O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alfredo Souto Cuero

Praza da Fonte. Combarro. 1904
Imaxe da pintura de Alfredo Souto Cuero recollida na revista "La ilustración española y americana"


Alfredo Souto Cuero nado en A Coruña 1862. Cursou estudos xurídicos e accedeu á maxistratura, que exerceu en Pontevedra, Sevilla e outras cidades de España. Alternou seus estudos de leis cos da pintura na Escola Superior de Pintura e Escultura de Madrid. Foi discípulo do pintor, temén coruñés, Román Navarro.
Concurre as Exposiciòns Nacionais de Belas Artes, nas que consiguiu condecoracións nas de 1899 e 1901, e terceiras medallas nas de 1892 e 1895, sempre con paisaxes dos lugares onde reside pola súa condición de maxistrado.
Ocasionalmente resideu en Lugo e en A Coruña, e dende 1920 en Sevilla. O seu rastro perdese nos últimos anos de súa dilatada vida. Falece en Sevilla en 1940, cando seu fillo Arturo Souto Feijoo, o máis grande pintor da Galicia contemporánea, atópase exiliado en México como consecuencia da guerra civil.
La obra de Souto Cuero atópase en museos de Galicia e de outras cidades de España, así como en importantes coleccións particulares. Son notables a Paisaxe de Cañotas (Museo Provincial, A Coruña), así como o Retrato de Antonio Cánovas del Castillo (Casa Consistorial, Vigo).
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 27-03-2016 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
New Shoes

Werfel é un neno de seis anos acollido no orfanato Am Himmel de Viena. É o ano 1946, un ano despois de rematada a Segunda Guerra Mundial e a Cruz Vermella Americana trae a Santa Claus os nenos europeos que sobreviviron ao terror.
Gerald Waller , o fotógrafo, toma esta imaxe publicada por primeira vez na revista LIFE o 30 de decembro de 1946 e posteriormente o 24 de de setembro de 1951.
Tiña esta imaxe dende fai algún tempo nun cartafol do meu PC. Detervos a ollala un intre e reflexionade sobre ela. Non é menos que emocionante. Preguntarvos como o agasallo dun par de zapatos pode expresar tal morea de alegría, sen en realidade ter unha falta extrema deles.
A miña, estou só, pero alguén pensa en min.
Eu penso en poñerlle música a esta foto e non precisamente a dos dous grandes grupos que a utilizaron para as portadas dos seus discos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2016 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro nas tarxetas postais III

Praza de Fonte. Combarro. Anos 60/70
EDICIONES ALARDE

"Ediciones Alarde" foi fundada no ano 1949 en Oviedo por Luís Martínez de Estrada, baixo a razón social de "Publicidad Alarde", dedicándose prioritariamente á edición de postais. En 1962 iniciou a publicación de postais en color que se comercializaban en tódalas cidades e vilas de España. Producía e distribuía postais para consumo de souvenirs, fenómeno de gran éxito nos anos da eclosión turística, ala polo sesenta e setenta. Este repertorio de imaxes inclúe todo tipo de vistas (parques, rúas, prazas, edificios máis representativos, panorámicas, vistas aéreas…) de cada localidade.
En 1972 adquire a empresa José Manuel Menéndez Álvarez que a mantivo en activo ata 2001.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-03-2016 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Castro Gil

Praza de San Roque.Combarro.
Augaforte.Manuel Castro Gil


Manuel Castro Gil, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Madrid en 1961, foi un gravador e pintor galego.
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo, iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fabrica de Moeda. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas. GALIPEDIA
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 05-03-2016 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web