O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cento e pico de palabras sobre a Casa dos Churruchaos



A casa dos Churruchaos foi construída por Don Paio e Don Gómez de Soutomaior a finais do século XV e primeiro terzo do XVI. O incendio causado polas tropas inglesas en 1710 e o descoido dos seus donos, foron a causa da parcial destrución desta obra do plateresco pontevedrés que se atopaba na rúa Chirino, nun solar situado entre a porta de Santo Domingo e as torres arcebispais desaparecidas. Alfredo Souto ocupouse no seu momento dun proxecto de reconstrución deste palacio .Créese que a súa traza e labra débense aos mesmos artistas das ventás da Capela Maior de Santa María a Grande.
No 1913, Agusto González Besada, político pontevedrés, que fora Ministro de Facenda no reinado de Alfonso XIII, fixo trasladar pedra a pedra parte da fachada deste palacio a súa finca en San Salvador de Poio para construír un edificio que sería destinado a biblioteca. Pasarían cento e pico de anos de abandono cando o Concello de Poio definitivamente recupera, rehabilita, e o usa actualmente como Casa da Mocidade.
Enriba do comentario, a esquerda , a casa na súa primeira ubicación en Pontevedra no ano 1898 do fotógrafo Francisco Zagala e a dereita a foto da súa reconstrución na finca de Augusto Besada en Poio entre o 1913 e o 1915, probable de Joaquín Pintos ou Lorenzo Novás.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2017 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web