O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENTROIDO 2017: POR CULPA DUN POKEMON
O venres celebramos, como cada ano, a festa do entroido. Este curso, ao fío do noso PDI, pasaron polo escenario numerosos países e culturas do mundo, dentro do espectáculo "POR CULPA DUN POKEMON", obra de teatro na que participou todo o alumnado do centro, o profesorado e os compoñentes da directiva da ANPA.
Así, a India estivo representada polos nenos e nenas de E. INFANTIL:
Os nenos e nenas de 1º de EP fixeron de pequenos durmiñáns ao arrolo de Pedro Chosco:
Os nenos e nenas de 2º de EP foron de nutritivas hortalizas para o cocido do entroido:
O continente africano estivo magnificamente representado polos nenos e nenas de 3º e 4º de EP:
Os nenos e nenas de 5º foron os representantes dos países orientais e introduciron o espectáculo cun excelente número de mímica:
Os representantes das familias leváronnos a Cuba cun baile moi caribeño:
O alumnado de sexto repertiuse entre Pokemons, cazapokemons e científicos:
Os profes fixeron, tamén, de científicos tolos:
PASÁMOLO XENIAL!!!! A continuación podedes ver algunhas imaxes:
Se queredes acceder ás FOTOS, clic AQUÍ
Aproveitamos para dar as GRAZAS a todas as familias pola súa colaboración e a súa asistencia; aos profes, pola súa dedicación, en especial ao creador e organizador, profe Toniño, á profe Paloma polas súas coreografías e ao case profe Jacobo polo deseño e elaboración dos decorados. E, por suposto, moitos PARABÉNS ao alumnado polo seu bo facer e profesionalidade. MOITOS BICOS RATUNOS E ATA O ANO QUE VEN!!!
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 26-02-2017 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
O MECO MANDA!!!
Así de guap@s e internacionais apareceron hoxe os nenos e nenas de cuarto de EP, obedecendo, como corresponde, as ordes do meco. FANTÁSTIC@S!!!
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 22-02-2017 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGA O ENTROIDO!!!
Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 24 o FESTIVAL de Entroido do 2017 que este ano leva por título “Por culpa dun Pokemon”.
ORDES DO MECO:
LUNS
UN COLAR FEITO A MAN NO NOSO CORPO LUCIRÁ
MARTES
UN ADORNO VEXETAL É UN ALIMENTO ORIXINAL
MÉRCORES
A VOLTA Ó MUNDO DAREMOS E UN GORRO DE CADA PAÍS TRAEREMOS
XOVES 

OS NOSOS OLLOS ADORNAREMOS E MÁIS FEITIÑOS ESTAREMOS
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 22-02-2017 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 15/16: ISTO É VIGO!!!
Que ben o pasamos hoxe no entroido do cole!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido baseouse no PDI que estamos traballando polo que, como xa supoñedes, todo xirou arredor da nosa cidade. A función levaba o título ISTO É VIGO e contaba dun xeito moi peculiar e orixinal unha fantástica historia de Vigo, desde a súa orixe ata o momento actual. Todo comezou cuns estraños personaxes moi atarefados na busca dun obxecto moi valioso. Estes personaxes fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo no escenario:
A acción comeza cunha tribu de INDIOS dun afastado país que atopa un libro máxico que fala dun lugar marabilloso que deben descubrir por mandado do deus Manitú:
Nese magnífico lugar viven pacificamente os "CASTREXOS":
Pero son atacados por uns PIRATAS moi malvados e moi bailóns:
Despois de moitas loitas e enfrentamentos, chegan a convivir en harmonía. Desta xuntanza, logo de varias xeracións, xurdiu o Vigo actual, cos seus inconfundibles sinais de identidade. Así entrou en acción o CELTA DE VIGO!!!
Por suposto, tamén estaba CITROËN!!!
E VITRASA!!
E que sería da nosa cidade sen os miles de TURISTAS de todo o mundo que a visitan por terra e por mar?
Non podían faltar os MARIÑEIROS, as PESCANTINAS e as "SEÑORITAS que mercaron todo o peixe:
E apareceu... MANOLA!!!
Con tanto trafego, a pobre Manola sufre un "sofocón" que require a intervención inmediata do persoal médico que vixiaba o evento (serían médic@s do Álvaro Cunqueiro?) A rapidez, a eficacia e o bo facer destes profesionais logran a recuperación milagreira da enferma:
E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!
Podedes ver unha morea de fotos simpáticas facendo clic AQUÍ.
E estade atentos porque axiña teremos o VÍDEO!!!


ACTUALIZACIÓN:
Xa temos listo o vídeo da representación. Grazas, profe Vinca!!
Comentarios (5) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 05-02-2016 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
DESLUMBRADOS!! ENTROIDO 2015
"Deslumbrados" foi o título do espectáculo do entroido deste ano, e deslumbrados quedamos tod@s co bo facer e a "profesionalidade" do noso alumnado, desde os máis cativos ata os maiores. Como sempre, as familias acudiron á cita para gozar duns momentos agradables e moi entretidos. Os disfraces resultaron moi coloridos e orixinais e actores e actrices ofrecéronnos unha actuación digna dos óscar de Hollywood. Tal e como suxire o título, a obra xirou arredor do noso PDI sobre a luz. Así, tivemos uns piratas ladróns e uns electricistas chapuzas que provocaron unha enorme desfeita coa electricidade, polo que houbo que pedir axuda a romanos e superheroes. Menos mal que todo quedou arranxado grazas a uns ecolóxicos paneis solares.
Pero bueno, imos pouco a pouco:
Os nenos e nenas de segundo abriron a representación co "tren do entroido":


Despois chegaron uns terribles piratas que roubaron enchufes e cables:
Os donos da casa tiñan moito traballo e chamaron a unha limpiadora:

Pero tivo que pedir axuda a unha empresa de limpeza:
Foise a LUZ!!! Hai que chamar aos electricistas!!
Isto está moi complicado. É cousa de romanos!!!:
Ai, ai ai!! Un estourido!! Vaia chapuza!! Xa só quedan esqueletos e fantasmas!! Que desfeita!!
Hai que arranxar isto!! Chamen aos superheroes!!
Menos mal!! Xa temos solución: paneis solares!! Viva a enerxía limpa!!!
E así, recuperamos a luz e puidemos cantar e bailar e berramos ben alto: "QUE VIVA O ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!"
Por certo, tamén houbo por alí uns personaxes ben raros, sabedes quen son?

E se queres ver moitas máis fotos requetechulas, preme AQUÍTamén teremos os vídeos moi pronto. ESTADE ATENT@S!!
Comentarios (9) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 13-02-2015 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
DON BOMBILLÓN MANDA!!
Xa estou aquí outra vez!!! Como imaxinades, seguín investigando na aula do profe Toniño e... apareceu un "bombillón" que me dixo que xa tiña preparados os mandados da semana do entroido. Pero non pensedes que acaba aí a cousa. Pescudando, pescudando, tamén atopei a obra de teatro! Se queres lela preme AQUÍ.
Menuda cara vai poñer o profe con esta trasnada!!! Pero así vai a cousa no TEMPO DE ENTROIDO!!! 
Moitos bicos ratunos e moi, moi, trouleiros. 
MIK
Para ver os MANDADOS de DON BOMBILLÓN preme na imaxe de abaixo:
Comentarios (32) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 04-02-2015 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
ALERTA!!! CHEGA O ENTROIDO!!!
Atención rapaces e rapazas!!! Hoxe, nun paseo que me din pola aula de música dei cos segredos que ten ben gardadiños o profe Toniño. Por alí, fedellando entre instrumentos e partituras, atopei unhas cancións moi chulas que seguro que teñen algo que ver co entroido. Vounas poñer aquí (pero non llo contedes a el, eh!):
XIQUI XOQUE
PEPE TRAE LA ESCOBA
ME PONGO DE PIE "CACHUREOS"
CHINDOLELÉ
SUPERHEROES
DAME VIDA
XA PODEDES IR PRACTICANDO, pero... moito coidado, É UN SEGREDO!! (Shsssssss)
Comentarios (21) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 03-02-2015 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO MESTRES GOLDAR: CONTOS EN BRANCO E GRANA
Hoxe celebramos no cole a festa do ENTROIDO. Resultou un espectáculo moi divertido no que houbo de todo: cociñeiros, pescantíns, camareiros, froitas, contos, bailes e ata... FÚTBOL!! O noso mestre de cerimonias, o profe Toniño, dirixiu e coordinou maxistralmente a obra de teatro na que participaron todo o alumnado do centro, mamás e profes. Como sempre, moitas familias acudiron á cita para compartir con nós a troula e animarnos cos seus calurosos aplausos. PARABÉNS a tod@s pola magnífica representación e MOITAS GRAZAS ás mamás e papás pola súa colaboración achegando creativos e orixinais disfraces para os nenos e nenas.Así transcorreu a historia:
Os pescadores e pescadoras de tres anos trouxeron peixe fresquiño:

Os cociñeiros e cociñeiras de 4 e 5 anos prepararon un rico polo asado cunha "salsa" moi especial:
E, claro, chegaron os camareiros para servir a mesa:

Tamén tivemos un "saudable" desfile de modelos movéndose "a todo ritmo":
E viñeron os contos da avoa. Primeiro "A frautista de Hamelín":
Paxariños famentos e unha boa enchenta de froitas. Menos mal que había un espantallo!
"A ratiña fachendosa":
E... O FÚTBOL!! R. Madrid, Barça e CELTA!!
E para rematar, o sorteo de dúas cestas cheas de ricos manxares:

GUSTOUVOS?? POIS ESTADE ATENT@S PORQUE HAI MÁIS!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (4) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 28-02-2014 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
DON LAMBÓN QUERE SABER...
Xa está DON LAMBÓN facendo das súas!! Agora di que temos que aprender máis sobre a festa que imos celebrar o venres. QUERES SABER MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO?? Pois atrévete con estas divertidas actividades que che propón MIK, a ver cantas respostas acertas para enrabechar a DON LAMBÓN!! SORTE!!

Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 26-02-2014 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGOU DON LAMBÓN!!
Hoxe, cando chegamos ao cole, estaba agardando no corredor un personaxe singular: DON LAMBÓN!! E moito coidado, porque ademáis de ser lambón tamén é moi, pero que moi... MANDÓN!! Xa sabedes, hai que obedecer porque quen sabe o que terá argallado este cociñeiro tan particular. Eu xa teño preparadas as prendas de toda a semana, non vaia ser que me deixe sen unha migalliña de queixo!! E vós?? Andade espilidos e non vos esquezades de poñer cada día o que manda DON LAMBÓN.


Aquí tendes os "MANDADOS" de DON LAMBÓN:
Comentarios (1) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 24-02-2014 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats