O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ti, Uxio

O poeta, o do Caurel, Uxio Novoneyra
estás entre os castiñeiros do teu
rochas das mariñas, choiva sumerxida na Terra
nas aulas do colexio dos nosos fillos,estás
Uxio Novoneira,vivo.



Galicia digo fala.
Galicia digo terra.
Galicia digo casa.

Digo lugar do mundo.

Algo que pode ser mellor.
Un corazón cruzado polos ventos da historia.

Soño ser libre no teu soño.
Espreito o teu mar que nos convoca.
Agardo o día da esperanza.
Digo canción digo Galicia.
Unha razón de ser digo Galicia.
A forza e a emoción digo Galicia.

Galicia digo eu e un di Galicia.
Todos os que camiñan din Galicia.
E todos os que a aman din Galicia.


Somos como falamos.
A fala non só é voz,
é o mesmo ser que somos.
Un xeito de entender o mundo,
de percibir as cousas
afastadas e próximas.

As linguas compleméntanse,
son a morfoloxía do diverso,
a sintaxe do distinto,
a semántica do próximo.
A fala é a lingua que habitamos,
O río da vida e das palabras,
a lenta construción dun pobo.

*textos memorizados por Carlos co gallo do Día das Letras Galegas 2010, adicado a Uxio Novoneyra.










Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2010 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
SETAS COMESTIBLES DE PRIMAVERA

Na foto un posto de venda de setas no Mercado de San Xosé, A Boqueria (Barcelona) 24 abril de 2010.

Seta de Marzo. Hygrophorus marzuolus, ou agaricus marzuolus. É a primeira seta de primavera ou a última do inverno. A cor do sombreiro varía do gris branco o gris negro dependendo da idade . As láminas espraiadas recorrentes de cor gris clara azuada. O pé e curto branco con tons grises na parte superior. Tamén é coñecida como “seta das ardillas” xa que constitúe un manxar para elas cuxos restos axudan para a súa recolección.

Colmenillas, setas do xénero Morchella, tamén coñecidas morillas, cagarrias, crispillas, etc. .É das especies máis deliciosas. O sombreiro en forma de dedal alveolado semella a estrutura dos callos, facendo esta especie inconfundible. Contén hemolisinas, proteínas que rachan a membrana de eritrocitos, leucocitos e plaquetas polo que deben consumirse ben cociñadas xa que estas hemolisinas son termolábiles. Tamén se fala de que poden producir dúas clases de intoxicación máis sen relación co seu consumo en cru por unha banda un Síndrome cerebeloso leve e pola outra un Síndrome coprínico ao ser consumida con bebidas alcohólicas. É recomendable secala e logo consumila ben cociñada ou degustala en fresco pero non fartar dela, recomendación aplicable a tódalas setas comestibles.

Seta de San Jorge, Calocybe gambosa, Mucerón de primavera o Panadeira, Tricholoma georgii, Tullo, Lansarón, Perretxico, Ziza, Moixernó. Seu sombreiro primeiro é hemisférico despois faixe convexo con marxe encurvado, mide entre 6 a 15 cm de diámetro, de cor branco crema, asemellándose o cortezo do pan (de aí o nome de panadeira). Láminas son brancas tirando a cor crema, apertadas, estreitas, escotadas. O pé, groso, cilíndrico de cor branca. Medra en grupos nos prados e pasteiros, formando círculos, sobre todo en terreos calcáreos. A carne é branca, consistente e cun agradábel olor e sabor a fariña fresca. Moi bo comestible e moi cotizado. Non confundir con Inocybe erubescens , tóxica, síndrome muscarínico; nin con Entoloma sinuatum, cadro gastrointestinal grave.

Senderiñas, Senderuelas, Marasmius oreades.
De pequeno tamaño, ten o sombreiro , convexo cando é mozo e despois cun mamelón central. A color pode variar segundo a humidade e vai do crema branquecíño en tempo seco ao ocre-laranja cando é húmido, máis escuro no mamelón. As láminas son case brancas ou crema en exemplares adultos, moi espalladas e anchas. O pé é longo, delgado e fibroso da cor das láminas, que non é doado rachar . Olor agradábel a alméndoas e sabor suave. Non parasitada por larvas. Soen medrar en prados formando círculos (corros de bruxas) máis o menos amplos e a herba do corro soe parecer que está como queimada ou seca pola acumulación de nitratos. É doado atopala nos mercados e comercios có nome impropio de "moixernó". Secas constitúen un condimento moi apreciado para realzar salsas. Non confundir con marasmius collinus

Gurumelo , Amanita ponderosa. Sombreiro de 7 a 14 cm de diámetro, robusto, carnoso, inicialmente hemisférico, pasando por acampanado, aplanándose na vellez; Branco primeiro e logo tonalidades ocre-rosaceas. Cutícula fácil de separar, con restos de velo.
As láminas son apertadas, ceibes, de cor branqueciña a cremosa coa idade.
Pé, macizo, robusto, con anel delicado que desaparece rapidamente. Volva grande e moi chamativa, con forma de saco, moi persistente, normalmente manchada de terra.
A carne é compacta, branca, que o corte o contacto có aire toma tonalidades rosadas. Sabor agradábel. Dificilmente parasitada por larvas. Crece xeralmente, baixo alcornoques e aciñeiras en Extremadura e Huelva.

Outras que poden tamén aparecer en primavera dependendo das chuvias son : Russula vesca , Russula aurea, Pleurotus eryngii (seta de cardo), Pleurotas cornucopiae, Macrolepiota rhacodes, Cantharelus cibarius , Boletus edulis, Boletus erythropus, Agrocybe aegerita (seta de chopo), Agaricus arvensis.

Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 01-05-2010 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web