A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Praza da Fonte e A Rúa |
|
 A Praza da Fonte e A Rúa, imaxes de Combarro, incluídas entre as 2094 fotografías do álbum de cromos "España y la América Latina".
O álbum foi editado en Habana, Cuba, nos anos 30 pola empresa Henry Clay and Bock & Co, LTD, creada esta, da fusión das compañías americanas e inglesas de tabacos. A compañía trasladou a produción de cigarros de Cuba a Trenton (Nova Jersey) en 1932 despois dunha folga na fábrica cubana e para evitar aranceis elevados. As marcas producidas na planta incluíron a Henry Clay, Bock, La Corona e Village Brands, entre outras, e Winston Churchill era un dos seus clientes fieis. No seu apoxeo na década dos 30, a compañía produzo unha cuarta parte do mercado de cigarros finos nos Estados Unidos, con 3000 operarios na planta de Trenton. A fábrica pechou en 1967 e a produción trasladouse a Pensilvania. O edificio foi agregado ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos o 12 de xuño de 1979, convertíndose en apartamentos na década dos 1980.
"España y la América Latina" foi impreso por "Imp. Fernández Solana y CA., Mercaderes 22.- Habana". Ten unhas dimensións de 28 x 36 cm e en tódalas páxinas ten impresa a firma "Susini" e a frase "El cigarro sin rival". Contén 2094 cromos impresos en ocogravado de 48 x 65 mm de tamaño e en cada un, na parte traseira pódese ler o número de serie, e as frases, "postal para el álbum España y la América Latina" ademais de "Obsequio de Henry Clay and Bock & Co, LTD para sus favorecedores".
Esta idea de agasallar cromos aos seus "favorecedores", e dicir, os fumadores, foi de José Luis Susini, fabricante dos cigarros "La Honradez", iniciada no ano 1865 prolongaríase ata finais da segunda guerra mundial. A colección dos cromos en álbums converteuse nunha atractiva e tamén instrutiva moda que interesaban tanto os fumadores como os non fumadores, sobre todo as mulleres e os nenos que gozaban engadindo cromos a súa colección e trocándoos por outros, se os tiñan repetidos. Esta nova e popular propaganda foi imitada por outras fábricas cubanas e estranxeiras non só de cigarros se non tamén de chocolate, xabóns e outros produtos de consumo.
|
|
|
|
|
|