O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro no cine

Son catro, a saber, as longametraxes do século pasado que utilizaron exteriores do pobo para a súa realización, dúas delas incluidas no que se chamaría “las gallegadas”, cine o servizo da propaganda e exaltación dos valores militares e relixiosos do Réxime. Mar Abierto (1946) e Botón de Ancla (1947) ámbalas dúas producidas por Cesáreo González e dirixidas por Ramón Torrado onde o parvo do pobo era representado por Xan das Bolas, tamén coñecido en provincias, por Xan das Canicas, que facía rir coa maneira de semellar os nosos fonemas os señoritos garda mariñas. El Hereje (1957) primeira película de Francisco Borja Moro ( só faría tres) co argumento unitemático do crucifixo e da fe, onde sería interesante recuperar todo o plástico sobrante dos planos, xa que se recrea con sobras nas paixases e nas rúas de Combarro, hoxe un documento histórico. A cuarta, Los Caballeros del Botón de Ancla (1972) é un remake da segunda, que despois de vinte e cinco anos era xa considerada un clásico do cine español, Peirallo (Xan) agora é Trinquete (Gila) iso si en cor. Bolas por Pelouros…Truco, Máis , Máis, Pé, Pasas, e Güa.
....perdeches algunha cousa? O devala-la seca é doado atopalo.....
Comentarios (2) - Categoría: Combarro - Publicado o 16-05-2009 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web