O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

30 de Abril.Día Internacional do Jazz


A UNESCO proclamou o 30 de abril como Día Internacional do Jazz porque o jazz é unha música de creatividade ilimitada. Combina composición e improvisación, o formal e o informal, e renovase cada vez que se toca. Nado nos Estados Unidos, o jazz pertence ó mundo. Arraigado nas tradicións africanas e inspirándose nas formas musicais europeas, cobrou novas formas adaptándose as culturas de todo o mundo. O jazz aproveita ó máximo a diversidade do mundo, cruzando as fronteiras sen esforzo algún e achegando as persoas. Esta música, cuxas raíces remóntanse a escravitude, constitúe unha expresión apaixonada contra tódalas formas de opresión. Fala unha linguaxe da liberdade que é comprensible por tódalas culturas. O jazz está aquí para todos nós a fin de dar forma as nosas aspiracións ó respecto, a tolerancia e a liberdade. O Día Internacional do Jazz é o momento propicio para que todos nós expresemos a nosa paixón pola paz.
Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2013 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Agrupación Artística "Rosalía de Castro" do Centro Galego de Madrid

A Agrupación Artística Galega “Rosalía de Castro”, é a agrupación folclórica máis antiga de Madrid, integrada só por aficionados. Fundouse en marzo de 1923, sendo o seu primeiro mestre director Reveriano Soutullo, outros célebres mestres directores: Germán Lago, Rafael Gayoso, Eduardo Dorado, Segundo Bretón, Victoriano Echevarría, José Ibáñez, Daniel Bravo, José Pagán, Germán Dafauce, Luís Izquierdo, Miguel Groba, Rogelio Indalecio Groba, José Carracedo. Dende entón e ata a actualidade ven desarrollando unha continua e tenaz labor de representación da nosa terra.

Súas actuacións cóntanse por centeares, non só na península senón tamén fora dela. Da súa participación en certames podemos destacar a Medalla de Ouro no Festival Iberoamericano de Cáceres en 1961. Gravata de Honra dos Festivais de Música e Danza de Madrid, Centros Galegos de Laussanne (Suíza), Bos Aires, etc.

Celsa Cainzos foi, durante máis de corenta anos, a Directora Artística do Grupo de Danza, sendo a súa labor continuada na actualidade por Ana Mª Cendón (Directora Artística) e Fernando Paredes como mestre de baile. Na actualidade a dirección do coro corre a cargo de Julio González.

A agrupación na actualidade é unha escola que promove a ensinanza e interpretación do folclore galego máis tradicional, cun repertorio que conten: fandangos, xotas, pandeiradas e unha amplía variación de muiñeiras. Amenizadas pola batería cos seus pasarúas e o grupo de cantareiras.




Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 13-04-2013 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
ginandtonicofGaliza

!diversidade para degustar gin con carácter galego!
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 07-04-2013 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web