O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Emilio Fernández Rodal


Fernández Rodal naceu en Cangas, e trasládase coa súa familia a Vigo con trece anos por mor do nomeamento do seu pai como director das Escolas Nieto. Na adolescencia, con catorce anos, comeza os seus estudos artísticos na Escola de Artes e Oficios de Vigo baixo a titoría do profesor de debuxo Maximiliano Vidales.

Pronto comezou a desenvolver as súas inquietudes artísticas colaborando co grupo formado ao redor do I Salón de Primavera de Vigo e a concesión da primeira bolsa de estudos outorgada pola Deputación de Pontevedra con 19 anos. Tras unha primeira etapa de formación na Escola de Belas Artes de Madrid, retornou a Vigo e comezou a desenvolver a súa carreira artística coa primeira exposición individual no ano 1932.

O servizo militar en África nos anos 1933-34 e o comezo dos seus estudos de Maxisterio traerían un período de certa inactividade pictórica que se acentuaría co período de preparación da oposición para o corpo de Maxisterio e o estalido da Guerra Civil. Tras o parón da contenda militar consegue a praza de Bibliotecario municipal en Vigo (1946), que co tempo compaxinou coa de Técnico de Cultura e Arte do Concello de Vigo. A partires de mediados dos anos 40 do século pasado desenvolveu con certa regularidade a súa actividade artística na que destacou como retratista.

Tamén cabe subliñar a súa participación activa na dinamización cultural da cidade coa participación nos grupos artísticos da Vigo, como a Sociedade Amigos del Arte de Vigo, as tertulias artísticas do café Tropical ou o Derby, a recuperación da Batalla das Flores (1961) xunto a Maximino Fernández, ou a Exposición de Artistas Noveles (1961) cos seus compañeiros de xeración.

En abril de 2013 realizouse a primeira exposición retrospectiva na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, cuxo comisario foi José Luis Mateo Álvarez.
Máis información de Emilio Fernández Rodal
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 30-08-2014 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Ollando o mar
Tai Chi

"Ollando o mar" é unha exposición de vinte e dúas instantáneas co mar como tema común. As fotos podelas ver e se o desexas comentar en: http://deportasafora.blogspot.com.es/2014/08/ollando-o-mar.html
Ollando o mar
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2014 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web