O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As verduras do mar

Galiza estase a facer na principal despensa europea de algas mariñas comestibles, sobre 60 especies comestibles diferentes atópanse nas nosas costas, e destas, unha ducia delas están comercializadas de forma deshidratada ou en conserva.Temos catro industrias que se adican o procesamento de algas para o consumo directo e unha que utiliza as algas para obter xelidificantes para a industria cárnica e láctea; polo que a pesares de ter o produto primario, aínda temos que importar algas. Pero algo trocou, hoxe en día non fai falla acudir a un establecemento especializado para levalas a nosa cociña, as verduras mariñas repousan do seu abaneo, ben gardadas dos temporais, nos estantes de cal quer supermercado. Podemos iniciarnos con estas catro que paso a describir e que case sempre atoparemos no super, pero hai outras como KOMBU (Laminarais Ochroleuca y Saccharina). FUCUS (Fucus Versiculosus) MUSGO DE IRLANDA (Chondrus Crispus) DULSE (Palmaria Palmata) ARAME (Eisena Arborea) etc…coas que tamén podemos elaborar pratos mariñados
Nori termino xaponés que se refire a diversas algas do xénero Porphyra e tamén os produtos derivados delas, rica en proteínas y provitamina A, combina ben con alimentos fritos. É indispensable en pratos típicos orientais, como o sushi, bolas de arroz (onigiri) e aperitivos. Agradábel para sazonar cereais, pastas e sopas. Usase tostando una o varias follas, ata conseguir que quede curúxente, desfaixe coas mans e espolvorease o prato a sazonar.
Wakame (Undaria pinnatifida) . En Galiza chamámoslle Golfo. Contén proteínas, minerais (Ca, Mg, P, I ) e fibra. Utilizase para a preparación da sopa de miso, prato esencial da gastronomía xaponesa. Para o seu uso hai que poñela en remollo 15 minutos e logo cocela durante o 15 minutos máis. Pódese utilizar desta maneira para engadir a ensaladas ou sopas ou sofritas con cebola para pasta, empanadas, pizzas, peixe o forno etc..
Espagueti de mar (Himanthalia elongata) As correas ou cintas é un alga carnosa, fresca con intenso sabor a mar. Comercializase deshidratada, en conserva, en salazón, en polvo ou formando parte de produtos preparados. Contén ferro e ac. Fólico en grandes cantidades, ademais doutros minerais e proteínas. Utilizase cruda, fervida, fritida ou guisada, incluso como sustitutivo do sal. Tamén se chaman xudías verdes ou vainilla de mar.
Leituga de mar (Ulva láctica), alga verde semellante a leituga terrestre rica en vitamina A e E. A súa consistencia é dura polo que hai que cocela antes de consumila. Aporta a dieta ácidos grasos omega 3, antioxidantes, vitamina B12 e outras , proteínas e fibra.
Anímovos a probalas. Eu xa estou esperando a próxima seca para crear un prato con correas.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 19-08-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web