O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As Chalanas

Se ben é certo que as actividades marítimo-pesqueiras para a foron construídas, hoxe en día, xa non existen ou fanse con outras embarcacións de materiais máis lixeiros que permiten unha maior velocidade nos desprazamentos; son, as chalanas, os barcos tradicionais máis numerosos nas nosas Rias e ano tras ano vemos como son abandonadas a intemperie nos areais e nos portos, apodrecendo ou no peor dos casos sendo consumidas polo lume nas fogueiras da Xan Xoán.
Tamén certo é, que a maioría das asociacións que avogan pola defensa da cultura mariñeira, e que sobreviven sen apenas axudas das institucións, todo hai que dicilo, adícanse a restaurar e conservar barcos máis fermosos, dornas, galeóns e outros .
A intención desta crónica e dar a coñecer o perigo a que están expostas as chalanas,que pertencendo tamén o patrimonio marítimo galego e sendo embarcacións, non menos importantes, que sempre estiveron entre nós,e polo tanto podemos e debemos protexelas. Acordo con está máxima proteccionista, unha das maneira sería incluíndoas dentro dun hipotético programa de "marqueting" turístico, creando portos museo, onde poidan pasar os seus últimos anos de existencia, e así concienciarnos sobre a necesidade da preservación e a vez dar coñecer as nosas sinales de identidade e a quen se nos achega.

Pola súa brevidade, estrutura e o seu doado ler amoso parte dun artigo da revista Ardentía titulado "Fálame de barcos" onde os seus autores describen etimoloxicamente e etnograficamente a chalana,din:

O nome chalana provén do francés chaland, que define o mesmo tipo de embarcación que a que nos ocupa e que tamén evoca a chaslan francesa, barco de transporte de cabotaxe no río Loira. Chalandé palabra antiquísima en francés, que xa se documenta na Chan- son de Roland (século XI).
Na Galiza as chalanas son sempre barcos pequenos, de fondo plano e moitas veces de proa en punta. As chalanas poden levar as táboas dos costados a tope (xuntos os bordos das táboas) ou a calime (os bordos das táboas van superpostos); as gamelas case nunca van a calime. Mörling recolle como tipo peculiar de chalana a de popa hexagonal de Cabo de Cruz e o choupán de Loira (Pontevedra), que ten afiadas a proa e a popa, e afirma, ademais, que a este tipo de barcos díselles botes nalgúns lugares. Nós podemos engadir que no Salnés chamábaselles loros ás máis bicudas embarcacións do tipo das gamelas ou chalanas.
As chalanas e as gamelas confúndense no mar do léxico. Divídense os dicionarios galegos á hora de definir cales son as de popa de espello e proa aguzada e cales as de proa e popa chatas. Buscando un consenso posí bel, poderiamos dicir que até a ría de Pontevedra as gamelas son as guardesas e coruxeiras e que, de aí para o norte, a definición varía e mestúrase, aínda que pare ce que a voz "chalana" é maioritaria no norte. Con independencia do tamaño e do tipo de proa, na actualidade chámaselle gamela ou chalana á embarcación que ten fondo plano e que se dedica maiormente á función de barco auxiliar ou para marisqueo a flote.
A gamela foi tema de inspiración para moitos escritores e dedicáronlle poemas, entre outros, Aquilino Iglesia Alvariño, Antón Zapata García, Emilio Pita e Fermín Bouza Brei. Reproducimos aquí un fragmento do "Poema de Tío Emilio, mariñeiro de Cangas", de Bernardino Graña (1932), incluído no volume Profecía do mar (1966):

Véxote lonxe, vogando,
namentras peixes de aire
refrescan a túa pel.
E o mar vaise abrindo adrede,
e ti na pobre gamela,
ti soliño, vas e vés

A modesta chalana tivo menos sorte literaria cá gamela, pero a xenerosa musa do xa amentado Fermín Bouza Brei (1901-1973) dedicoulle esta fermosa tríade no seu poemario Nao senlleira (1933):

Por navegar ao desvío
varei a miña chalana
no teu corazón-baijío

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2014 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Isto é Jazz


Soaba o saxo de Lou Donaldson e preguntábame un amigo, ¿ que música é esta? Isto é jazz , díxenlle sen pensalo e veume a mente a escena da película La Terminal de Steven Spielberg onde Victor (Tom Hanks) inmigrante espera nun aeroporto de New York a que lle deixen entrar nos EEUU para cumprirlle unha promesa a seu pai, conseguir o autógrafo de Benny Golson ,un coloso do jazz. E no punto de encontro, Amelia unha azafata guapísima (Catherine Zeta-Jones). ESTA É A ESCENA...

O PÉ DA PORTA TAMÉN EN FACEBOOK :


O Pé Da Porta Blogoteca

Crea tu insignia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2014 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Ons, Cíes "Contos das Illas"

Para os máis pequenos

¡ Por fin de vacacións ! Agora a disfrutar do verán, pero hai que deixar un anaquiño de tempo para ler. Despois da boa acollida da presentación de Carreiras en Poio cos Bolechas de Pepe Carreiro, con máis de 4000 reproducións, é o momento de publicar dous contos de Amalia Pérez Otero con debuxos de Michel Casado, onde o protagonista “o trasno Illote” vive aventuras en distintos rincons das illas: o Buraco do Inferno ou o Mirador dos Fedorentos nas Ons e Monte Faro, Pedra da Campa ou Lago dos nenos nas Cíes etc.. Desta maneira os máis novos familiarízanse cos nomes dos lugares que nos ofrece a natureza das nosas illas e que máis cedo o máis tarde, sen dúbida algunha descobriran in situ.



Pulsar Visualizar YouTube.com.Pantalla completa


Pulsar Visualizar YouTube.com.Pantalla completa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2014 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web