O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A terceira

Atopei unha terceira imaxe deste singular hórreo, esta vez sen cabazas no tellado, que estaba situado na Granxa, Sanxenxo. Coñecín moi ben este, pois estaba lindando cunha finca que era propiedade da miña avoa, onde se cultivaban uvas e patacas, a cal eu acudía con moita frecuencia acompañando a ela e a miña nai mentres facíamos as labores que estes cultivos requirían.
Das dúas imaxes anteriores que se poden ollar en http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=137643 , non sabemos moito, a superior e do fotógrafo Joaquín del Palacio, coñecido coma Kindel e ilustra o libro do ano 1973 en formato de guía turística "Pontevedra Rías Bajas" con textos de Alvaro Cunqueiro da Editorial Everest. Da inferior non sei nada foi estaba a venda nunha páxina de internet sen ningún dato.
Desta terceira, sabemos algo máis. A foto, co nº 232, atópase no nº 18 ( novembro 1945 )da revista fotográfica "Sombras" editada en Madrid ente xuño do 1944 e novembro de 1947. Comprando esta revista os afeccionados tiñan a ocasión de enviar as súas fotos a unha sección da revista chamada "Crítica de fotografías". Angel F. Costa de Santiago así o fixo. Copio literal o texto crítico que acompaña a foto: "Hórreo Gallego" - Pétina (?) 1:3,5 - Diafragma 1:8 - 1:50 seg. Nos hallamos en presencia de otra equivocación de punto de vista. El hórreo ha perdido toda su importancia por estar tomado desde arriba. En cambio, le han adquirido un tejado y unos arboles, que hubiera sido mejor eliminar. El cielo es muy blanco por la falta de filtro.
Quedou claro que ao crítico non lle gustou a foto de Raxó dende A Granxa, na contra de miles de persoas que paran no miradoiro para fotografar o pobo e a ría.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2020 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web