O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bolaño e os Topónimos


No Día das Letras deste ano e pensando no seu homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño, quero postear esta copia final de crónica, con sinatura do corresponsal incluída, do diario ABC datada do mes de agosto do ano 1968 chamada “ESTAMPAS DEL VERANO i ESPAÑA, VISTA POR LOS ENVIADOS DE ABC. DE ROMERÍA A CASTIÑEIRA” para facer fincapé no odio tido e conservado o noso idioma. O tal “periodista” fai unha crítica burlesca reiterativa aos nomes dos nosos pobos aínda sabendo que está errando gramaticalmente; pero non lle importa, el so escribe para os seus e quere rematar o seu ruín artigo con sorna.
Mesmo a beira da estrada Pontevedra a Toxa, no lugar do Vimquiño en Sanxenxo, na terraza do Hotel Vento, pasaba Roberto moitas tardes de verán cos ollos sempre observadores baixo a á do seu sombreiro e pensando quizais como desfacerse das mentes obtusas que manteñen ese odio.
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 11-05-2013 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Raxó en branco e negro



Raxó, o mar e a praia como centro do traballo e ocio do pobo. As artes, mariñeiros tirando dos cabos dende a praia e por fin, tralo esforzo, arredor do cope ollando as esperadas capturas. Eles tamén limpando o aparello no peirao unha vez chegados do mar. Redeiras, mulleres na beira da praia reparando artesanalmente os aparellos. A praia, deitarse na quente area antes do fresco baño, a mesma que nos daba os seus froitos, ameixas, reloxos, navallas e longueiróns, era tamén escenario ideal para competir cos xogos tradicionais. O partido de fútbol aproveitando a baixamar. As regatas de botes e traiñeiras. Os barcos de pesca engalanados con bandeirolas de cores fan soar as sirenas sumándose así o ruído dos foguetes no Día de Festa mentres sae a procesión na honra da Virxe da Saleta e do Carme.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2013 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web