O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

3

Terceiro cumpreanos

A PORTA MELLOR PECHADA É AQUELA QUE PODE DEIXARSE ABERTA ( Proverbio chines )
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2011 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Un pé na porta




Escoitei conscientemente por primeira vez a Pink Floyd aló polo ano 1972, nunha das audicións no paraninfo do Instituto, que se facían os sábados. Lembro que no me gustou moito o que daquela chamábase música psicodélica, o Ummagumma pareceume un autentico coñazo de primeira impresión. Logo repasaríao. O The dark side of de moon prestoumo en casete orixinal Salvador, xa era outra cousa, tardei algún tempo en telo gravado en propiedade. Con “time” iniciamos algún guateque no garaxe da Andrés. Tiriririmm…..é o momento de entrar. Wish You Were Here trouxérao Paco de EEUU e escoitarámolo como audición no local do cine de Combarro . Animals escoitábao nos intermedios da preparación da coreografía que co tema de Sandokan que ía ser presentada nun festival na casa do mar de Raxó. Fallo do tocadiscos no día X, ¡ que putada! Escoitaba The Wall sen os últimos vinteún minutos, xa que a cinta onde o tiña gravado era de só sesenta. Agora todo nun novo disco recopilario. Un pé da porta.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 18-09-2011 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Volta Ciclista 2011


A volta ciclista ó paso pola vila de Combarro. Imaxes aéreas e terrestres de tdp.rtve e música de La fe de Manuela e Canilla Libre



Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-09-2011 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
¡ A ver si nos vemos pronto !

Recoñecín o nome na cabeceira e dinlle a volta para confirmar que efectivamente era el, unha foto de fai uns anos sacoume de toda dúbida. ¡ A ver si nos vemos pronto ! lembrei. O encontro foi unha tarde calorosa nunha praza en Sanxenxo, onde se estaba a facer un rastriño, deses a modo de asilo, onde os obxectos na maioría vellos e raras veces antigos, son colocados caprichosamente sobre o chan ou nun cabalete adaptado para tal fin, esperando o despertar dos curiosos que co seu remexer adoitan coseguir algo que na realidade non buscan. Esta vez tiveches sorte, sacáronte da caixa de froita onde compartías descanso con outras letras, sen catálogo nin orde de materias e puxéronche a tomalo sol xunto con outros fraquiños coma ti enriba dun taboleiro. Ti non eras dos máis vellos, ao fin só tes vintedous anos, o teu lado, noutro montón, había unha quinta edición de Memorias dun neno labrego e outra máis recente de Os dous de sempre, mais eles non estaban en tan boa forma. O xerente daquela biblioteca itinerante, un tipo con acento arxentino, pediume por ti dous euros, o dobre dos teus compañeiros. Sabia o críollo que atopara o suxeito interesado pero descoñecía que pagaría máis prezo por rescatarte.
Agora estás en casa, xa non vas a vagabundear máis por rúas e prazas, non vas ter risco de coller molladuras, ter frío nin golpes de calor .Tócache a ti facerme disfrutar dos relatos de Francisco Castro.
Blog do escritor Francisco Castro
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2011 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web