O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro. Arquivo Chamoso Lamas


A Real Academia Galega de Belas Artes conta entre o seu patrimonio con un magnífico fondo de fotografías pertencente á colección particular de D. Manuel Chamoso Lamas, antigo presidente da Academia. Esta colección adquirida pola Academia, co fin de comezar a recuperación de fondos gráficos da historia do Patrimonio monumental i etnográfico de Galicia, compónse de 10826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4814 fotografías positivadas, o que supón un total de unhas 15000 imaxes.

Podes ollar as fotos de Combarro incluidas no fondo fotográfico no enlace: http://www.academiagallegabellasartes.org/galeria.asp
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 19-09-2014 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Imaxes aéreas da Volta Ciclista 2014

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2014 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
As postais falan!!!!!
Vigo

Antes de mercar unha tarxeta postal na internet ou no mostrador de calquer feira do libro, das que se veñen realizando en distintas localidades de Galiza ou fora dela; debes saber, ou intentar saber ao menos, o seu valor. Dependendo do valor da tarxeta poderás pagar máis ou menos por ela. ¡Coidado coas fotocopias!

O valor dunha tarxeta postal depende de varios criterios:

1) Nome do editor e firma do artista en postais ilustradas ou do fotógrafo en postais fotográficas,
2) antigüidade, (ter en conta que a idade de ouro da cartofilia e entre 1887 e 1905). Se a imaxe de fronte non ten bordes a data pode estar comprendida entre 1907 e 1915; mentres que si ten bordes brancos arredor, a data corresponderá entre 1915 e 1930. As postais a partir de 1958, levan na parte posterior, o número do Depósito legal e o ano de edición; ou no seu defecto, un número romano, tomando como ano cero, precisamente, 1957. É dicir, si a postal leva un "I", a imaxe foi impresa en 1958 e si leva unha "V" sería 1962, e así sucesivamente.
3) estado de conservación,
4) si está circulada ou non ( valorase máis si están circuladas e teñen os seus selos cos cuños),
5) método de elaboración e calidade de impresión (fototipia, litográfica, fotográfica, etc), a variedade de cores a a nitidez da imaxe
6) edición (limitada ou non),
7) rareza e demanda,
8) temática da imaxe.

Analizando esta postal polo fronte, apreciamos que ten unha consistencia de cartón brando con certo ton aterciopelado ao tacto, de cores brancos e grisaceos. Advertimos que é a número 22 dunha serie correspondente a temática "Vigo" que non ten marcos, polo que a súa antigüidade está entre 1907 e 1915, e que a técnica empregada de impresión nesa época e a fototipia (xelatina sobre placa de vidro). No anverso vemos que unha postal circulada con caligrafía manuscrita, sen selos, datada en 1922 e asinada por "Joaquín" e que o editor é o vigués Barrientos*. Descoñezo si a edición foi limitada ( xeralmente con fototipia son edicións de 500 exemplares), e si é demanda. Non sei tampouco se o autor podería ser Xaime Pacheco, fotógrafo establecido en Vigo con gran actividade na época.


* Eugenio Barrientos López, propietario da editorial Cíes, que dende 1941 a 1958 tivo a súa sede na Libraría Tetilla da rúa Elduayen. «Tetilla», como era coñecido o editor Barrientos, foi un auténtico xenio da edición, en 1945 inventou en España o formato da novela de peto («bolsilibro») e dun curioso sistema de distribución por quioscos, no que tanto se vendían como se prestaban os libros. Marcial Lafuente Estefania foi o autor principal da editorial Cíes, tamén Corín Tellado. En 1958, Barrientos decidiría poñer fin a un proxecto que durante máis dunha década fixo de Vigo a capital editorial da novela popular en castelán.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2014 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web