O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

8 DE MARZO: MATERIAIS PARA A AULA
 Agradecemos a FETE-UGT a achega dos seguintes materiais para traballar o 8 de marzo nas escolas:
- Cartaz e explicación das letras do abecedario da Igualdade.
http://www.educandoenigualdad.com/2016/02/25/8-de-marzo/
http://www.educandoenigualdad.com/2016/02/25/8-de-marzo/

- Cuadernillo ESCUELA con actividades (infantil /primaria/secundaria)
http://www.educandoenigualdad.com/wp-content/uploads/2016/03/Enero2016.pdf
http://www.educandoenigualdad.com/wp-content/uploads/2016/03/Enero2016.pdf
Tamén podedes acceder aos seus materiais aloxados na páxina "Educando en igualdad" onde atoparedes moitas propostas arredor da igualdade de xénero e a coeducación
http://www.educandoenigualdad.com/
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 07-03-2016 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS COAS MULLERES CIENTÍFICAS
Seguimos completando o mural informativo sobre mulleres científicas. Desta vez tocoulle ao alumnado de Infantil e 5º de EP.
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 12-03-2015 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
PASIÑO A PASIÑO FACEMOS CAMIÑO
Pasiño a pasiño os nenos e nenas van enchendo o mural das mulleres con luz propia na ciencia coa información que acadaron coas súas pescudas. En equipo elaboraron as fichas informativas e colocáronas no lugar correspondente. Xa vai quedando menos para rematar o traballo e, a verdade, está quedando chulísimo. Parabéns e A SEGUIR!!!
Para ver todo o proceso clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 09-03-2015 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: SETE MULLERES CON LUZ PROPIA NA CIENCIA
O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. O lema deste ano «Empoderando ás Mulleres, Empoderando á Humanidade: Imaxínao!» recrea un mundo no que cada muller e cada nena poden exercer as súas opcións  e tomar as súas decisións, tales como participar na política, educarse, ter os seus propios ingresos e vivir en sociedades sen violencia nin discriminación.
En todos os centros escolares ponse de relevancia esta data coa finalidade de que esta mensaxe enchoupe o alumnado e agrome, por fin, unha sociedade xusta e igualitaria.
Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero.
Co título "Sete mulleres con luz propia na ciencia", ao fío do noso PDI deste curso, a biblioteca do centro propón ao alumnado investigar e recadar información sobre sete mulleres que fixeron importantes achegas no ámbito científico, e completar, entre tod@s, un mural situado na entrada do cole para que luza ben fermoso a partir do día 8 de marzo.
Por suposto, foi o noso amiguiño MIK o que puxo en movemento a nenos, nenas e profes coa súa carta.

Axiña comezaron as pescudas...
E aí andan, entre libros, enciclopedias e "gugle" (como eles din) para conseguir averiguar moitas cousas sobre estas mulleres fantásticas. Xa estamos desexando ver o mural rematado. Ánimo, rapaces!!!
Podedes ver máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 04-03-2015 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
IGUALDADE + AUGA
Desde Os poemas do río envíannos unha dirección cos seus materiais para traballar o tema da igualdade, o que nos ven moi acaído tamén para o noso proxecto documental de centro, A AUGA, o que rentabiliza o noso traballo por partida dobre. MOITAS GRAZAS!!

http://ospoemasdorio.com/wp-content/uploads/eusoncomati_ud.pdf

http://portal.sliderocket.com/BNNET/EU-SON-COMA-TI-8-marzo

Por outra banda, lembrámosvos que atoparedes esta obriña na exposición dedicada á auga na biblioteca do centro e recomendamos vivamente unha visita á súa web:

Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 09-03-2013 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Como cada 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o sindicato STEG ten pendurado na súa web o STEG Informa 8 de Marzo e a proposta de actividades para contribuír a que a coeducación sexa un obxectivo acadable no noso sistema educativo.



Comentarios (2) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 08-03-2013 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES QUE FIXERON HISTORIA. ACTIVIDADES LIM
Un fantástico libro de actividades interactivas, elaborado por Belén Junquera, coas que aprenderás dun xeito divertido moitas cousas sobre algunhas mulleres que fixeron historia:






Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 06-03-2013 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS ( IV )
Nas seguintes "sites" atoparedes varias compilacións de recursos e actividades, froito do traballo do equipo da biblioteca do centro na procura dun repositorio actualizado de páxinas de calidade que apoien o labor do profesorado (preme nas imaxes para acceder). Como é habitual, as ligazóns están á vosa disposición no panel lateral de navegación.


O 8 DE MARZO NO NOSO RECANTO
LECTURAS PARA A IGUALDADE:

Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 06-03-2013 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS ( III )
Seguimos coas nosas pescudas na rede para atopar recursos interesantes para levar ás aulas co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión presentamos un caderno de traballo cunha completa proposta de actividades que nos chega desde o blog Gándara de Lemos (preme na imaxe):


Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 05-03-2013 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS (II): VOUME DEITAR
"VOUME DEITAR" é unha presentación en Power Point que tamén nos pode servir para motivar un debate entre o noso alumnado. Para ver e pensar...


FONTE
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 05-03-2013 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats