O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍAS DE POESÍA 2019
Nada mellor que a poesía para celebrar a chegada da primavera!! Como cada ano, a biblioteca do centro organizou, do 3 ao 5 de abril, a "Semana da Poesía". Trátase dunha actividade moi consolidada no centro e con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas, que traballan arreo durante días para preparar os seus poemas concienzudamente, lendo, ensaiando, memorizando, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... A "Hora de ler" foi o momento do encontro poético, onde cada grupo de alumnado recitou, para o resto de compañeir@s, poemas de varios autores/as, en galego e en castelán. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de inaugurar os "Días de Poesía" deste curso cun poema de creación propia que facía un percorrido pola súa andaina escolar (6º) e dous fermosos poemas, de García Lorca e Amado Carballo (5º). Encantounos!!
O xoves foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto os que ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos:

O venres chegou o turno de 1º e 2º de EP que, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil, foron os encargados de levar a tenrura, o encanto e a simpatía ao escenario poñendo, así, o punto final a esta poética actividade:

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO E MOITOS PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes, por tan espléndido espectáculo poético e por ser capaces de transmitir, unha vez máis, toda a beleza da poesía. E, como non, grazas ao público polo seu entusiasmo e os seus aplausos. FOI FANTÁSTICO!!!

SE QUERES VER O ÁLBUM COMPLETO COAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS PREME AQUÍ

Moitos bicos ratunos e ATA O CURSO QUE VEN!!!
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 10-04-2019 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A SEMANA DA POESÍA 2019!!
Tal e como nos indicaba o noso ratiño máis trouleiro este mércores, día 3 de abril, comezan os recitados da SEMANA DA POESÍA 2019
A festa da poesía xa comezou no noso centro hai algúns días coa proposta "Un poema no peto" dirixida a toda a comunidade educativa.
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 03-04-2019 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA A SEMANA DA POESÍA 2018
O alumnado de E. Infantil foi o encargado de poñer o broche final a unha intensa e emotiva SEMANA DA POESÍA. Coa súa habitual gracia e simpatía, recitaron marabillosamente para un público moi especial, os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de EP, que aplaudiron as actuacións con moito entusiasmo. MOITAS GRAZAS a tod@s pola vosa implicación, polo impecable traballo e polo bo facer no escenario. Ata o ano que ven!!!!
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 27-04-2018 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
MÉRCORES DE POESÍA: ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO
O mércores foi a quenda dos nenos e nenas de primeiro e segundo de EP para os recitados de poesía e contaron cun público moi entregado e agradecido, o alumnado de E. Infantil. PARABÉNS a TOD@S!!!!



POESÍAS PRIMEIRO E SEGUNDO
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 27-04-2018 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDA XORNADA DA SEMANA DA POESÍA
Na segunda xornada da SEMANA DA POESÍA foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto de E. Primaria os que ofreceron os seus recitados aos compañeir@s de quinto e sexto de EP, aos que agradecemos moito a sua atención e os seus aplausos. PARABÉNS a tod@s!!!
Así de ben o fixo o alumnado de CUARTO:Os nenos e nenas de TERCEIRO tamén o fixeron XENIAL!!! PARABÉNS!!!
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 24-04-2018 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA POESÍA 2018
Como xa sabedes, hoxe 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR e non podiamos escoller unha data máis acaída para comezar a nosa tradicional SEMANA DA POESÍA. Baixo o lema POEMAS DE CINE, subiron ao escenario os nenos e nenas de quinto e sexto de EP para ofrecernos os seus fantásticos recitados que incluíron poesías da súa propia creación. Gustáronnos moito!!! PARABÉNS A TOD@S!!!


Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 23-04-2018 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA POESÍA: MÁIS RECURSOS
A continuación déixovos tres caderniños de poemas para Infantil e Primaria de J. Vilamoure :
BECHOS E OUTRAS XENTES é una colección de poesías sobre animais. A particularidade é que os animais que aquí aparecen non adoitamos atopalos como protagonistas na literatura infantil.

(clic en Fullscreen para ler)
POEMAS PARA LEVAR NA MOCHILA é un conxunto de poesías que tratan temas moi familiares e cotiáns na vida escolar.

VERSOS PARA PASAR O TEMPO é un conxunto de poesías que teñen como tema principal os fenómenos meteorolóxicos, as estacións, os meses..., temas moi presentes na escola de Infantil e Primaria.
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 25-03-2017 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA AO MUNDO COA POESÍA
A VOLTA AO MUNDO COA POESÍA foi o título que acolleu a SEMANA DA POESÍA, que rematou este venres cos recitados dos nenos e nenas de E. Infantil, despois de varias xornadas de gozar compartindo versos e transmitindo emocións.
O 21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA, comezou a nosa particular festa poética, unha actividade xa tradicional no noso centro, moi querida e valorada por todo o alumnado, cun longo percorrido que se iniciou hai xa oito anos. Despois de buscar, ler, seleccionar, memorizar e ensaiar concienzudamente, cada curso ofrece aos seus compañeir@s unha elaborada sesión de recitados. Cada día, durante a Hora de ler, acudimos á nosa cita poética no salón de actos e, cada día, saímos cunha doce sensación e co desexo de repetir esta agradable experiencia.
O fío condutor deste ano foi o libro VERSOS DE NIÑOS DEL MUNDO, de Carlos Reviejo, do que se seleccionaron todos os poemas recitados en castelán. Para os recitados en lingua galega, cada curso escolleu os seus autores/as favoritos: Manuel María, Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro...
Moitos PARABÉNS a todos os nenos e nenas que, una vez máis, nos engaiolaron coa súa ilusión, coa súa alegría e co seu bo facer. GRAZAS por achegarnos a beleza da POESÍA!!!
O alumnado de QUINTO e SEXTO de E. Primaria inaugurou as xornadas de poesía ofrecendo unha orixinal posta en escena. Tamén nos fixeron partícipes da súa creatividade cuns fermosos HAIKUS:

Ao día seguinte tocoulles aos nenos e nenas de TERCEIRO e CUARTO de EP que recitaron magníficamente uns preciosos poemas:
O xoves encheron o escenario de gracia e simpatía os nen@s de PRIMEIRO e SEGUNDO de EP:
A espontaneidade e a tenrura dos mais peques foron o broche de ouro para esta actividade que nos proporciona tantas satisfaccións:
E, como non, grazas ao público polo seu entusiasmo e os seus aplausos:
Moitos bicos ratunos e ATA O ANO QUE VEN!!!
Podes ver máis fotos nas seguintes ligazóns:
QUINTO E SEXTO - TERCEIRO E CUARTO - PRIMEIRO E SEGUNDO - E. INFANTIL

Comentarios (1) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 24-03-2017 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA POESÍA 2015/16: HOMENAXE A MANUEL MARÍA
Nada mellor que a poesía para celebrar a chegada da primavera!! Como cada ano, a biblioteca do centro organizou, do 9 ao 13 de maio, a "Semana da Poesía". Trátase dunha actividade moi consolidada no centro e con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas, que traballan arreo durante días para preparar os seus poemas concienzudamente, lendo, ensaiando, memorizando, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... A "Hora de ler" foi o momento do encontro poético, onde cada grupo de alumnado recitou, para o resto de compañeir@s, poemas de varios autores/as, en galego e en castelán, sendo Manuel María o principal protagonista deste ano, ofrecendo así o noso particular homenaxe a este poeta. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de pór de relevancia a figura deste escritor no primeiro día das xornadas, facendo un percorrido pola súa biografía e pola súa obra, con lecturas de varios dos seus poemas máis coñecidos. Finalizaron a súa intervención cunha orixinal e luminosa posta en escena para recitar outra das súas poesías (VER ÁLBUM).
O martes foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto os que ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos:
O xoves chegou o turno de 1º e 2º de EP que recitaron fantasticamente unhas preciosas poesías

E xa o venres foron os peques do cole os encargados de levar a tenrura, o encanto e a simpatía ao escenario poñendo, así, o punto final a esta poética actividade:
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO E MOITOS PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes, por tan espléndido espectáculo poético e por ser capaces de transmitir, unha vez máis, toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!!
SE QUERES VER O ÁLBUM COMPLETO COAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS PREME AQUÍ
Tamén podedes visitar os blogues de aula para ver as crónicas dos protagonistas: MI AULA (3º) - KANGURINES (4º) - O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO (1º e 2º)
Ou dar unha volta pola "Semana da Poesía" de cursos anteriores AQUÍ
ATA O CURSO QUE VEN!!!
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 13-05-2016 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARÍA E SEMANA DA POESÍA
Xa levamos dúas xornadas da Semana da Poesía na que Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, é o principal protagonista dos recitados dos nenos e nenas do centro. Axiña teredes toda a información sobre esta actividade. Para ir abrindo boca podedes escoitar os poemas escollidos polo alumnado de cuarto de EP e gozar das súas espléndidas ilustracións. PARABÉNS por tan estupendo traballo!!! (Preme na imaxe)
http://www.chiscos.net/almacen/lim/poesia_4_o4/poesia_4_o.html
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 11-05-2016 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats