O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Morenos de Lavadores

Os Morenos de Lavadores tivo a súa orixe no grupo Airiños de Cabral, formado polos gaiteiros Constante Moreda Vázquez e Manuel Oliveira Blanco, Vicente Clemata Piñeiro "Firma" no tamboril e Román Salgueiro Rodríguez no bombo. O cuarteto desfíxose trala morte de Constante o 10 de decembro de 1936. Pasada a Guerra Civil sumouse ao grupo Xosé Oliveira Blanco, irmán de Manuel, pasando a adoptar o nome d'Os Morenos de Lavadores. Un nome que ten a súa orixe na pel escura de ámbolos-dous irmáns.

En 1946 Román emigrou cara a Alemaña. Tras varios anos de inestabilidade, en 1953 uniuse como bombeiro Xosé Suárez Rodríguez, veciño da Ceboleira, máis novo có resto, pero que dende cativo xa asistía os ensaios na adega da casa que Manuel Oliveira tiña no barrio do Sobreiro. Nese mesmo ano morreu "Firma", que foi substituído por Olimpio Alonso Grobas, veciño da Bagunda, que amais do tambor tocaba as cunchas.

Esta formación mantívose estable ata a desaparición do cuarteto: Manuel e Xosé nas gaitas, Olimpio no tamboril e Suárez no bombo. Interviron nas películas Mar Abierto e Famoso Carballeira, compartindo papel con actores de gran reputación naqueles anos como Maruchi Fresno e Jorge Mistral. Actuaron por Portugal e Francia, neste caso acompañando o Ballet de Luisillo. Entre 1967 e 1972 gravaron varios discos de vinilo e casetes con RCA e MARFER. Tamén foron gañadores de prestixiosos concursos ademais de participar nos carnavais da Península do Morrazo, coma Pinténs e O Hío e na Romaría de San Roque de Vigo. Nunca participaron en actos ligados á ditadura.

O grupo cesou en 1973. Manuel morreu en 1976, Olimpio en 1987 e Xosé en 1991.[2] Na actualidade (2011) Xosé Suárez é o único membro que queda vivo.

Na honra do grupo, o seu nome foille dedicado a unha praza no camiño do Sobreiro (a poucos metros da casa natal dos irmáns Oliveira Blanco), e instalouse un monólito nos xardíns da sede veciñal da AVV de Lavadores, na avenida Ramón Nieto, inaugurados en 1999 e 2000, respectivamente. Son moitos os grupos que nos seus discos teñen gravados temas do seu repertorio. Tamén existe no mercado un libro máis Dvd, dende a orixe do grupo ata a súa disolución editado por Edicións do Cumio no ano 2011, e hoxe en día están considerados como uns dos mellores cuartetos de Gaiteiros da historia de Galiza.
Texto:http://gl.wikipedia.org/wiki/Os_Morenos_de_Lavadores

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 17-05-2014 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro. Entre Pedras


Andrés, Diego e Milucha fálannos da tipololoxía das vivendas de Combarro e da súa rehabilitación no programa "Entre Pedras" que dentro do espazo "Vivir Aquí"foi emitido pola TVG o día 3 de maio de 2014. Podedes ver o programa enteiro en TVG a carta na páxina web da TVG.

O programa ven a mostrar a importancia do patrimonio como testemuña da evolución do noso pobo e a maneira en que debemos, individual e colectivamente, implicarnos na súa defensa. Tendo en conta que nós mesmos, o paso do tempo e os desastres naturais son os únicos agresores do patrimonio cultural, debemos concienciarnos de facer unha actuación proteccionista, desta forma garantimos a continuidade da nosa identidade, a nosa orixe e asegurámonos de que así se transmita as futuras xeracións. Coidar o noso e unha máxima, non debemos esperar a que os de fóra nolo recorden, polo que as institucións máis pretas tamén teñen ao obriga de velar pola protección,conservación e difusión do patrimonio ( independentemente da propiedade)
O patrimonio cultural somos nós, manuscritos, gravacións, películas, fotos, pinturas, esculturas, artesanía, gastronomía, conxuntos históricos e arqueolóxicos, monumentos, paisasxes, a fala, os costumes, tradicións, lendas e mitos, música e festas populares e máis e todo. Mira por el.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 09-05-2014 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Dionisio Tasende

Dionisio Tasende 1989,Foto:José Caruncho



Un ollar lixeiro polo catálogo perfectamente coordinadao e editado pola CGAI como limiar á recomendada asistencia da exposición que deste fotógrafo estase a realizar no Museo de Belas Artes da Coruña.

Cultura e Educación divulga a obra fotográfica de Dionisio Tasende cunha exposición do CGAI no Museo de Belas Artes da Coruña
Baixo o título ‘Dionisio Tasende. De homes... e mulleres’, a mostra abriuse ao público con 81 imaxes en branco e negro tomadas en Galicia entre 1955 e 1979
Comisariada polo tamén fotógrafo José Caruncho, conforma unha completa retrospectiva do artista coruñés a través dos seus retratos e da captación de escenas da vida cotiá
A Consellería, a través do Centro Galego das Artes da Imaxe, contribúe á difusión e posta en valor de Tasende, recoñecido internacionalmente como un dos grandes fotógrafos do século XX

Máis sobre a Exposición de Dionisio Tasende en http://www.cgai.org/index.php?seccion=exposicion_info_general.php&id_exposicion=80&anyo_busqueda=2014
CGAI.ORG
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 01-05-2014 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web