O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Luis Pintos Fonseca

Combarro.1929. Oleo/tela. 70 x 80 cm. Museo de Pontevedra.

Luís Pintos Fonseca, nado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de xullo de 1959, foi un pintor e gravador galego.
Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara de Herminia Fariña e Os nenos (1925) de Filgueira Valverde. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres anos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. En 1929 instalouse definitivamente en Pontevedra, onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas Cristal, Logos, Spes e Aturuxo. Vinculado ao Partido Galeguista, participou nas campañas de apoio ao Estatuto de Autonomía de 1936, para o que realizou un cartel propagandístico.

Durante a Guerra Civil Española refuxiouse no mosteiro de San Xoán de Poio, onde comezou a carreira eclesiástica, ordenándose en 1947. Influído por Carlos Sobrino, realizou excursións pictóricas en busca de novos motivos para as súas pinturas. Traballou tamén na realización de estampas, cunha certa tendencia á art déco. Entre 1944 e 1945 ilustrou a Guía Anuario de Pontevedra e as revistas Finisterre e Sonata Gallega.

Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica. A súa obra caracterízase pola preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos a calidade e a importancia do debuxo e a ausencia de figuras humanas. A partir dos anos cincuenta dirixiuse cada vez máis a representar o eu interior, aínda que sempre a través da paisaxe, sendo moi meticuloso na realización.
Wikipedia
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 11-06-2016 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Portfolios

Portfolio Galicia foi unha produción comercial de Pedro Ferrer comezada no ano 1902, que constaba de fotografías propias e de outras de fotógrafos afeccionados, recopiladas entre os anos 1902 e 1904 e que pretendía ser a súa gran obra. A edición é de 42 fascículos por entregas quincenais co título de Portfolio Galicia, Naturaleza y arte. Pueblos, paisajes, marina, fábricas, edificios. Monumentos y obras de arte, cuadros de costumbres, retratos, etc. Con notas de varios escritores regionales. Cada fascículo presentaba 12 fotos, tamaño folio, con texto explicativo da imaxe a pé de foto. O conxunto total son dous tomos; o primeiro composto de 24 fascículos e un caderno apéndice dedicado ao “Sanatorio La Benéfica de la Habana”. As tapas de cartón para a encadernación do primeiro tomo saen no 1904; as do segundo non chegaron a publicarse, como nin tampouco a totalidade dos fascículos que quedaron reducidos a só 17.

Portfolio fotográfico de España
Foi unha colección de fascículos monográficos de fotografías de toda España editados en Barcelona por Alberto Martín e textos de Ceferino Roquafort no ano 1917. Trátase de fascículos apaisados de 14x19 cm de 38 páxinas e 16 fotografías de capitais de provincia, vilas e pobos; o seu prezo era 50 cmts. Ademais das fotos incluia láminas con mapas de carreteras e ferrocarril así como datos demográficos. As imaxes non se acompañan do autor nin data de realización, considerando deste feito que aditorial tiña os seus fotógrafos propios que se deprazaban polas diversas comarcas e tamén mercaría imaxes a fotógrafos famosos de proximidade coa provincia a que se refiria en cuestión o coleccionable. Só a portada estaba editada en cor e era na última páxina onde se propagandizaba a colección. Os caderniños das catro provincias galegas estabán incluidos no tomo III.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2016 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web