O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vilamor, a comuna galega en NYC

Vilamor,a película do director galego Ignacio Vilar foi estreada o 17 de maio e promocionada con unha caravana educativa e cultural que durante o seu percorrido por Galiza tivo unha importante implicación nas redes sociais. Vilamor foi presentada este xoves no Festival Internacional de cine de New York.
O movemento hippie baseado no contestarismo pacifista, a liberdade sexual xunto cun novo estilo de música da California dos anos 60 , idealiza as comunas dos anos 70 da transición da ditadura.Vilamor é o San Francisco da Galiza e como argumento, unha historia de amor neste contexto, elixindo como ambientación o rural e as tradicións galegas . Parabéns para o cine galego. Na foto o cartel da peli e unha galega en NY cos actores Rubén Riós e Xoel Yañez e o director Ignacio Vilar.
Web de Vilamor
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2012 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada

Este post pretende promover a dinamización de “O Pé da Porta” intentando facervos partícipes dos comentarios públicos no blog ou privados no e-correo. Por iso remato este relatiño que titulei “ Alborada”, pero que tamén podería chamalo “Anatomía dun gaiteiro, dun fotografo e dun pobo”, facendo preguntas sobre a foto e os seus persoaxes.

Alborada

O máis vello da comisión de festas, tiña o cometido de falar con el. Pediralle, un ano máis, que o seu grupo fose o encargado de toca-la alborada e acompaña-la procesión no día de Festa do Patrón. El, o gaiteiro, - para o que escribe - descoñecido, seica é home faladeiro, moi estimado entre os seus; nunca dicía non….”Deus mediante…se non chove e non hai ningún mal golpe de mar, alí estaremos”. Podería levar as iniciais do seu nome bordado con fio amarelo no vestido do fol da súa gaita - pero o que escribe non pode velas- . Chegado o día da festa, de mañá cedo quedan os catro na porta da casa do que toca o bombo, que ademais de músico por afección e transportista de profesión. O percusor instrumento de madeiras pintadas azul e branco leva sobre a pel escurecida batida pola maza, dun son tras outro, o nome do grupo con letras coloridas - pero o que escribe non llas le-.
A quedada fana xa almorzados e vestidos co traxe tradicional e os seus instrumentos . Uns quilómetros de traxecto en coche e unha vez chegados reúnense no adro da igrexa co fogueteiro, que fai as veces de guía do percorrido a facer . As oito, o comezo da alborada, estoupan os primeiros foguetes; é a hora de pórse a andar, a primeira peza soa e a gaita comeza a templar. Fai un pouco de brisa e a música espallase sen rumbo entre as rúas. Os gaiteiros seguen ó fogueteiro facendo as paradas de obriga; o camiño lévaos ata os lugares máis lonxes da vila.
Máis tarde volven o pobo cos sons xa de sobra afinados que penetran polas fisuras das pedras cansamente fotografeadas e polos pés das portas de cada fogar. Ábrense ventás, satisfacendo a curiosidade e permitindo a entrada con máis intensidade dos melódicos ritmos da Terra. Entremesturanse a música e os arumes da cociña e nosos sentidos desfrutan da festa. Muiñeiras, xotas e foliadas ondean entre as rúas cambiando o noso estado de ánimo no novo día. Os gaiteiros van costa abaixo cara o mar, da gusto velos en fila da dous, vestidos cos seus traxes de cores branco, negro e vermello. Ao lonxe óense o primeiro chamar das campás para a solemne eucaristía.
Namentres, os gaiteiros toman un “tenteenpe” e refrescan con viño a gorxa seca - ou como din os da súa xerga “mollan a palleta”-, nunha taberna abarrotada de homes ansiosos de convidarse entre si; non é para menos no Día da Festa do Patrón. Restituídas as forzas, xa está próxima a hora de rematar a misa , hai que volver o traballo; é pouco o traxecto que hai ata o adro da igrexa.
Ao saír da taberna, na rúa sombreada polos soportais con columnas encaladas, un fotógrafo dilles familiarmente, un momentiño, - eles pousan co seu particular estilo -, o dedo preme o botón e o obturador da cámara chisca. Unha lembranza.
Os gaiteiros tan ben quedaron retratados que dan gañas de saberlle os nomes. Satisfeito debeu quedar tamén o fotografo coa imaxe que esqueceu firmar a súa obra. Chamade á porta e dicirme ¿Quen son?. En canto o lugar é máis doado de situar, por iso non dou pistas.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web