O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Coida Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
110

Nos primeiros días do mes de marzo nos medios de comunicación audiovisuais e escritos, nos centros de traballo e de ocio, nas colas do paro, na hora do café e do bocata, cos amigos e con os que non o son tanto, e a propósito da imposición da nova lei de tráfico onde se reducía a 110 quilómetros por hora a velocidade máxima en autovías, estabamos ensimesmados co número.
O 110 pasou de ser natural a algo indeterminado que parecía estar calando nas nosas vidas, foi tema de doada opinión, precisamente polos motivos e obxectivos, favores e contras, que a propia norma leva implícita. Nesta choiva de ideas na que todos tiñamos algo que aportar, que en resume foi patexar, só os soportais das revoltas dos países do norte de África temperaban o 110.
O día 11 trocouno todo, a furia da natureza converteuse outra vez en traxedia, Xapón sufría a destrución e morte presente, oxala non futura, dun maremoto con risco de fugas radioactivas nucleares. Miles de persoas desesperadas dixitaban nos seus teléfonos o 110.

110 é o número de emerxencias en Xapón
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2011 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
E, L & P




Knife Edge é un tema que tiven gravado, xunto con outros, nunha cinta de cassette que daquela tiñan unha duración de 90 minutos; por unha banda Red Rose Speedway de Paul McCartney e pola outra Cosmos Factory de Creadence Clearwater Revival ou tamén por unha banda 45 minutos de Quadraphenia de The Who ( con ausencia dos últimos temas) e pola outra Journey to the Centre of the Earth de Rick Wakeman que lembre agora, xa que co enrolar e desenrolar, un día e máis outro, foron rompendo mais non por iso esquecendo, todo o contrario, son as músicas que quedaron gravadas na mente precisamente pola repetición das mesmas nunha época de suprema calidade musical no que o acceso a mesma era economicamente limitado. Moitísimo máis tarde souben que Knife Edge era unha versión que Emerson Lake & Palmer tivo a ben adaptar da obra a “Sinfonietta” do compositor checo Leos Janácek. Por certo a Sinfonietta volta a estar de moda grazas a última novela do escritor nipón Haruki Murakami co que comparto a afición pola música de jazz, el seica dende que asistiu a un concerto de Art Blakey e eu coas repetitivas noites de actuacións de Clunia Jazz no Dado-Dada.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 03-03-2011 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web