a tod@s pola magnífica representación e MOITAS GRAZAS ás mamás e papás pola súa colaboración achegando creativos e orixinais disfraces para os nenos e nenas.Así transcorreu a historia:
Os pescadores e pescadoras de tres anos trouxeron peixe fresquiño:

Os cociñeiros e cociñeiras de 4 e 5 anos prepararon un rico polo asado cunha "salsa" moi especial:
E, claro, chegaron os camareiros para servir a mesa:

Tamén tivemos un "saudable" desfile de modelos movéndose "a todo ritmo":
E viñeron os contos da avoa. Primeiro "A frautista de Hamelín":
Paxariños famentos e unha boa enchenta de froitas. Menos mal que había un espantallo!
"A ratiña fachendosa":
E... O FÚTBOL!! R. Madrid, Barça e CELTA!!
E para rematar, o sorteo de dúas cestas cheas de ricos manxares:

GUSTOUVOS?? POIS ESTADE ATENT@S PORQUE HAI MÁIS!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (4) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 28-02-2014 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
DON LAMBÓN QUERE SABER...
Xa está DON LAMBÓN facendo das súas!! Agora di que temos que aprender máis sobre a festa que imos celebrar o venres. QUERES SABER MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO?? Pois atrévete con estas divertidas actividades que che propón MIK, a ver cantas respostas acertas para enrabechar a DON LAMBÓN!! SORTE!!

Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 26-02-2014 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGOU DON LAMBÓN!!
Hoxe, cando chegamos ao cole, estaba agardando no corredor un personaxe singular: DON LAMBÓN!! E moito coidado, porque ademáis de ser lambón tamén é moi, pero que moi... MANDÓN!! Xa sabedes, hai que obedecer porque quen sabe o que terá argallado este cociñeiro tan particular. Eu xa teño preparadas as prendas de toda a semana, non vaia ser que me deixe sen unha migalliña de queixo!! E vós?? Andade espilidos e non vos esquezades de poñer cada día o que manda DON LAMBÓN.


Aquí tendes os "MANDADOS" de DON LAMBÓN:
Comentarios (1) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 24-02-2014 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
MERDEIROS NO COLE!!
Menuda sorpresa!! Hoxe tivemos unha visita inesperada que irrumpiu sen avisar nas nosas aulas: uns "merdeiros" moi espilidos que nos deixaron pegados á silla co susto que nos deron. Despois, cando recuperamos a respiración, descubrimos que detrás das carautas andaban os nenos e nenas de sexto anunciando, deste xeito, que xa está aquí o ENTROIDO. Aixa explicounos con todo detalle moitas cousas interesantes sobre estas máscaras típicas da cidade de Vigo e describiunos a súa vestimenta. Moitas grazas, rapaces, pasámolo moi requetebén!!
Ver ÁLBUM COMPLETO  

Na actualidade,o merdeiro é a única figura do entroido urbano que queda en Galicia. Rosa González, do "Ceip O Pombal", fixo este LIM sobre o entroido en Vigo e sobre os merdeiros.

Tamén podedes facer a seguinte webquest sobre este personaxe:
Comentarios (2) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 20-02-2014 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
UN REPORTEIRO MOI DICHARACHEIRO...
... Amigas e amigos todos!! AQUÍ VOS TRAIO A CRÓNICA DO QUE PASOU NO ENTROIDO, que xa estaba eu moi impaciente e non sabía nin que facer co rabo. Para ir de camuflaxe puxen o meu disfraz de pirata e...coleime sen que ninguén me vise e entereime de todo, todiño...!! Vin o teatro de sombras que fixeron os magos de 6º; ao porquiño rosadiño que se me pareceu mogollón a Nerea de 3º...!!Que ben bailou!! Había dous crocodilos parecidísimos a Daniel e Marcos... unha chea de pingüíns. Apareceu o mar recitando... Os seus movementos e a súa dozura lembrábanme a Andrea de 4º... Ai, Ai!! que ben o pasei!!. Resulta que os elefantes apartaron ao home do reino e na granxa mandou o porco, pero só gobernaba para os seus amigos e aos demais deixounos arruinadosssss! Por iso os animais da granxa o colgaron das espaldeiras pero logo arrepentiuse e pediulles perdón. Entón, os da granxa perdoárono e en vez de porco comeron "calamares guisados" Por certo, os calamares enfadáronse outra vez cos elefantes e soltaron a súa tinta. Houbo unha marea negra que non vexas... Pero...?? Por todos os queixos de bóla!! Traición, sabotaxe!! nun descoido alguén colleu confundida a miña cámara das fotos. Sabedes onde está?... Porfi, eran chulísimas pero agora teño que buscala. De momento só teño estas dúas. Se a atopades, avisade!! Bicos ratunos de Mik. Pasádeo moi ben no entroidoooo!!.

BUENO... Por se Don Porcallán me roubou a miña cámara de fotos podedes ir vendo a reportaxe fotográfica na páxina do cole premendo AQUÍ

Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 09-02-2013 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
AS PROBAS DO DELITO!!



Aí van as probas da discusión dos calamares cos elefantes. Tamén había algún peixe e medusas... así botaron a noite discutindo ata que chegou esta pinga de auga, que debía estar a durmir e lles botou un chaparrón que os deixou a todos finos.
O venres está chegando... queres saber como remata a historia?...
Pois agárdovos o venres 8, ás 11.45 no ximnasio do cole. Non o perdas que "Vai arder o planeta!"
Bicos ratunos a tod@s.



MIK

Comentarios (17) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 06-02-2013 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats