O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Touros 0

O 7 de xullo de 1929, puidera ser a data da primeira "corrida de touros goyesca", e tería a praza de touros de Pontevedra como sede de tal evento, polo de pronto foi unha das primeiras con toda seguridade. A corrida goyesca está composta por matadores de touros, banderilleiros e picadores, todos eles vestidos con "traxes goyescos", unha vestimenta urxida no Madrid do século XVIII e utilizada ata o século XIX pola burguesía para, posteriormente, estenderse o seu uso ao resto de España. Na web "eldiestro.es" posteado do 3/04/2017 de título :" Origen de las corridas goyescas", pódese ler, "Según cuentan los entendidos, la primera Corrida Goyesca se celebró en el año 1929, para conmemorar el primer centenario de la muerte del gran pintor Francisco de Goya y Lucientes. Y se le ocurrió este homenaje a Eduardo Pagés, fundador de la empresa que lleva su apellido.Y se dice que la primera Corrida Goyesca se celebró en la Plaza de Toros de Murcia un 15 de septiembre. La Plaza se adornó con tapices, hubo un desfile de calesas, pero gran parte del público salió contrariado, pues el espectáculo no fue como se vendió…" Pois non, con anterioridade foi celebrada en Pontevedra o 7 de xullo de 1929.
A foto de arriba é a dixitalización dun negativo 8x10 que recuperei no mercadiño de "antigüidades" que se celebra os domingos en Pontevedra. A película foi revelada no laboratorio fotográfico de Natalio Sanchón, abicado en Policarpo Sanz nº 9 de Vigo ao nome de Manuel Hidalgo que concorda no tempo co político vigués Manuel Hidalgo Rodríguez que fora alcalde de Vigo no 1936. O sobre que contén o negativo da información da data da corrida de touros, así como do fotógrafo e laboratorio de revelado. Na foto apreciase varios paneis sobre as gradas de "escenas goyescas" e un de grandes dimensións coa representación do pintor maño. Touros cero.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2019 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web