O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Assia x Asia

Non é o mesmo.
Erro tipográfico, quero pensar, mal correxido e a deshora. Os responsables deberían pedir desculpas poblicamente os seguidores do grupo. Un video cos éxitos de Asia

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2011 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas con algas

Crema de cenorias con espaguetes de mar

Para a crema: Poño un pouco de aceite nunha tarteira o lume e bótolle un pouco de fariña e porro cortado en xuliana, sofrito un pouco. Engado as cenorias cortadas e agua e deixo a cocer ata que están brandas. Retiro do lume e vou engadindo leite e batendo ata conquerir unha textura fina.
Para os espaguetes: nesta ocasión utilicei correas de mar deshidratadas da marca Porto-Muiños. Hidrateinas e sofritinas na tixola cunha cebola previamente pochada.

Berberechos con algas

Puxen os berberechos ó vapor e escuncheinos. Caramelicei unha cebola e engadín os berberechos, as algas e un pouco de auga resultante de ferver os berberechos. Neste prato utilicei unha lata de algas ( correas ou espaguete e golfo ou wakame ) da conserveira Peña.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 08-08-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Avelino Cachafeiro

O 16 de agosto celébrase en Forcarei a Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes. Avelino Cachafeiro Bugallo( 26 maio 1899- 13 abril 1972 ) foi nomeado mellor gaiteiro galego no 1924. Formou grupo cos seus irmáns tocando ata os comezos da Guerra Civil. Causas persoais e circunstanciais, foron, xunto coa época favorable para o silencio o que fixo calar a gaita de Avelino para sempre. Castelao foi uns dos artistas que debuxou o gaiteiro, tamén seu veciño Barreiro adicoulle outro. Coa publicación deste de Agustín Portela, debuxante colaborador de Faro de Vigo nos anos cincuenta, o pé da porta, quere poñer un grao de area máis para espallar a figura de Avelino Cachafeiro.


Debuxo de Cachafeiro por Barreiro
Debuxo de Cachafeiro por Castelao
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 06-08-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web