De cara á celebración do Día da Poesía, e como ven sendo habitual, a biblioteca ofrece aos docentes unha recompilación de recursos para facilitar o traballo na aula. Atoparedes a ligazón no panel lateral, premendo en "Día da poesía". Esta recompilación pódese ir enriquecendo coas vosas achegas polo que se coñecedes algún recurso de interés agradecemos que nolo comuniquedes para engadilo á nosa listaxe.
As bibliotecas, un lugar para a imaxinación, onde os días máis grises poden convertirse nun caleidoscopio de cores, e as horas máis anodinas en momentos emocionantes...
Hoxe faleceu, na súa casa de Valladolid, un dos máis grandes persoeiros das nosas letras, Miguel Delibes, autor da inesquecible novela "Los Santos inocentes" entre outras obras de enorme relevancia na literatura española contemporánea.
Miguel Delibes naceu en 1920. Licenciouse en Dereito e Intendencia Mercantil e durante varios anos dirixiu o diario 'El Norte de Castilla'. En 1948 recibiu o Premio Nadal pola súa obra La sombra del ciprés es alargada. Nese momento comezou a que sería unha brillante carreira literaria.
Entre os seus títulos atópanse: El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), Diario de un cazador (1955), Diario de un emigrante (1957), Las ratas (1962), La hoja roja (1962), Cinco horas con Mario (1967), La parábola del náufrago (1970), El príncipe destronado (1973), Las guerras de nuestros antepasados (1975), El disputado voto del señor Cayo (1978), Los santos inocentes (1981), Madera de héroe (1987), Mi vida al aire libre (1989) e El hereje (1998).
Delibes foi membro da Real Academia de la Lengua Española dende 1975 e colleitou importantes premios literarios como o Premio Cervantes e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.
Aquí vos deixo un fragmento da película "El camino", de Rtve.
Moi recomendable a páxina de RTVE onde atoparás interesantes documentos sobre a súa vida e a súa obra ( imaxes, vídeos, documentos sonoros...), e mesmo podes deixar unha mensaxe de despedida.
Vía Mesturas recollemos este simpático vídeo do portal Eu Falo. Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo:
Do 8 ao 12 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso alumnado con este medio de comunicación, que nos achega a realidade, próxima ou lonxana, e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico...
A biblioteca do noso centro preparou para estes días un caderno de traballo para a educación documental sobre a prensa dixital e que o alumnado do segundo e terceiro ciclo deberá completar en equipo. Realizarán tamén as actividades Lim que nos chegan dende o Cep Dr. Fleming.
CADERNO DE INVESTIGACIÓN: "Investiga con Mik Holmes sobre a prensa dixital":
O alumnado de 2º de EP do noso centro está lendo con entusiasmo "Soños de andel", da escritora galega Susana Lamela. Como factor motivador e para complementar esa experiencia lectora, pensei que sería moi positivo que puidesen expresar as impresións e sentimentos que lles producía a lectura a medida que ían adentrándose na historia. Pensei tamén que ninguén mellor que a propia escritora podería mediar entre estes lectores e o libro que estaban lendo, polo que consultei coa autora a posibilidade de manter correspondencia dixital con ela mentres durase a actividade. A miña proposta foi aceptada, o que agradezo enormemente, e inmediatamente estableceuse o contacto a través do seu blog Andel de soños. A experiencia está resultando moi enriquecedora, os nenos e nenas esfórzanse por explicar todo o que lles provoca a historia de Ani, consensúan o que lle van escribir a Susana, falan sobre o que ela lles di... e ademais empregan internet e as novas tecnoloxías dun xeito ao que están pouco acostumados.
A través de Susana Lamela, tiveron a ocasión de contactar con María Lires, a ilustradora, da que son rendidos admiradores, xa que as súas fermosas ilustracións tenos encandilados.
Vaia dende aquí o meu agradecemento ás dúas por proporcionarnos a oportunidade de vivir unha experiencia tan fantástica. Susana e María, ¡moitas grazas! Se queredes acceder á nosa correspondencia dixital premede AQUÍ
O día 8 de marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora, un día moi importante que nos lembra que homes e mulleres somos iguais, cos mesmos dereitos e obrigas, e que debemos traballar para que non se cometan inxustizas por razóns de xénero en ningún lugar do mundo.
Pero, ¿pensas que só traballan as mamás "normais e corrientes"? Pois mira o que lle pasa á bruxiña Rita:
Dicen que la bruja Rita
es la mejor del planeta
manejando la varita.
Y, además, hace calceta.
Su oficio le gusta mucho.
Encanta en sólo un segundo
sin mover el cucurucho:
¡no hay otra igual en el mundo!
Convierte un sapo en burbuja
o un neumático en pingüino.
Es que Rita es una bruja
como la copa de un pino.
Entre conjuros y hechizos
corre a casa en media hora,
le echa un ojo a los mellizos
y pone la lavadora.
Vuelve volando al trabajo.
¡Caramba! ¡Qué movimiento!
Rita trabaja a destajo
y no descansa un momento.
.....................
¿Queres saber como soluciona o problema a bruxiña Rita? Pois segue lendo AQUÍ
Hoxe, 21 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia atoparás moita información e recursos.
Aquí tes outras páxinas de interese, con información, materiais e recursos para traballar nas aulas: