O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Costureira


O debuxo ben podería representar a Pepita Novás cosendo a bandeira galega que o mesmo Xosé Sesto puxo sobre o peito sen vida de Alexandre Bóveda, tapando os buracos das balas asasinas, tal día coma hoxe do fatídico ano 1936.

Debuxo de Sesto recollido do Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Lotaría nula

O debuxo pertence o tema monográfico que ilustrou os décimos da lotaría nacional nos anos 1991 e 1992 chamado Arquitectura Popular Española.
Este sorteo constaba de doce series de 100.000 billetes cada unha, ao prezo de
5000 pesetas o billete, divididos en décimos de 500 pesetas, repartindo en total 329.500.000 pesetas. Premio especial de 246.000.000 de pesetas para unha soa fracción dun dos billetes agraciados co premio primeiro.
Como curiosidade o sorteo foi declarado nulo por orde ministerial publicada no BOE con data do día anterior ao sorteo.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-08-2013 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
1906

Ven sendo habitual que a cervexa especial de Estrella Galicia, 1906, que debe o nome a data de fundación da fábrica na Coruña, sexa maltratada foneticamente polos traballadores da hostalería, e por extensión, polos consumidores a hora de ser demanda polos mesmos.
Advirto que cando pido unha mil novecentos seis, afírmaseme e tómaseme nota de unha mil novecentos, ou unha mil nove, ou unha mil, ou unha mi... Non, non estou pedindo o famoso brandy de Terry publicitado no seu tempo por aquel fermoso cabalo branco montado pola impresionante muller de longos cabelos dourados.
Temos unha das cervexas con máis prestixio internacional, aí están os premios e galardóns obtidos, de cor amarela escura, cremosa espuma e con sabor amargo pero doce, feita por unha empresa que patrocina os nosos equipos de fútbol e promociona actividades culturais no País. Non lle troquemos o nome, chamémoslle polo seu propio, 1906.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 12-08-2013 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web