O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro en mini-tv

Os mini-televisores foron uns dos souvenirs máis demandados, por nenos e adultos, nas tendas e quioscos turísticos durante os anos 60 e 70. Eran uns pequenos aparellos cuadrangulares, de pasta plástica, que tiñan un visor na parte posterior por onde se podían ollar sete ou oito diapositivas, do lugar visitado ou dalgúns dos seus monumentos, que ían cambiando e repetindo, premendo un botón na cara inferior do aparello.



Neste facsímile a modo de demostración, utilicei algunhas das postais de Combarro que Editorial Fama de Vigo difundiu nestes anos, que compartiron época con agasallos, de cando aínda o "Made in China" era impensable. Non lle demos ideas, non vaia a ser "revival next"
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 18-02-2018 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Luis Torras

"Percorrín España, visitei os pobos e encántame Combarro porque é unha marabilla. Emociónache ver lugares así", comenta. A localidade de Combarro será, por tanto, a súa última obra, da que xa ten perfilado o esbozo.

Luis Torras Martínez naceu en Vigo o 29 de decembro de 1912. Ten hoxe 105 anos sendo o decano dos pintores galegos con centos de cadros de paisaxes, bodegóns e retratos as súas costas. Estudou Belas artes na Escola de San Fernando en Madrid e dende 1954 traballou coma profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios en Vigo. Ademais de mans privadas, a maior parte da súa obra atópase en coleccións públicas de varios museos, sendo a Casa das Artes de Vigo onde se expón unha gran colección permanente que el mesmo donou ao concello de Vigo.

Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 05-02-2018 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web