O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Petroglifo do Xubiño

Ramón Sobrino Lorenzo- Ruza co seu axudante medindo o petroglifo. Combarro 1951.

O petroglifo situado no Outeiro do Xubiño (Combarro) é unha laxe alargada en dirección Norte-Sur, que combina unha forma circular de gran tamaño, da que se prolonga desde ela un reticulado. Os sucos do gravado están bastante erosionados. Hai outras representacións, na periferia deste, en pedras máis pequenas. Este ben patrimonial está catalogado no PXOM do concello de Poio do ano 2000, na sección de Arqueoloxía co nº 14.

O gravado rupestre do Xubiño, atópase no máis escuro abandono, sen sinalización,sen protección e no esquezemento da súa imperativa integración real na Area Arqueolóxica de Poio. Sen embargo non carece da importancia cara a súa “recuperación” xa que foi debuxado por Enrique Campo e fotografado e estudado por Ramón Sobrino pai e fillo.

Ramón Sobrino Lorenzo- Ruza naceu en Poio o 3 de marzo de 1915, de profesión aparellador, foi un arqueólogo fillo do tamén arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas ( Pontevedra 1888 - Valladolid 1946 ), publicou a obra magna da arte rupestre " Corpus Petroglyphorum Gallaeciae" editada polo Seminarío de Estudos Galegos en Compostela no 1935. Era irmán este, do famoso pintor Carlos Sobrino Buhígas e curmán de Enrique Campo Sobrino ( Pontevedra 1890 – 1911 ) pintor e debuxante pertencente a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, sendo o primeiro que comezou a rexistrar petroglifos nos montes da provincia de Pontevedra.

Ramón, profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Santiago e membro da Real Academia Galega, foi continuador dos traballos comezados por seu pai sobre a Arte Rupestre Prehistórica Galega. Rexistrou coa súa cámara máis de 2.500 imaxes, labor que tamén facía seu pai, ademais de gran cantidade de debuxos cos que contribuíu a enriquecer os Arquivos da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

Anotacións da axenda de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
O 24 e 25 de agosto de 1951.
“ para ir a Combarro. Ida 11,30h, 13h, 15,30h, 17,00. Vuelta 15,00h y 19,00h. Voy a Xubiño. Teixugueiras. ¡ hay ciervos! Saco foto del laberinto. Al regreso saco foto al hórreo de rama de Salgueiro, lugar de A Seca, Poio grande, finca llamada Candido.” de Cándido Couselo Bermudez, hórreo de rama de salgueiro,
pilares de piedra, techo de paja de centeno, renovado todos los años, sobre la armadura de pino del país. Entramado (de) piso de castaño. Lo hizo un tal José do Ache, carpintero, de
S. Martín, un lugar cercano, en donde hizo otros; algunos hay conservados. Hace más de
150 años ò dos siglos. Antes de hacerse la carretera, hecho uno redondo al otro lado. Hay
otros dos (de) Cándido Couselo. Uno en Poio. Otro en Combarro».

« El 25-VIII-51 visto por 2ª vez este petroglifo. Obtengo dos
fotos al natural, un sol poniente. El diámetro en el círculo más extenso es de 1,00 mts. El
centro está exactamente a los 0,50 mts. A la izda. en una peña más alta, restos de un círculo
pequeño. Sobre los que aparecen en este dibujo. A unos 10 mts. a la derecha (según
posición dibujo) otra circular. No hay sol y no obtengo de ninguno de ellos fotos. En otras
pequeñas «laxes» diseminadas en la ladera de donde se extrae piedra, señales y huellas de otros motivos. Lo mismo en piedras de muros de la aldea de «Xuviño. S. Roque de Combarro». ( Petroglifo de Xuviño).

Fontes: Wikipedia. Anotacións da axenda de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza extraido de: El trayecto vocacional dun arqueólogo de Angel Nuñez Sobrino. Foto copiada dos paneis do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro, presumiblemente, a imaxe orixinal, está gardada no Museo de Pontevedra.


Patrimonio abandonado
Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-04-2017 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web