O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Secuestro ou sabotaxe

Castelao.Día da Patria.Compostela 1933


Hoxe, 28 de Xuño, cúmprense 30 anos do retorno dos restos mortais de Castelao a Galiza para repousar definitivamente en Santo Domingo de Bonaval. Para o gallo, desempoei unha casete que gardaba coa gravación dun programa de radio de aquel día.Non hai moitas imaxes do acto na internet, si, un vídeo da RTVG na que se pon de manifesto a brutalidade da actuación policial contra máis de dous mil patriotas herdeiros ideolóxicos de Castelao. Pretendían que todos foramos a misa, axeonllados e caladiños pero non foi así. Os tempos son cambiados, hoxe o mesmo trepa que foi elixido por aquel parlamento para presentar unha moción para o inicio do proceso de traslado dos restos é un político destacado no partido que por aqueles tempos idealizaba os actos de protesta.


Traslado a Galiza e enterramento Castelao
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2014 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no Bildarchiv Foto Marburg





Bildarchiv Foto Marburg, fundado en 1913 polo historiador de arte Richard Hamann, forma parte da Universidade de Marburg e do Centro de Documentación da Historia do Arte Alemán. Con preto de 1,7 millóns de fotografías, é un dos maiores arquivos de imaxes do arte e da arquitectura europea.
O seu obxectivo e a recopilación, procesamento e distribución de fotografías de arte europeo e arquitectura, así como o estudio da historia mediante o patrimonio cultural visual, explorando os procesos de transformación dos medios, almacenando os coñecementos de forma visual, dando suma importancia a recordar a cultura da sociedade por medio de imaxes.
Por outra banda Foto Marburg apoia o traballo de documentación nos museos, nas oficinas dos monumentos, bibliotecas e centros de investigación. Coa publicación de datos de imaxes e con 80 institucións asociadas, o centro de documentación xermánico prestase a facilitar información a editores, directores, investigadores e a calquera persoa interesada.

A presentación das fotos de Combarro pertencentes o Bildarchiv Foto Marburg son obra do fotógrafo alemán Walter Schröder que fotografou durante os anos 1950-1971 obras de arte e arquitectónicas en moitos países do mundo.

O pé da porta tamén en Faceboock https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-06-2014 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web