O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

The Kinks-All day and all of the night


En Xulio de 1993 foi para min un gozo asistir a actuación dos The Kinks dentro do programa do Concerto dos Mil Anos no estadio de fútbol Riazor na Coruña.
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 23-09-2010 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Santos e Ricos

Benedicto XVI está a visitar Inglaterra nestes días e faino con dous obxectivos claros o primeiro é apousentar a súa intencionalidade da reunificación da airexa anglicana e católica para fortalecer así o poder relixioso nese pais e por outra banda instar os poderes políticos para que protexan ese xugo. Para conseguir ese proxecto o Papa conta cuns recursos que el mesmo nalgún dos seus discursos critica por un lado a súa condición de showman con capacidade para aglomerar grandes concentración de xente e por outro un derroche desmesurado de diñeiro malgastado polo seu séquito e polas autoridades que o invitan. Preocupado el, pola crecente marxinación da relixión pola sociedade que califica de “selva de liberdades autodestructiva e arbitrarias”, pide perdón polos abusos sexuais a menores feitos por membros da airexa pero contrariamente nin tan sequera expulsou a tódolos culpables da súa organización, polo que ese perdón e indignación que di sentir non son certos.
O agnosticismo medra coa crise económica, eles son sabedores diso e as súas accións van encamiñadas a prevención da quebra, beatificar a Blair por converso dentro de 300 anos xa non vai ser posible daquela a selva de liberdades a que se refire vivirá sen necesidade de buscar consolo dos seus sufrimentos na relixión. Benedicto XVI chamou os alumnos das escolas católicas londinienses a ser os “santos do século XXI,” concretamente en Sant Marys de Twickenham onde custa miles de libras o ensino. Santos e Ricos. O Papa ven a correr como un raio a Santiago no próximo mes de novembro, onde os nosos gobernantes agasallarano coa ocupación dun espazo da nosa terra cunha escultura de bronce súa. Para dicir parvadas sería mellor que non viñera.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2010 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web