O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Jazz en Galicia

O jazz é improvisación, liberdade de expresión individual, baixo uns respetados moldes compositivos; o cal permite ser feito e entendido sen barreiras de ningún tipo.
Non é de negar a miña afección pola escoita desta música dende fai xa algúns anos, nela confluíron unha serie de circunstancias; a miña curiosidade no indagar nas raíces do rhythm and blues, a sorte de asistir a moitas das primeiras jam sessións dos Clunia Jazz no Dado Dadá en Santiago, o programa de radio que diariamente retransmitía RNE chamado “Esto es jazz” dirixido por Paco Montes e os poucos discos que podía comprar por correo postal no Discoplay, despois chamado BID (Boletín Informativo Discoplay). É, tralo aprendizaxe auditivo, cando a afección convertese en paixón. Xa me gustaría que nesta Historia do Jazz na Galiza non me esquezera de ningun nome, xa que para mín son importantes todos, os que teñen discos gravados e aqueles que aínda non tiveron esa oportunidade. Non é tarea doada debido a intersección de músicos na multitude de proxectos existentes. Maila o artigo continua aberto a inclusións e correccións.



Os pioneiros do Jazz na Galiza. Clunia Jazz e Alberto Conde

Pódese comezar a falar do termo “jazz galego” a partires dos anos oitenta, coincidindo coa apertura de locais de copas, “pub” nas principais cidades galegas, que chegado o tempo apagaban os seus equipos de música e daban paso a actuacións en vivo de músicos que comezaban a facer este xénero musical. Tivo que ser así, porque o directo é onde o artista consolida a súa música, onde nos demostra que é verdade que el a toca e fainos percibir esa realidade con tódolos sentidos, e sobre todo no jazz, en calquera dos seus estilos, por ser unha música con pouca partitura e moita de improvisación.

Dous destes locais foron o berce do jazz en Galiza; o Dado-Dadá na rúa Alfredo Brañas en Compostela, hoxe o Dado-Dadá ten selo discográfico propio. O segunda catedral desta música foi e é o Filloa Jazz, na Rúa Cega, na Coruña. De feito este local debe o seu nome a Filloa Express, unha banda da que formaron parte Antonio Ferreiro, Kim García ou Alberto Conde . A estes dous clubs uniríanse despois o Café Latino de Ourense e o Clavicémbalo en Lugo. Hoxe xunto con estes que teñen case trinta anos pódese escoitar concertos en outros como na Casa das Crechas (Santiago), Café El Puente (Santiago), Garufa (A Coruña), Manteca (Vigo) Xancarajazz (Vigo) El Contrabajo (Vigo), Bla Bla café (Ferrol), Labranza (Bueu) e máis.

Tamén en número de dous foron os pilares fundamentais na consecución do jazz galego, por unha banda CLUNIA JAZZ formada por Nani Garcia, pianista e compositor, ( A Coruña 1955 ) xunto con Baldo Martínez (contrabaixo), O Ferrol, Fernando Llorca (batería)( Vigo) e Antonio Cal (saxofón) (Betanzos), pioneiro do jazz en Galiza, xa falecido, Publicarían o primeiro disco Clunia Jazz (Citola 1983) gravado nos estudios Citola da Coruña. O segundo foi Afueras Periódicas (Jazz-Stop 1984) con Javier Escaned e Jorge Pardo como músico invitado (saxos) e un tema “por teléfono” adicado a Antonio Cal. Miguel Ogando ó saxo coa mesma formación rítmica conformarían o terceiro LP chamado Rúa Cega (Edigal 1986), na contraportada do mesmo unha frase de Julio Cortázar “ se puede lo que se hace”. Tras períodos de cambios, publican o seu cuarto álbum Carpe Diem (Sons Galiza 1995) co saxofonista americano Tom Guillon. Durante máis dunha década Clunia mantén unha actividade esporádica debido os proxectos persoais dos seus compoñentes , únense o grupo Roberto Somoza (saxo) y Matthew Simon (trompeta) para gravar Clunia 5 ( Xingra 2009), volvendo os escenarios cunha formación de quinteto, que sería presentado o 17 de xullo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, este o seu último álbum do grupo polo de agora.



A outra gran columna do jazz galego foi ALFREDO CONDE ( pianista e compositor) e o seu proxecto como escola de jazz BAIO ENSEMBLE fundada en 1983 en Vigo, precisamente o seu primeiro disco Paisajes (RNE 1985)” gravoullo Paco Montes nos estudos de RNE, despois o segundo Diálogos (1990) onde participarían como noveles músicos Chuchús Pimentel, Kin García e Paco Charlin entre outros. Atribueselle a creación do estilo “muiñeira jazz” dada a influenza da música tradicional nas súas composicións. A finais dos noventa forma o Alberto Conde Grupo e saca dous discos: A Lagoa dos Atlantes ( Clave records 1997) e Celtrópolis (Clave Records 1999). Despois, forma xunto o contrabaxista Baldo Martínez, e o percusionista Nirankar Khalsa o Alberto Conde Trío. Con eles publica dous trabajos: Entremares ( Karonte 2003) e Andaina (Karonte 2006) , onde versionea en clave jazz “Teño saudade” un tema de Andrés Dobarro e dúas pezas tradicionais. O último proxecto é Atlantic bridge ( karonte 2010), nome que comparte album é formación que reflexa un tributo as orquestras que fan músicas étnicas, participan nel xunto a Aberto Conde (piano), Steve Brown (guitarra), Walter White (trompeta), Roberto Somoza (saxo), Kin García (contrabaixo), Miguel Cabana (batería). Na actualidade é profesor de piano e compositor no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.



Durante os anos noventa os membros de Clunia participan gran cantidade de proxectos,Nani Garcia compón e produce música para distintos audiovisuais, nas que destacan as bandas sonoras de películas de debuxos animados tan premiadas como “De Profundis” e “Engurras, participa en talleres, exposicións, festivais. En 2001 funda a discográfica Xingra coa intención de promover a cultura galega e dar saída a proxectos menos comerciais. É o director do festival Imaxina Sons dende o 2011. Actualmente está de xira co seu co seu grupo Nani Garcia trío xunto con Simón Garcia (contrabaixo) e Miguel Cabana ( batería). O seu último álbum “Renaissance” ( Xingra 2012) é froito dun traballo metodicamente programado misturando o bop co jazz de autor dentro das coordenadas galegas. A peza que abre o álbum, Nenos nas rochas (malo será), deixa entrever a importancia da mensaxe dos medios de comunicación.

Outros músicos do panorama actual do jazz galego nomeados dacordo a súa actividade como mestres, concertistas e publicación discográfica:

Baldo Martínez ( O Ferrol ) é un contrabaixista recoñecido internacionalmente, no 1989 forma o grupo Zyklus con Pedro López (batería) e Wade Matthews (saxo) que publicarían dous discos: "Interface" e "Nude". Colaborou con Angel Rubio (guitarrista) e María Joao ( cantante portuguesa). Atráelle o jazz europeo, en xeral todo o jazz nórdico e tamén o francés. Crea o Baldo Martínez Grupo e o seu primeiro disco “O pais dos ananos” ( Karonte 1996) con Chefa Alonso (saxo soprano), Antonio Bravo (guitarra), Pedro López (batería), Pierluca Pineroli (percusión) que foi moi ben aceptado pola crítica, así coma o segundo que resultaría a continuidade do primeiro “Juego de niños” ( Karonte 1998) o uso da zanfona en dous dos temas do disco mostra o interese de Baldo na música tradicional galega. Logo “Nai” (Karonte Records 2001) con David Herrington (trompeta). “Zona acústica” (2003) continuación do compromiso de Baldo co folclore galego, sen percusión e outra vez presente a zanfona, esta vez nas mans de Germán Díaz. En 2004 grava en Madrid “Folclore imaginario” a dúo con Carlo Actis Dato (saxo barítono) “Tusitalia” (Karonte records 2004) igual formación con Eduardo Ortega ( violín). “Triez” ( Emercy Universal 2006) xunto a Ramón López ( batería) e Augusti Fernández (piano). Xa “Proxecto Miño” (Karonte Records 2007) estreado en Guimarães en 1999, un proxecto de longa noite de pedra ata o alba, un disco variado en premios , o son dil foi forxado a través de concerto tras concerto, fala en galego, ademais do cuarteto habitual nel participan Chiaki Mawatari (tuba), German Díaz (zanfona) , Carlos Castro (vibráfono) Maite Dono(voz), pecha o disco o tema Fogar de Breogan a versión do noso. Grava un disco a dúo con Maite Dono, “Sons-Nús” (Karonte Records2010) dedicado ó poeta Uxío Novoneira, tamén homenaxeado no Día das Letras Galegas do mesmo ano. Logo e ata ao de agora dúas formacións MBM Trío ( Xingra 2011) con Lucía Martínez (batería) e Antonio Bravo (guitarra) e Zas! Trío (Karonte Records 2013)con Marcelo Peralta (saxos) e Carlos Fernández (batería).

Fernando Llorca foi membro do mítico grupo de Jazz-Rock ‘Outeiro’ co gravou o disco ‘Ollos De Marzal’ (1978).traballou ademais de con Clunia e Baio Ensemble con distintos músicos de jazz, dedicou o seu disco Mr. Cal (2001) ao seu compañeiro de Clunia, Antonio Cal. É un dos músicos que mantén a ensinanza do jazz en Galiza.

Kin Garcia . Noia. (contrabaixo, compositor y arreglista). Un dos nomes clave da escena jazzística galega, colaborador en múltiples proxectos e cun currículum que inclúe colaboracións con músicos como Alberto Conde, Jesús Pimentel, Fernando Llorca, Tom Guyon, Tom Harret, Billy Pierce, John Smith, Tony Lazan, Uxía, Dulce Pontes, Marcos Teira, Espíritu 986, Capercaillie, José Afonso, Filipa Pais, Susana Seivane, Nani García, Carmen Rey o Berrogüetto, por nomear só algúns O seu primeiro traballo discográfico O lobo Morde A Man (Audia Records 2006), formando trío con Juanma Varela (piano) e Andrés Rivas (batería) unha metáfora da falta de sensibilidade do home cara a natureza, en palabras do propio artista. Grava seu segundo álbum Accipiter Gentiles (Audia Records 2012), e ao igual que o primeiro, en formato clásico de trío de jazz. O álbum está cheo de simbolismos do arte milenario da cetrería.

Roberto Somoza, (Rianxo - A Coruña), saxofonista, compositor e arreglista, é profesor de saxofón (especialidade de jazz) no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, lider de varias formacións e saxofonista dos grupos Clunia y Atlantic Bridge. Fundador xunto a Pedro Lamas da Orquestra de Jazz de Galicia. Discografía como líder: Regra de Tres – 2004 Tempos de Cambio – 2006 Trío Eléctrico – 2008 The Vanguard – 2009 Yellow – 2010 Standards&Ballads – 2011 Orquestra Voland 2012 Continuum - 2013

Pepe Evangelista (guitarra) A Coruña. Teima ( Audia Records 2007) disco no que se musican temas de Rosalia de Castro ( Maio longo e Sin niño) con Roberto Somoza (saxo), Kin García ( Baixo) e Miguel Cabana ( batería) e Belén Xestal que pon voz os versos da poetisa, precisamente Roberto Somoza no seu disco Tempos de cambio ( Xingra 2006) fai unha versión ao saxo de Negra Sombra. “Confines” (Golfiño Records 2010) presenta un traballo que recolle composicións para guitarra interpretadas polo guitarrista Ramón Carnota, con quen tamén publica unha edición das partituras recollidas no disco Dos acordes (2010)

Xacobe Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1976).(contrabaixo) membro do trío Sumrrá ( con Manuel Gutierrez piano e Luís Alberto Rodríguez (batería) ten unha traxectoria en solitario con máis dunha ducia de discos.Ten varios proxectos recollidos na súa web JazzfronGalicia.com como a de Tribu plasmada no disco A Chamada (2011),gravado en directo na sala Ataruxo de Bueu no 2010 onde os sons inclínanse máis ao rock e funk. O seu disco debú como líder foi Isto é jazz (2006).

Manuel Gutierrez ( pianista) Ferrol 1963 É profesor en Estudo Escola De Música, e membro de Sumrrá, Victor Aneiros Band e un trío de recente formación xunto a Tom Warburton e Dani Domínguez. Acompañou co seu piano as voces de Teresa Gradín , Maite Dono, Rosa Cedrón. Illa Da Lúa é seu CD como líder.

Javier Constenla (piano) Ourense participando como compoñente ou fundador de diferentes grupos como: Abuña Jazz (onde tocaron músicos com Serafín Carballo (guitarra) Loren Tabarés (contrabaixo e baixo eléctrico) , Carlos Romero (batería) ou o pianista Alfonso Medela., Cid y trío, Altamara Jazz, The Hot Jazz Trío, A. M. Trío, Sally Albaugh Quartet, Improvía, Quarteto D'Ky, 4X4 Latín Jazz, Guerra Atraction, Combo Havana Capitol, The Groove Fathers, Trío Xingra, Javier Constenla trío, D'Xjazz 3, Latinápolis, o por último el Javier Constenla "Improvía". Con Leo Giannetto’s Jazz Pro - "Beatles & Jazz","Tributo a The Police", "Pop Jazz Performances"ject . Na actualidade é director da Big Band da Deputación de Ourense

Segunda Xeración. Abe Rábade, Paco Charlín e outros. O Jazz nas aulas.


Hoxe en Galiza xa podemos falar dunha segunda e terceira xeración de músicos de jazz. Pola cantidade de discos e proxectos destaca o pianista compostelán ABE RÁBADE (piano e composición) Santiago de Compostela (1977). “Os músicos somos como filtros a través dos cales pasa unha mensaxe. Noso traballo consiste en captar esa mensaxe e liberalo a través da intuición. Por iso é importante limpar moi a miúdo ese filtro e non deixar de explorar novos recursos expresivos para que o discurso transmita cada vez emocións máis intensas". De moi mozo comezou a estudar música en Compostela, en 1995 viaxou a EU para estudar piano e composición na Berklee College of Music de Boston. Son os seus discos : Babel de Sons (Xingra 2001) e Simetrías (Xingra 2002) con Paco Charlín (contrabaixo) e Ramón Ángel ( batería).GHU ¡ Project vol I (Nuba,Karonte 2004) en sexteto coa mesma sección rítmica. Dende 2005 coordina as jam sessións do Dado-Dadá. Publica Playing on Light (Nuba,Karonte 2006) mellor disco de jazz en España nese ano seleccionado pola revista Cuadernos de jazz. Para a discográfica Free Code gravaría Jazz in Galiza serie Vol 1 en 2007. En 2008 faille un encargo a Dirección Xeral de Política Lingüística co obxectivo da promoción da lingua galega entre os máis pequenos, Aloumiños de seda ( Xeración e Logo 2008). Jazzia (2008) música composta para o espectáculo do ilusionista Kiko Pastur e Open Doors (Nuba,Karonte 2008), segunda entrega para GHU! Project. En maio de 2009 sae o disco Abe Rábade Piano Solo (Nuba, Karonte 2009). Zigurat (Nuba, Karonte 2010) e A Modo (Nuba, Karonte 2011) o seu oitavo disco, ámbolos con formación dun xa estable trío, Abe Rábade (piano), Pablo Martín Caminero (baixo) e Bruno Pedroso (batería). Outros proxectos: Cantigas Jazz Suite (2004) con Misia, Nordestin@s (Falcatruada 2005/2011) xunto a Gaudi Galego e Ugia Pedreira, Rosalia 21 (Falcatruada 2008), versos da nosa poetisa en clave de jazz, Eivissa Jazz Experience, onde comparte escenarios con varios músicos no Festival de Jazz de Eivissa. King Steps, un tributo ó jazz do ano 1959.Participa nas gravacións con músicos como Bill Goodwin, Kurt Rosenwinkel, Chris Kase e outros. Recibe varios premios, participa en seminarios de jazz, crea un selo discográfico, Azos Jazz, co obxectivo da promoción do jazz feito ou relacionado con Galicia. Dende o ano 2000 é director artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra compartindo esta tarefa co contrabaixista vilanovés, PACO CHARLÍN (contrabaixo, composición) Vilanova de Arousa 1975, dende moi mozo comezou a tocar o baixo eléctrico, no 1996 trocou polo contrabaixo e interésase polo jazz. Estudou no Estudio Escola de Música de Santiago e na Escola Taller de Pontevedra, ata que recibiu unha beca para formarse na Berklee College of Music de Boston, coincidindo alí con Abe Rábade arrancando as súas carreiras, no primeiro xuntos e máis tarde por separado. Licenciou con honra e premio ademais de ter a oportunidade de tocar con grandes estrelas do jazz, tamén participou en varios seminarios e festivais internacionais de jazz.
A súa discografía é extensa participou en Diálogo (1995) coa Baio Ensemble de Alberto Conde e Clave Naif (1995) do guitarrista Serafín Carballo, Mala Suerte ( 1996) co cantante flamenco “el Kiki” e o guitarrista Marcos Teira posteriormente no 2001 no disco deste “Punta de Cabio”. En 1996 participa no CD IASJ Reunión Jazz Baltic Cruise tocando o contrabaixo no tema “trans atlántica”. Forma parte do trío de Abe Rábade: Babel de Sons (2000), Simetrías (2002), GHU project vol1(2004) e Playing on ligth (2005).
Durante todos estes anos colabora nas gravacións do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e en outras con diferentes músicos como Laurent Felipe & Jacinta, Rodrigo Gonçalvez, Santiago Quintans, Paulo Perfeito, Boby Martinez, Perico Sambeat, Germán Kucich, Vicente Espí, Rui Veloso, Jesús Santamdreu, Miguel Casany etc.
Pero é no 2006 cando crea e dirixe Free Code Jazz Records, unha discográfica independente galega co slogan “o novo selo discográfico de jazz feito en Galiza”. Un primeiro disco The Ultimate Jazz Earth-tet I e II(FCJR 2006) e sucesivamente unha produción discográfica cuantiosa,Teatros da memoria(FCJR 2007), Son da Natureza (FCJR 2007). Impulsa Jazz in Galicia vol. 1, (FCJR 2007) cuarteto de Abe Rábade, Paco Charlín, John O'Gallagher e Jeff Williams, un experimento con temas propios dos tres primeiros. Visions (FCJR 2008), Organic Motion Philosophy (FCJR 2009), The Game (FCJR 2009), KNOCK BEFORE (FCJR 2009), Afrikaria (FCJR 2010), Jazz Frequency Group (FCJR Vol l-IV), Modern Money Mecahanics (FCJR 2010), The Night Queen (FCJR 2012), Kiuye (FCJR 2011), Trafic Developenment (FCJR 2012).







O jazz, estúdase para poder ser expresado musicalmente en grupo coa práctica de técnicas e estilos aplicables a cada aspecto de dita música, tendo como obxectivo o coñecemento e a habilidade de estruturas, esquemas e secuencias harmónicas propias, ademais da improvisación. As principais aulas de estudio en Galicia son: Estudio Escola de Música, (Santiago) director e profesor Suso Atanes (Ourense 1956), Escola de Música DROPS (Santiago), Conservatorio Superior de Música (A Coruña) e a Escola Municipal De Música da Coruña, Escola de Música Baio de Vigo e O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ) naceu en Cangas no ano 2000 da man de Luís Carballo, posteriormente trasladouse o proxecto a Pontevedra. O primeiro curso foi o 2001- 2002. O SPJ ten dous obxectivos principais a formación de futuros músicos e a dinamización deste estilo na sociedade por medio de ciclos de jazz, concertos didácticos para escolares ou a edición de traballos discográficos.

Gracias ao esforzo e impulso destas aulas nas principais cidades galegas pódese contar en Galiza con unha nova xeración de extraordinarios músicos dentro dunha nova escena do jazz. Entre eles:

Toño Otero (saxo tenor) Lugo 1977. Profesor de saxofón, participou en variados cursos, seminarios e festivais. Membro da Imaxina Sons Big Band, así como dos Ten Jazz Men e de The Syndicate. A súa primeira gravación foi “The Groove Fathers” (abril 2002). Actualmente toca nun proxecto de Marcos Pin (guitarra) Lugo 1974 chamado Factor E-Reset o disco Barbanza (2012) e a consecución do mesmo. Algúns dos títulos de Barbanza xa foron utilizados en outras gravacións do propio guitarrista (“Where Are They?”, “Escarabote´s Blues” do cd Marcos Pin Trio-Directions -Free (2007), o “Bagueera´s Dilemma” procedente Athanasopoulos/Pin Jazz Quartet “Modern Money Mechanics ( 2010).

Borja Cao é un pianista ourensano, profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela que coa publicación de "Match-ball" (Audia Records, 2009), presentou seu primero traballo como líder del Borja Cao Trio con Juan Cañada (contrabajo) y Max Gómez (batería). Tres anos despois novo álbum aberto a outros estilos, como a bossa nova e o funk ; ‘The Future Is Green’ (2012 Audia Records) o contrabaixo neste traballo e obra de Juansy Santome (contrabaixo).

Alberto Vilas pianista (Redondela), foi alumno de Abe Rábade e Paco Charlín. Experianza, o álbum debut de Alberto Vilas Quinteto chega ás tendas da man do selo Azos Jazz coordinado por Abe Rábade.

Javier GDjazz Pereiro ( trompeta ) Cangas 1982 estudou no Conervatorio de Pontevedra e formouse como trompetista de jazz no SPJ e no ESMAE (Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo (Porto's University, Portugal). Participou en varios proxectos e é un dos músicos do cartel das varias edicións de Jazz Live no Principal e do Seminario de jazz de Pontevedra.

Virxilio da Silva ( guitarrista) Portonovo (1984) é un dos nomes mais emerxentes da escena jazzística galega, en especial daquela que rula en torno ó Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
Alí é onde empeza a súa formación no ano 2000 da man de Paco Charlín y Abe Rábade, sendo seu alumno durante as catro primeiras edicións. Grava o primeiro disco en formación de trío no ano 2005 con S.0.S Trío (106 Underground St.), e en 2009 edita seu primeiro traballo como líder, Odysseia , nesta ocasión en formación de quinteto. Un auténtico luxo para o jazz galego, o disco conten seis temas orixinais do guitarrista e dous arranxos de temas standard.




Xan Campos Cangas 1987 (Piano) tralo paso polo Seminario Permanente de Jazz Pontevedra (SPJ) ampliou a súa formación xunto co batería tamén de Cangas Iago Fernández en Musikene onde coñeceron ó contrabaixista Horacio García. Ten como lider 3 CD , Orixe Cero ( Free Code 2011), Canjazz Reunión ( Free Code 2008) Ida e volta ( Fre code 2007) Pola súa banda Iago Fernández acaba de estrener fai pouco o seu primeiro traballo como lider chamado Agromando (FCJR 2012)

Pablo Castaño (saxofón) Estudou na escola de Música Estudio (Santiago) . estivo residindo na cidade de New York onde participou en concertos e gravacións con diferentes instrumentistas. Xa de volta a Galicia, ademais de colaborar regularmente con Xacobe Martínez, Marcos Pin, Iago Fernández, Yago Vázquez ou Marcelino Galán lidera o seu propio septeto e trío.Imparte crases de saxofón na Escola de Música ESTUDIO.


Lucia Martínez ( percusión) Vigo é lider e compositora do Lucía Martínez Cuarteto . Lanza o su primeiro CD en xaneiro do 2009 : Proxecto Sonos e Delirios( Nuba records 2009) . En 2011 presenta un novo proxecto en quinteto Lucía Martínez Berliner Projekt plasmado no disco AzulCielo (Nuba records 2011)

e un largo ecétera de magníficos músicos.... Pianistas: Manolo Gutierrez , Iago Vázquez, Pablo Seoane, Alex Salgueiro.
Saxofonistas: Pablo Castanho , Xose Miguelez, Hugo Astudillo, Pablo Castaño,Enrique Oliver, Martín Brea, Roselino Marinelo.
Trompetistas:David Santiago,David Abal, Alberto Busto
Trombonistas: Luís Miranda, Roberto Lorenzo, Basilio Camiña, Carlos Soto
Contrabaixos: Juansy Santomé, Miguel Guerra, Juan Cañada, José Ferro, Simón García, Horacio García.
Guitarristas: Felipe Villar, Álvaro Vieito. Telmo Fernández, Nacho Pérez, Rafa Fernández.
Baterías: Max Gómez, Andrés Rivas, Miguel Cabana, Iago Fernández, Chus Pazos.

Os Festivais de Jazz en Galicia


Imaxina Sons. Festival de Jazz de Vigo. Cada vran Imaxina sons é o evento cultural identificado xa coa cidade dende faixa oito anos. Vigo convirtese nun gran clube de jazz con tendencia sobre todo hacia o jazz europeo, sen olviso de outras músicas comtemporaneas. Un dos obxectivos do festival desde o seu nacemento é ser plataforma para os proxectos jazzísticos máis próximos e establecer unha rede entre artistas, institucións, clubs, audiencias e escolas, que forman parte da programación de Imaxina Sons.
Iberojazz. Festival de Jazz A Coruña Dende o 2005 ata o 2011, sete edicións sen interrupción, foi no pasado ano no que foi suspendido por medidas de austeridade do Concello . Ciclos de concertos e actividades que a Consellería de Cultura do Concello de A Coruña desempeñou para mostrar novas propostas do Jazz en España.
Festival de Jazz de Primavera (Ourense) cumpleu a XVI edicións este ano pasado. Festival que aposta por potenciar os concertos didácticos e as clases maxistrais, xunto a actuacións de músicos locais , nacionais e internacionais. Moitas das actuacións son no Café Latino que conmemorou os vintecinco anos de existencia coa promoción dun disco en directo.
Festival de Jazz de Lugo , doce anos leva xa este Festival que fai de Lugo a atención dos afeccionados. O evento está orgaizado contando coa colaboración da asociación de Amigos do Jazz Escobijazz e os concertos fanse en diversos locais e espazos da cidade.
Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa vixésima edición,este ano que pasou, consagrado xa coma un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península.
Canjazz, Festival de Jazz de Cangas do Morrazo, con 15 anos de traxectoria. Nel participaron prácticamente tódolos músicos da actual escena jazzística galega.
NIGRANJAZZ , Festival de Jazz de Nigran ,con 6 edicións superadas no 2012 ,e o BAIJAZZ (Festival de Jazz de Baiona) pretenden ser un espazo para os mejores músicos de jazz galegos, sen renunciar por isto a ser un festival de dimensión internacional e con unha calidade musical contrastada.
Festival itinerante Jazz in blue (A Coruña)
Ciclo de Jazz Barrie (A Coruña) En 1996 a Fundación Barrié decidía crear, no marco da súa programación cultural, un ciclo estable de música de jazz. O longo destas edicións, a Fundación ofreceu en Galicia actuacións de figuras internacionais de primeira fila.
Ciclo 1906 de Jazz , é de mencionar, aínda que non programa concertos exclusivamente en Galicía. A nosa cervexa vai xa na VI edicións promocionando o jazz en distintos escenarios.

O jazz sobrevive actualmente nun espazo minoritario sen apenas apoio institucional o cal convertese nun problema para que os músicos poidan vivir del. O jazz é música improvisada con metodoloxía polo tanto precisa ser estudado. Dar clases nas aulas, estudar nos escenarios e algún proxecto plasmado nun CD é a condición da maioría dos músicos actuais. Fomentar un consenso de formación nas distintas escolas,transmitir aos máis xoves a afección de ir os pubes a escoitar jazz, promover programas de jazz nas radios e televisións públicas, ter espazo na prensa escrita para críticas construtivas, e internet, como motor informativo e promocional, serian algunhas das medidas para que esta música de características interculturales se consolide no noso País.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2013 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web