O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lendas de Tambo I

Contáronme que daquela, sen precisar os anos, os veciños de Combarro con propiedades nela ían camiñando a illa dende Chancelas aproveitando a caprichosidade da natureza na formación das laxes e dunhas pedras, chamadas pasales, que dispostas para tal fin polo enxenio dos antergos permitían o paso naquelas augas máis profundas. O devalar da seca marcaría o horario de ida e volta, por iso as veces había que sementar ou apañar as patacas coa luz da lúa.
Este camiño por riba do mar rematou, disque, co inicio da construción da Escola Naval Militar, despois da guerra civil, desgusto para os de San Fernando de Cádiz que perdían a ubicación de tan loable departamento e desgusto para nós, pois por este motivo foi dragado ese areal e Tambo deixou de ser península.
Certo é que os feitos e as datas non coinciden, pero como a palabra vai de boca en boca como o vento vai de folla en folla, pasamos páxina do libro, Colección de frases galegas vol.1 de Frei Martín Sarmiento (1665 – 1771) edición do lingüista galego Xosé Luís Pensado, que di “Tambo ten figura dun túmulo ou tumba con dúas puntas. Unha oriental, con unha boca con moita profundidade, que olla a batería do porto de Marín, por onde entran navíos de liña e si na illa houbera un só cañon nin unha mosca inimiga atreveríase a entrar en Marín. A outra punta case occidental olla O Xunqueiro entre Samieira e Combarro cunha boca de pouca auga e moita area, pola cal non pode entrar navío moi grande. E alí é tradición que por aquela parte xuntábase Tambo coa terra e que aínda hoxe vense alí os pasales nas mareas mortas e que no antiguisimo non era illa senón promontorio.”
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 28-05-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Letras 2011

Este ano o homenaxeado é o poeta momfortino Lois Pereiro. Copio uns versos do mesmo e un interesantisimo traballo do Equipo de Dinamización Lingüística CEIP A PONTE. Ao final da presentación podese acceder a enlaces que fan referencia o poeta.


Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2011 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Unídevos, indignádevos

Na mesma proporción en que se desenrola a burguesía, e dicir, o capital, desenrólase tamén o proletariado, esa clase obreira que só pode vivir atopando traballo e que só atopa traballo na medida en que este alimenta e incrementa o capital. O obreiro, obrigado a venderse a cachos, é unha mercadoría como outra calquera, suxeita, por tanto, a tódolos trocos e modalidades da concorrencia, a tódalas flutuacións do mercado. Proletariados de tódolos países unídevos.
O Manifesto Comunista. K. Marx e F. Engels. Febreiro 1848.

Os responsables políticos, económicos, intelectuais e o conxunto da sociedade non poden claudicar nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros que ameazan a paz e a democracia….Apelamos aínda a unha “verdadeira insurrección pacífica contra os medios de comunicación de masas que non proporcionan outro horizonte para a nosa xuventude que o do consumo de masas, o desprezo cara os máis débiles e cara a cultura, a amnesia xeneralizada e a competición a ultranza de todos contra todos”. A aqueles que farán o século XXI, decímolle, con todo o noso afecto: “Crear é Resistir, Resistir é Crear”
Indignádevos. Stéphane Hessel. Decembro 2010.

...Que cada cal saque as súas conclusións...
Indignádevos.
O Manifesto Comunista.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2011 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web