O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O CICLO DA AUGA
Esta fantástica representación do ciclo da auga foi realizada polo alumnado de Infantil para o proxecto documental de centro. Os nosos PARABÉNS aos nenos, nenas e profesorado polo magnífico traballo que realizaron e que nos axuda a todos a comprender este fenómeno natural tan importante na vida do noso planeta:


VER MÁIS FOTOS
Comentarios (2) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 18-06-2013 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDO CICLO INVESTIGA
Os nenos e nenas do segundo ciclo están metidos en plena voráxine investigadora. Cada equipo busca as fontes de información, selecciona, le, resume, escribe, comproba, cotexa... Son auténticos detectives da información e están facendo un espléndido traballo!! PARABÉNS!!
SEGUNDO CICLO INVESTIGA on PhotoPeach

Premendo na imaxe de abaixo podes ver algunhas das súas fontes (materiais achegados polas familias e a biblioteca do centro para a busca e exposición no seu ciclo):
Comentarios (1) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 26-04-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
OS RETOS DE PINGUIÑA
Dentro das actividades propostas pola biblioteca arredor do PDI sobre a AUGA, levamos a cabo un xogo/reto que nos serviría para ampliar o noso vocabulario sobre a auga. Participou todo o alumnado do centro coa nosa Pinguiña de mestra de ceremonias. O xogo consistía en que cada curso/nivel tería que preparar un grupo de palabras aprendendo o seu significado ou significados e atopar a definición entre as posibilidades que se lles presentaban. Por suposto, o nivel de dificultade variaba segundo a idade do alumnado. Cada vez que se relacionaba A PALABRA CORRECTAMENTE CO SEU SIGNIFICADO os nenos e nenas que as portaban terían que abrazarse. Foi moi divertido ao tempo que moi proveitoso. PARABÉNS!!
Primeiro chegou una
carta de Pinguiña, dando as instrucións: cada curso coas súas palabras e definicións escritas en cartolinas de cores..., despois os días de traballo entre todos e todas agardando a visita de Pinguiña e, por fin!, a chegada da nosa amiga ás aulas, acompañada dunha misteriosa maleta...

PASÁMOLO REQUETEBÉN! GRAZAS PINGUIÑA!! Se queredes ver o ben que o pasaron premede nos pés de foto.
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 1º CICLO
O RETO DE PINGUIÑA EN 3ºEP
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 4º EP
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 5ºEP
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 6º EP

O RETO DE PINGUIÑA EN EI


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 15-04-2013 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
SE CHOVE. TREIXADURA
Videoclip do tema "Se Chove" interpretado por Treixadura ao vivo en Cambados en 2010. Para escoitar ao tempo que chove...
Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 09-04-2013 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
CHOIVA DE PALABRAS
Gracias a Charo, do IES Sánchez Cantón, tivemos coñecemento desta completa CHOIVA DE PALABRAS, REFRÁNS, DITOS,...do profesor Anxo González Guerra, moi acaída para o noso proxecto documental sobre a auga, coa que poderemos ampliar o noso vocabulario:

Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 08-04-2013 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
OS RÍOS - ACTIVIDADES LIM
Actividades interactivas sobre OS RÍOS dirixidas ao 2º e 3º ciclos de Primaria. Trátase de materiais complementarios elaborados arredor da AUGA, Proxecto Documental que se está levando a cabo no noso centro:

OS RÍOS I: CONCEPTOS BÁSICOS E RÍOS GALEGOS









OS RÍOS II: PRINCIPAIS RÍOS DE ESPAÑA E DO MUNDO








ACTIVIDADES EN CASTELÁN
Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-04-2013 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
A AUGA NO NOSO PLANETA
Actividades interactivas sobre a auga, dirixidas ao 1º ciclo de Primaria e elaboradas por Antonio Aires G. Un excelente xeito de aprender xogando!! (se queres facelo a pantalla completa preme no cadradiño da dereita):







Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-04-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA


O Día Internacional da auga celébrase anualmente o 22 de Marzo como un medio para chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a necesidade de reivindicar unha Xestión Sustentable deste recurso. No noso centro estase levando a cabo un Proxecto Documental Integrado arredor da auga coa intención de crear no noso alumnado unha visión ampla e concienciada sobre este recurso fundamental. Atoparedes toda a información do proxecto na site creada para tal fin.

Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 20-03-2013 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
CHOIVA DE DESEXOS!!
De novo chegou o carteiro ás aulas do noso cole!! Xa tiñamos ganas de recibir noticias de Mik e Pinguiña, que, como era de supoñer, facíannos unha proposta moi divertida para realizar en colaboración coas nosas familias: unha CHOIVA DE DESEXOS!! Que guai!!
Queredes ver en que consiste? Pois abride os sobres e lede as cartas:


A que vos gustou a idea?? Pois veña, que xa estamos desexando ver os vosos estupendos traballos!!
Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-12-2012 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
E CHOVERÁ...
Dentro das actividades de motivación do PDI sobre a AUGA, os nenos e nenas de Infantil están aprendendo esta canción tan chuli:

Aquí temos a letra da canción "Y lloverá" do grupo "Siempre así". Atopeina no blog En la escuela caben todos, xunto cos pictogramas, para traballar a canción co alumnado que aínda non le.


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-12-2012 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats