O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro de Prieto Nespereira

Combarro 1943. Prieto Nespereira. Augaforte 60x50 papel Creysser. Unha tinta .

Julio Prieto Nespereira (Ourense, 7 de decembro de 1896 - Madrid, 5 de agosto de 1991) foi un pintor e gravador galego. Fundou xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo, entre outros, a Coral Ruada. O mesmo Otero Pedrayo escribiu a súa biografia.
Realiza a súa primeira exposición de pintura ó óleo en 1912, na súa cidade natal. Chegou a Madrid en 1917 ,onde recibe clases de Álvarez de Sotomayor. Colaborou en revistas galegas como Alfar e Nós.
Dende 1922 centraría o seu traballo na técnica do gravado, que lle reportaría grandes éxitos en todo o mundo. Prieto Nespereira, coñeceu o gravado na obra de Bramguym e continuou a tradición figurativa iniciada por Castro Gil; non é ata 1955 cando evoluciona á pintura abstracta , ata entón o seu estilo era barroquista e figurativo, conseguindo numerosos premios e galardóns internacionais. En 1966 presenta por primeira vez as súas famosas series,« Hombres de mar», «Mujeres del campo gallego» e «Peces rotos», nunha exposición antolóxica do Museo de Arte Moderno de Madrid. Presidiu a Asociación Española de Artistas Gravadores e impartiu clases na Escola Nacional de Artes Gráficas. . O Museo Provincial de Lugo dispón dunha sala monográfica do artista e a cidade dedicoulle unha rúa. O Museo Municipal de Ourense desenvolve a función de conservación e custodia da maior parte da obra do artista. Foi nomeado fillo predilecto da cidade de Ourense en1984 e fillo adoptivo da vila de Pontedeume en 1986.
Castro Gil
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-08-2016 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web