O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro nos libros " A Spanish Summer"

Daquela, nos anos 50, o peirao de Combarro era o centro de desarrollo das actividades sociais e económicas do pobo que maiormente xiraban arredor do mar. Joseph Nettis , que xa dixemos que gustaba de curiosear, integrándose nas reunións das xentes, interesado no coñecemento da súa idiosincrasia das mesmas, estivo en Combarro en 1957. Coa súa cámara fotografou a esencia do pobo no peirao, os lotes de peixe no chan, as mulleres vellas e mozas coas patelas e pratos cheas de peixe; os gatos roldando á muller que limpa o peixe; aos mariñeiros coas faenas propias da pesca e transporte e limpeza de redes, chegando incluso a facer tomas das faenas dende unha das embarcacións. Cunha ducia de fotos ilustra o tema que ocupa o lugar no seu libro "A Spanish Summer" e escribe aquelo que olla e escoita daquela maneira de vida.

“ Cada mañá a iso das seis, cando os primeiros barcos regresan, as mulleres de Combarro realizan o seu eterno ritual diario. Alertadas polo son das bughinas, camiñan cara ao peirao para comprar o peixe do día. En Combarro non hai neveiras, polo que o peixe debe comprarse cada mañá. Isto permite que as mulleres se congreguen, exerciten o enseño do regateo, e charlen sobre os acontecementos do día anterior.
Cos seus pratos e cestas na man, rodean as mandas de peixes tesos, discutindo sobre o seu prezo e a súa calidade. Todas están alí; a tímida moza nova aprendendo a comprar, a recentemente casada co seu ventre xa inchado á espera dun bebé, a señora maior coa súa lingua incisiva e os seus ollos áxiles, e a anciá avoa deslombada, co seu rostro lixeramente enrrugado.
Para moitas, esta compra diaria é como un gran deporte. É todo un espectáculo ver como dramatizan en cada punto do regateo, persignándose constantemente e exclamando cada poucos minutos, con gran sentimento “ Ai miña nai” mentres levantan os seus ollos ao ceo como se esperasen unha intervención divina para demostrar que teñen razón. Incluso os gatos e as galiñas se suman ao barullo. Con gran deite vexo un astuto gato gris roubar un peixe da cesta dunha muller que conversa entusiasta, e sair correndo antes de que se descubra o roubo.
Poucas horas despois o peirao empeza a baleirarse mentres as mulleres regresan aos seus fogares e a lgunhas delas paran antes nunha tenda próxima para comprar o pan e as patacas”
Para o cansado mariñeiro aínda queda un importante traballo antes de que poida descansar, As largas redes deben ser estendidas na praia para secar de modo que estean listas para a tardiña, cando as embarcacións saian de novo.
Agora o sol brilla moito e fai calor, os nenos xogan e rinse, as mulleres no peirao reúnen os últimos peixes e empezan os traballos do día e os gatos, cans e galiñas de novo buscan polo pobo restos de comida.
Os mariñeiros soben as empinadas rúas e deixan as cestas de peixe coidadosamente colocadas nas portas das súas casas. Entran nos seus pequenos fogares para relaxarse brevemente diante da mesa e comer algo, despois déitanse nas súas brandas camas e caen nun profundo sono durante unhas horas, antes de prepararse de novo para outra noite de pesca.”
A Spanish Summer. Joseph Nettis


Joseph Nettis, ( 1928 – 2011 ) foi un fotógrafo norteamericano de Spring Garden, Philadelphia. Nettis descubriu a fotografía cando tiña apenas 12 anos. Nettis gradouse na escola secundaria de Overbrook, onde era o fotógrafo do xornal e do anuario desta. En 1953, obtivo o título de licenciatura no Philadelphia College of Art.
En 1955 a revista National Geographic ( Volume 108, nº1 de xullo 1955) publica un artigo sobre a súa viaxe en bicicleta a Europa de nome "Europa, Vía de Hotel Route" con mapas e 27 ilustracións. No seguinte ano realizou unha viaxe ao redor do mundo que se prolongou durante todo un ano, viaxando principalmente en scooter e contactando coas diferentes persoas que coñeceu no mesmo, Evitando durmir en hoteis clásicos, optaba por facelo en lugares de xente particular, mosteiros e incluso cárceres.
Despois de completar o seu traballo para National Geographic, en 1957 viaxou por toda España, onde tomou máis de 10.000 fotos para un libro de título "A Spanish Summer" que publicaría en 1960 en NY, editado por Ziff Davis. Para elo utilizou unha cámara de 35 mm que lle obrigaba acercarse as persoas para facer as tomas e gastou todo o seu presuposto nas películas a utilizar, chegando incluso a empeñar os seus prismáticos e transistor. Neste libro de viaxes escribiu sobre dez cidades e vilas de España e ilustrou estas crónicas coas súas fotos. De Galicia elixiu Compostela e Combarro.As outras son: La Riera, Baracaldo, Barcelona, La Colilla, La Alberca, Madrid, Valencia, Merida,Cordoba, Granada,Sevilla, Utrera e Torremolinos.
Nettis comentou ao xornal xudeu The Jewish Exponent que estaba fascinado pola infinita variedade de persoas e que a intriga do que ollaba quería contarllo os demais.
Para o seu libro de 1963, “Man and his religions”, Nettis recolleu fotos que tomara de todo o mundo de cerimonias relixiosas. En 1964 publicou “Philadelphia Discovered”, unha homenaxe pictórica á súa cidade natal.
Nettis, que realizou cursos de escritura creativa na Temple University e na Universidade de Pensilvania, escribiu o texto dos seus libros. A súa novela de 2001, "Sergio's Odyssey", segue a viaxe dun adolescente mentres atopa a personaxes de Center City, incluíndo un policía, un adiviño, un protestante e unha prostituta e o seu proxeneta. As súas fotografías foron publicadas en numerosas revistas ademais de en National Geographic, entre elas Life e New York Times Magazine
Cando as súas fotos foron expostas no espectáculo "The Discriminating Lens" no Cheltenham Center for the Arts en 1999, o crítico Edward J. Sozanski escribiu: "Joseph Nettis, un fotógrafo documental pulido...danos optimismo ". No momento da súa morte, Nettis acaba de comprar cartuchos de papel e tinta para producir a súa tarxeta anual para a Overbrook High School como viña facendo desde a época de estudante.


Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 16-05-2019 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web