O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RÉV MIKLÓS FOTÓGRAFO

Rév Miklós ( Sátoraljaújhely 1906 - Budapest 1998 ) foi un fotógrafo húngaro.

Estudou na Facultade de Artes. En 1923 comeza a tomar fotografías. Entre 1925-1926 vive en Luxemburgo . En 1934 converteuse en membro do Grupo de Artistas Socialistas. Entre 1945-1947 traballa de fotoperiodista, sendo director da revista MAFIRT. Dende 1948, traballou como columnista nos xornais "O Pobo Libre" e "Népszabadság". En 1955 viaxa a China. Dende 1957 foi membro da Asociación de Fotógrafos Húngaros da que foi presidente dende o 1965. Seus libros máis importantes son Tibet (1957),Budapest (1959) e Vietnam (1960).
RÉV MIKLÓS, FOTOGRAFIAS
RÉV MIKLÓS, FOTOGRAFÍAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2015 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Camila ¿Que fixeches?

Os recordos ou souvenirs son obxectos que identifican o noso paso como turistas nun determinado destino.Teñen a característica de ser de pequeno tamaño e baratos. Mercándoos reafirmamos a nosa viaxe, ben ante nós mesmos, ou ben ante á persoa que queremos agasallar. Este, sen fin de produtos , camisetas con indicativos do lugar, trapos ou mandís alusivos a comidas típicas, imáns, chaveiros, postais, cerámicas, un cacho do muro da vergoña, a representación da torre Eiffel, da roxa cabina telefónica inglesa ou dun flamante hórreo galego, recórdanos a estancia do lugar onde estivemos, sobre todo o final dela, xa que soemos mercar estes nas últimas horas cando xa o vivido é pasado.
Tódolos centros históricos de calquer pobo, vila ou cidade, pero tamén puntos de interese turísticos máis apartados, ademais de estacións de bus ou metro e aeroportos contan con algunha destas tendas dedicadas a ofrecernos estes obxectos.
A proliferación de establecementos dedicados a venda de souvenirs está favorecida pola diminución do poder adquisitivo do viaxante,directamente relacionada pola crises económica mundial. Consecuencia da masividade destes negocios é a diminución da actividade comercial tradicional, alí onde houbera, que competería evidentemente con prezos máis caros.
Ninguén dubida que estes comercios son beneficiosos para a economía familiar e local, pero o seu aspecto negativo, a miña maneira de ver, non só é a perda da identidade cultural ( enténdase idioma , gastronomía etc...) do lugar en cuestión, senón tamén a repercusión a medio prazo de rexeitamento deses produtos e por tanto dos sitios que os identifican. Por outra banda, o souvenir unha vez chegado o destino, identificaría máis o viaxante que o merca que o lugar turístico de procedencia.

Camila foi a pioneira do comercio de recordos en Combarro, na súa casa, enriba do mesado do cruceiro da Praza da Fonte, ofrecía os turistas pouco máis que cunchas de vieira, buguinas, chupa-clup, chicles e pipas..
CAMILA, UN SOUVENIR PARA TI,... ALÍ ONDE ESTEAS...

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2015 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web