O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Visite Galicia

Visite Galicia é unha colección de cromos de pequeno tamaño editada durante os años trinta polo fotógrafo Luís Casado Fernández,"Ksado" En 1929, Luís Casado realiza unha viaxe por toda Galicia en compañía do xornalista vigués Xosé Seijo, patrocinados polo xornal El Pueblo Gallego. Durante esta viaxe toma máis dun millar de fotografías que serviron de base para as series de cromos tituladas Estampas de Galicia (1935) e Estampas compostelanas; así como da serie de cromos de pequeno tamaño ou selos en color marrón e sepia Visite Galicia y de outra serie en branco e negro sobre Santiago. A impresión dos selos foi realizada na Imprenta Arte de Bilbao. Son poucas as coleccións coñecidas, por perda , xa que se utilizaban para pegar nos peches das cartas como propaganda turística.A Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC conserva esta colección incompleta de 316 cromos que foron atopados dentro dun Tratado de anatomía patolóxica de Isaac Costero, editado en México en 1946 pola editorial Atlante. No correspondente a edición de " Visite Galicia" sobre imaxes de Combarro é coincidente coa editada en Estampas de Galicia. Ver Combarro no "Estampas de Galicia"
Visite Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-09-2016 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web