O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Saramaguista

Hoxe finou José Saramago
Agasalleille unha magoa e este recuncho no opedaporta, pouca cousa a comparación da satisfacción que me produciu a lectura dos seus libros. Saramago o escritor, o narrador, na súa obra, fai pensar sobre os perigos da sociedade deste século, dignificando o home como centro do vivir moderno e desmesurado, facendo fincapé nos valores humanos máis esenciais, desenvolvendo as historias dun xeito pesimista pero chegando finalmente a unha reflexión filosófica perfectamente artellada.
Saramago foi un home humilde,comprometido, aloxado das chantaxes dos poderes dogmáticos que día a día tratan de agarrar nas súas redes os pensadores que os cuestionan.
José Saramago deixou discutindo a Deus con Caín na súa derradeira obra, debate que terá continuidade nas próximas xeneracións de lectores que aposten pola esperanza dun mundo mellor.

Saramaguista si
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2010 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Noma

Noma, Curiosidade, Sorpresa

O Noma foi gañador este ano do certame World's Best Restaurants, recoñecido en todo o mundo como un indicador fiable dos mellores lugares para comer na Terra, premio que se edita na revista Restaurant Magazine desde o ano 2002 e do que son responsables coas súas votacións 806 membros elixidos entre expertos da gastronomía internacional.
A curiosidade levoume a visitar a web deste restaurante abicado nos locais dun vello almacén portuario de Copenhague cuxo responsable e o mozo cociñeiro René Redzepi. O Noma define o concepto da cociña danesa desde un enfoque innovador baseando-se no aproveitamento materias primas que son difíciles de conque-rir nos mercados das grandes distribucións e apoiando esta filosofía nunha conciencia ecolóxica propia dos países nórdicos, os cales trata de impulsar neste proxecto.
A súa cociña ofrece vieiras secas con berros, centola con puerros, medusa afumada, langosta salteada con pataquiñas, langostinos das illas Feroe, algas de Islandia , salmón, bacallau, fletan, galiña, boi, cereais tostados, verduras en salmoira, xarope de bidueiro, sementes de anís silvestre, leite conxelada, peras escabechadas, salsas de cervezas, vinagres de froitas e outros pratos que non nego gustaríame degustar.
A sorpresa foi a carta de augas, cervexas, champaña e viños, nela, detíveme a ollar a páxina adicada os viños españois; só dúas adegas. A primeira Dominio de Pingus da DO. Ribera del Duero cos seus prestixiosos viños, Pingus e Flor de Pingus, nada extrano tendo en conta que Peter Sissek o seu propietario e enólogo é nado en Copenhague como René. A segunda, Escoda Sanahuja da DO. Conca de Barberá con dous dos seus viños de producción ecolóxica, La LLopera (pinat noir) e Les Paradetes ( garnacha, sumol e samsó), dun prezo nada semellante os antes nomeados.
O prezo inflúe no pracer de beber un viño, sen ser o único factor, sobre todo cando a información que temos nas cartas dos restaurantes é limitada.


Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 16-06-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Portas


LÉEO CON MÚSICA

Portas

The doors formouse no ano 1965 despois dun encontro entre Jim Morrison e Ray Manzarek na Universidade de Cinema de LA, USA. Jim nace en Melbuourne (Florida) o 8 de decembro de 1943. Seu pai militar, sendo este ambiente e estilo de vida algo que aborrecería dende pequeno. “Sempre me atraeron as ideas relacionadas coa rebelión contra a autoridade...” dicía, “cando fas a Paz coa autoridade, convérteste ti mesmo en autoridade”.
Cambia varias veces de Universidade e sinte gran atracción pola literatura e polo cinema; no 65 fixo unha curtametraxe que foi un fracaso, el fala de maxia, morte, sexo, lume e relixión, temas que se van repetir nas súas posteriores composicións. Ray Manzarek atraído polas filosofías orientais que daquela eran un autentico ·boom· en Occidente atopa a Jhon Densmore (batería) nun deses centros de sexo, droga e descontrol onde se practicaban esas filosofías.
Cando se lle presenta a primeira de gravación por parte de Columbia, faltáballes un guitarrista, atópano no vello grupo de Jhon Densmore, sería Robbie Krieger e “Moonlight Drive” o primeiro tema que tocarían os catro xuntos. En 1966 teñen o primeiro contrato no Club London Fog; este sería a sede da súa aprendizaxe; logo pasarían polo famoso club Whiskey a Go-Go, onde perfilarían o seu estilo definitivamente. Córrese a voz de que Jin está louco; o Whisky a Gogo abarrotado tódalas noites.
O primeiro álbum vería a luz en xaneiro de 1967; as críticas arrepiaban, “Light my FIRE” e The end” pechaban ámbalas dúas caras. Ray declaraba” hai cousas que se coñecen e outras que se descoñecen e no medio estamos nós”:::. O segundo álbum ·Strange Days· sería un novo éxito, e cegaría a número tres das listas e permanecería nelas máis dun ano; non era rock, era un ritual de exorcismo psicosexual. Morrison non se definía coma político pero as persoas que coma el desenvolven unha actividade pública fan política inevitablemente e desenmascarar a hipocrisía a a falsidade da sociedade é difícil de perdoar por algúns sectores dela.
“Waiting for the sun” foi o terceiro álbum con moitas dificultades para a súa gravación, Morrison excéntrico, borracho empeñado en converter cada sesión de gravación nunha orxía, cousa que os seus compañeiros resultáballe unha situación inaguantable. Por fin sae a venda en Xullo do 68, o seu singre “Hello, I love you” cegaría a nº 1. Durante este tempo celébranse concertos provocadores que comezan e non rematan, suízos, cansazo, LSD, alcohol, enfermidade e o cuarto álbum (Xuño 69) “Solf Parade” ó que se lle atribúe un enorme fracaso; asinarían por primeira vez cada un os seus temas, mais o álbum salvaríase polos dous asinados por Morrison (“Shaman blues” e “The solf parade”).
Neste ano morre Brian Jones dos Rolling Stones polas mesmas causas que dous ano mais tarde o faría o poeta. Morrison recita nun concerto en Los Angeles unha impresionante poesía en honra ó defunto. O LP “Morrison Hotel” sairía en Febreiro do 70 coas mellores críticas dende “Srange Days” con temas como “Road house Blues” ou “ The Spy” e o público devolvéulle-lo seu respeto perdido. Entre este e o seguinte gravarían un álbum dobre en directo: “Asoluteley live”.
A saúde de Morrison (xa hai dous anos tivera unha neumonía) evolucionaba desfavorablemente debido as súas borracheiras diarias, os so 20 quilos de peso, alonxábano para sempre da súa imaxe de sex-symbol. Nunha das súas viaxes a París recibiu a nova da morte de Jimi Hendrix, ó regresar a Los Angeles soubo do falecemento de Janis Joplín, tamén derrotada pola droga, “Estas bebendo co número 3” díxolle a un amigo. No 1971 voltaría a París coa súa amiga Pamela Courson, deixando o LP ¨L.A. Woman” a medio rematar, un álbum fresco, distinto, gravado no mesmo local onde soían ensaiar tódolos días. En París, escribiu poemas que non lle gustaron, estaba irritable,deprimido e inconsolable. O 2 de Xullo de 1971 despois de cear con Pamela e uns amigos desaparece ( hai quen dí que foi ó cine) e ás doce horas aparece morto na bañeira do seu apartamento.
Na súa tumba no cemiterio de Parc Lachaise de París ó carón da de Chopin, Balzac, Proust, Oscar Wilde e Rimbaud, simplemente dí: “ JIM MORRISON POETA (1043-1971), e ben podería dicir:

O meu amor salvase saíu cabalgar
Cabalgou todo o día
Chegou ata o diaño
Esixiulle a súa paga

Texto informativo sobre a biografia de Jim Morrison e os Doors que acompañaba a unha audición de 22 temas que fixen no Pub Lore-Toki de Portonovo as 12,30 horas dun sábado de lúa chea, algúns anos despois de finado Morrison.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 02-06-2010 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web